"AGR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 482.

  • PUNTA

    Punta situada na ribeira dereita da ría de Muros e Noia, entre as de Preguntoiro e Inchide, na parroquia de Baroña (Porto do Son).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xermanista italiano. Publicou a tese Il mito asburgico nella letteratura austriaca moderna (1963), e os estudios Lontano da dove (1971), Dietro le parole (1978) e Itaca e oltre (1982), aínda que a obra que lle deu máis sona foi Danubio (1986). Tamén escribiu as novelas Un altro mare (1991), Microcosmi (Premio Strega, 1997) e o ensaio La mostra (2001). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor belga. Recibiu a influencia do cubismo e o futurismo (1923) e particularmente de G. De Chirico. Formou o grupo surrealista belga e en París (1927), en contacto co surrealismo francés, alcanzou a plenitude pitórica. A través dunha técnica realista e académica e dun formato monumental produciu efectos perturbadores e inquietantes coas imaxes inconscientes. Destacan as súas obras Le mariage de minuit (1926), L’usage de la parole (1928), La clef des songes (1930) e La colère des dieux (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten pouca ou ningunha graxa ou sebo.

    2. Que ten pouca carne.

    3. Carne de porco sen graxa próxima ao lombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Castro (Dozón). O seu cumio acada os 845 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, situado na Comunitat Valenciana (13.131 h [2001]). A agricultura dedícase ao cultivo de hortalizas en réxime intensivo, e nos regadíos o arroz tende a desaparecer en favor das laranxeiras. A industria limítase á almacenaxe de froita, produtos metálicos e confección, ademais da embalaxe e os plásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos meleagrídidos.

    2. Ave da antiga familia dos meleagrídidos.

    3. Antiga familia de paxaros, da orde dos fasianiformes, incluída na familia dos fasiánidos. Contén só as especies Meleagris gallopavo e Agriocharis ocellata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves galiformes, da familia dos fasiánidos, coa plumaxe parda verdosa e cabeza e pescozo con carúnculas vermellas. A este xénero pertence a especie M. gallopavo (pavo común).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe etolio, fillo de Eneo, rei de Calidón, e Altea, irmá de Leda. Abateu o porco bravo que Ártemis enviara a Calidón pero na cazaría matou tamén os seus tíos. A súa nai, ofendida, provocou a súa morte e despois aforcouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Home de estudos e coidadoso coas formas, a súa poesía era predominantemente erótica, homosexual e heterosexual. Escribiu As grazas, onde combinou prosa e verso, e A coroa, unha antoloxía de poetas epigramáticos, que foi a base das súas Antoloxías, da que só se conserva a Palatina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sicose fitoparasitaria ou microbiana da barba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito extraordinario que se produce en contradición co lóxico e esperable.

    2. Fenómeno extraordinario, acontecido no universo da experiencia humana e que non se pode explicar por causas naturais, senón que ten como orixe inmediata a divindade. Desde un punto de vista antropolóxico, é aquela representación no eido da relixión que tende á superación da estreiteza do tempo e do espazo, mediante a anulación das chamadas leis naturais. No universo das relixións, as accións milagrosas acompañan as vidas dos grandes personaxes como Buda, Xesús, Zaratustra ou Mahoma, como forma de testificación da súa misión e da súa forza divina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos milagres.

    2. Que fai milagres.

    3. Que lle gusta crer en milagres ou inventalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que ten a súa orixe na advocación da Virxe (Nosa Señora dos Milagres). O substantivo ‘milagre’ procede do latín miraculu ‘prodixio, portento, marabilla’. Tense dito que no latín medieval tamén significou “lugar alto, posto de vixía” e que de tal polisemia puido nacer a vinculación relixiosa a tales lugares. Presenta o hipocorístico Mila. A Virxe dos Milagres recibe culto popular en moitos lugares de Galicia; destaca pola súa popularidade a do santuario de Amil (celebrada o primeiro domingo despois do 8 de setembro),   en Moraña, os Milagres de Saavedra (o 24 de maio), en Begonte, e os do Monte Medo (o 7 e 8 de setembro), en Baños de Molgas. A Virxe dos Milagres é patroa do concello de Taboada e de Valga, onde se celebra o 10 e o 28 de agosto, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de dúas colectáneas medievais, unha continuación da outra, relacionadas co culto á figura do mártir san Vicente. O comezo desta devoción sitúase en 1173, cando depositaron as súas reliquias na catedral de Lisboa, despois de ser recuperadas no Promontório Sacro, no Algarve. Os únicos testemuños que hai destas dúas coleccións son fragmentarios, aínda que se pode datar a primeira a redor de 1180, baixo a autoría do mestre Estevão, e a segunda anos antes de 1248.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantigas de Santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escolma de curacións e favores da Virxe e dos santos, chamados inxenuamente milagres e localizados moitas veces nun santuario concreto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado no cumio do monte Medo, en Baños de Molgas. Rematado en 1771, o interior caracterízase pola sobriedade: ten tres naves, que se corresponden coas tres portadas da fachada, destacando a central, na que se sitúa un balcón cun altar maior para as solemnidades. Destaca a gran cúpula do cruceiro, o retablo maior. Presenta unha monumental fachada de estilo barroco, con catro torres levantadas a partir dunha cornixa e que se coroaron con cúpulas; as dúas centrais, de maior tamaño que as dos extremos, albergan as campás. O atrio da entrada está enlousado e pechado por un muro con asento corrido. O 8 de setembro celébrase unha romaría arredor do santuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é resultado dun milagre.

    2. Que fai milagres.

    3. Que causa asombro ou admiración porque se produce en contradición co lóxico e esperable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Guia de Peregrinos

    VER O DETALLE DO TERMO