"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Terreo ou conxunto de terreos cercados sobre os que existe algunha prohibición, particularmente de caza ou pesca. A realización destas actividades adoita ter un réxime especial, xeralmente de carácter limitativo.

    2. Terreo de monte cercado.

      1. Conxunto de propiedades comprendidas nunha superficie dun único dono.

      2. Circunscrición administrativa propia da organización territorial do Antigo Réxime que comprendía, polo xeral, unha única parroquia baixo a xurisdición dun mesmo señor ou señores, que representaban nel a autoridade rexia. Da súa administración encargábase un mordomo e do seu goberno un xuíz, nomeados polo señor responsable, que podía ser civil ou, na maior parte dos casos, eclesiástico. Esta institución de orixe medieval permaneceu vixente ata o segundo terzo do s XIX, cando se impuxo definitivamente o modelo municipalista establecido por vez primeira pola Constitución de 1812. Trala reforma administrativa do conde de Floridablanca, en 1785 había en Galicia un total de 155 coutos redondos (9 na provincia de Betanzos, 7 na Coruña, 48 en Lugo, 16 en Mondoñedo, 44 en Ourense, 20 en Santiago e 11 en Tui).

    3. Terreo baixo a xurisdición dun señor, eclesiástico ou laico, que exerce as funcións características do poder público. Este espacio privilexiado queda constituído a partir das diversas Cartas de Couto, documento no que se especifican os lindes e privilexios delegados polo rei. Fisicamente, os límites dos coutos fixábanse con marcos de pedra de grandes dimensións, nos que se labraban diversas inscricións alusivas á xurisdición especial desas terras. En ocasións localizáronse nos documentos diversos casos nos que o rei, unha vez anuladas as concesións e privilexios dun couto, dá ordes para que estes marcos de pedra sexan derruídos, polo que desaparece o señorío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica que remite ao latín cuatu ‘lugar cercado’. Os topónimos homónimos designaron na súa orixe lugares acoutados, probablemente por pertenceren a un determinado mosteiro ou a un señorío laico. Xa se documenta no s XIII baixo forma latina: “Martinus Roderici de Cauto” (doc ano 1216 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 503); en romance atéstase no s XIV: “Johan Eanes do Couto” (doc ano 1300 en J. I. Fernández de Viana y Vieites, Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 43).

    2. Liñaxe que leva como armas, en campo de goles, un castelo de pedra aclarado de sable e en punta, ondas de auga de azul e prata. Algunha variante trae, unha perna que sae do xefe, co seu pé, e por detrás dela, unha serpe erguida en actitude de trabar o pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultor. Participou, entre outras mostras, na I Mostra Unión Fenosa (1989), na Bienal de Pontevedra (1989), na Mail Art Pontevedra Santiago (1989), na Semana Verde de Galicia en Silleda (1989), na Semana Cultural de Vila de Cruces (1988) e na Mostra Artistas do Deza (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Cultivou o retrato e a acuarela. Traballou como ilustrador en Galicia Moderna, Luz y Sombra e Bellas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Demarcación territorial que abranguía os lugares de Rubiás e Santiago (que constitúen a actual parroquia de Rubiás dos Mixtos) e o de Meaus (na parroquia de Tosende), no val do río Salas (comarca da Limia). Tiña como principal peculiaridade unha certa autonomía con respecto a España e Portugal (estados que compartían a súa soberanía nominal), feito que lles concedía aos seus veciños diferentes privilexios como a decisión da súa propia nacionalidade, a exención de tributos e obrigas persoais (servicio de armas), liberdade de cultivos e de comercio nos dous reinos, dereito á posesión de armas sen necesidade de licencia, etc.
    Particularidades administrativas e privilexios
    O Couto Mixto gozaba dun réxime de amplo autogoberno, malia que os seus habitantes estaban sometidos no contencioso e no criminal á xurisdición dos xulgados de Montealegre e Xinzo de Limia, respectivamente e consonte á súa nacionalidade portuguesa ou española. Eclesiasticamente, pertencían á diocese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1998 baixo a iniciativa dun grupo de persoas, convocadas pola Fundación dos Premios da Crítica Galicia, coa finalidade de recuperar a memoria histórica daquel lugar. Os seus fundadores foron Xosé González Martínez, Luís García Mañá, Bieito Ledo Cabido, Xosé Manuel Cid Fernández, Bento da Cruz, Xesús Ferro Ruibal, Xoán Fonseca Moretón, Xosé María Fonseca Moretón, Modesto Hermida García, Álvaro López Mira, Benito Montero, Antón Pulido, Xosé Benito Reza, Máximo Salinas Valencia e Carlos Varela García. A eles engadíronse Xosé Ramón García Rivero e veciños das parroquias que integraban o Couto Mixto. Presidida por Máximo Salinas Valencia, desenvolveu unha serie de actividades entre as que destacan os cursos de verán celebrados en colaboración coas universidades de Vigo e Tras-Os-Montes, en Chaves e Celanova (1999) e Xinzo de Limia (2000), e o proxecto do Museo Aberto do Couto Mixto que ten como finalidade a recuperación das construcións adxectivas do lugar e que se desenvolve...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e xornalista. Dirixiu o xornal La Crónica del Magisterio (1865), no que publicou uns “Estudios ortológicos o razonamientos sobre el arte de leer en alta voz”, e colaborou nas publicacións El Ferrocarril Gallego (1861-1862), El Progreso (1865), El Derecho (1870), El Anunciador (1890) e La Unión Republicana (1892). En 1880, durante a súa estadía en Madrid, dirixiu El Mercado, un periódico de carácter económico escrito en castelán, francés, italiano, inglés e alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro republicano. Serviu de enlace entre as diversas agrupacións e incorporouse ao grupo do Foucellas en 1944, con quen participou en numerosos enfrontamentos coas forzas de seguridade. Sobreviviu á caída da Vª Agrupación e á captura do Foucellas en 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De ascendencia galega, escribiu en galego e portugués. Colaborou na revista de creación Távola Redonda. Publicou en galego Frauta lonxana (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Viviu en Oriente a maior parte da súa vida. Foi nomeado cronista de Indias por Filipe II e continuou as obras de Jõao de Barros Décadas e Ásia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Entallador. Baixo a dirección de Domingo Antonio de Andrade traballou na capela maior da catedral de Santiago de Compostela (1671-1672).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado, escritor e xornalista liberal. Xuíz na Cañiza, Pontedeume, Lalín, Béjar e Pontevedra, foi presidente das xuntas revolucionarias pontevedresas dos anos 1843, 1846 e 1854. Colaborador dos periódicos pontevedreses Las Musas del Lérez (1842), La distracción (1852), El País (1857) e La Perseverancia (1859), foi ademais fundador e redactor dos semanarios El Ferrocarril Gallego (1853) e El Esquilón (1861), semanario satírico no que escribía baixo o pseudónimo de Frei Gustavo de la Fé. Foi o autor, xunto con Xosé López de la Vega, de Vida e viajes de los hermanos Bartolomé y Gonzalo Nodal e de numerosos escritos humorísticos publicados en El Cojo e El Cepo. Pouco antes da súa morte iniciou un Dicionario galaico portugués que non rematou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Cañiza baixo a advocación de san Bertomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción barroca situada a carón da igrexa de Santiago do Deán (A Pobra do Caramiñal). A súa construción, promovida por don Francisco Valderrama e Mallou, data de 1717, segundo unha inscrición que se conserva na portada de entrada ao xardín. Trátase dun edificio con planta en forma de L, no que destaca unha gran balconada sobre canzorros que percorre unha das súas fachadas. Conserva os brasóns dos Valderrama e dos Mariño. Nos xardíns existe unha fonte barroca labrada en cantería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada en San Paio de Abeleda (Castro Caldelas). Fundada por Xoán de Seoane no s XII, reconstruíuse en 1825. Ten planta rectangular con dúas alturas, solaina e torre de tres alturas, xunto a ela está a capela que conserva un retablo barroco. No xardín hai diversas construcións adxectivas. Na fachada principal destacan os brasóns dos Sampaio, Lemos, Bermúdez, Enríquez, Sarmiento, Losada e Quiroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada sobre o río Tomeza, entre San Martiño de Salcedo e San Miguel de Marcón (Pontevedra). É do s XVI con dous vans de medio punto de perpiaño e sen peitorís. Pertence ao antigo camiño de Pontevedra a Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta brasileiro. Simbolista primeiro e vangardista despois, escribiu os poemarios Província (1933), Cancioneiro do Ausente (1943) e Entre Mar e Río (1952). Tamén publicou prosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Taboada. No muro occidental conserva unha porta románica de finais do s XII abucinada e rematada por dúas arquivoltas de medio punto, que descansan sobre os muros e sen tímpano. A rosca maior ten a aresta moldurada en bocel e seguida dunha media cana; arredor aparece unha chambrana de tacos. Baixo os beirís hai algún canzorro de factura sinxela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Emigrou a La Habana (1914) onde fundou a Sociedad Natural de Ortigueira (1928) e a Federación de las Sociedades Españolas de Cuba (1957), e presidiu a Sociedad Artístico-cultural Rosalía de Castro. En 1971 estableceuse en Miami onde fundou a Casa de los de Santa Marta de Ortigueira (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO