"APA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

    1. Pequeno xerador de estímulos eléctricos que, conectado permanentemente ao corazón, o excita ritmicamente e asegura a súa contracción e o seu ritmo cando é incapaz de facelo por si mesmo.

    2. Calquera tecido especializado que inicia e mantén o ritmo de determinadas funcións do organismo (contraccións do útero, latidos do corazón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo de Taínaron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla de Xerome Bonaparte e sobriña de Napoleón. Casou (1841) co príncipe ruso Anatolio Demidov. Durante a Segundo Imperio (1868-1870) tivo en París un activo salón artístico e literario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano inca (1246-1276), fillo de Lloque Yupanqui. A súa figura é en parte lendaria e o inca Garcilaso atribuíulle moitas loitas, mentres que Balboa negou que se producisen feitos notables durante o seu reinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce que se elabora cunha masa feita con améndoas crúas, peladas e moídas e azucre, que se coce no forno xeralmente en moldes de figuriñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos muscicápidos, ao que pertence o papamoscas cincento (Muscicapa striata).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pel de ovella ou da cabra, xeralmente curtida con sales de cromo, que se emprega sobre todo para facer luvas e outros artigos de confección.

      2. Pel de bovino que se somete ao mesmo tratamento, e que se emprega na fabricación de calzado e dalgúns artigos de tapizaría.

    1. Tea formada, na fía do algodón, á saída do batán abridor, de peso e de densidade controladas, coa que se alimenta o batán repasador ou acabador. OBS: Tamén se denomina tea de batán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura dun coprecipitado de xabóns de aluminio con ácidos nafténicos e ácidos graxentos, a miúdo de coco, que, engadida á gasolina, a conxela. Emprégase na carga de explosivos incendiarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de uva branca de mesa de bagos grosos e de pel transparente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e depósito arqueolóxico de Sudán, próximo á cuarta catarata do Nilo e a uns 350 km ao N de Khartún. Fundouna Tuthmosis III no s XV a C preto de Ǧ abal Barka. Aínda que non pertenceu á administración exipcia de Alta Nubia, tivo sempre prestixio por ser o centro de culto do deus Ammón, o máis destacado de Nubia. Conservou esta condición durante o período do Reino de Kuš (750? a C-350?), época en que foi, seguramente, a capital durante un tempo. Probablemente a partir do s IV a C perdeu importancia con respecto a Meroe, aínda que mantivo a súa condición de vila sagrada. Consérvanse as súas necrópoles: Kurru, a máis antiga (760-653 a C), Nuri (690-300 a C), Sanam Abū Dom (750-425 a C) e Ǧ abal Barkal, tamén con restos de diversos templos, entre os que destaca o dedicado ao deus Ammón-Ra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e estadista corso, fillo de Carlos Bonaparte e Maria Laetizia Ramolino. Formouse nas escolas militares de Brienne e de Champ de Mars (París). Aínda que inicialmente as súas ideas comulgaron coas do independentista P. Paoli, durante a Revolución Francesa amosouse favorable á anexión con Francia, polo que, para evitar represalias, fuxiu a Marsella coa súa familia (1793). Declarado xacobino, comezou unha brillante carreira militar ata a Reacción Termidoriana (1794) -cando o prenderon- que recuperou posteriormente ao ser nomeado capitán do exército do interior. En París coñeceu e casou (1796) con Xosefina Beauharnais e ese mesmo ano marchou a Italia, onde conseguiu, tras unha brillante campaña, a celebración do Congreso de Rastatt (1797), o Tratado de Campoformio (1797) e a modificación do mapa político europeo: suprimiu o Reino de Venecia e creou a República Cisalpina. Pasou a Exipto para atallar os británicos na ruta cara ás colonias orientais e quedou illado pola destrución da súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ortofotoplano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título con que se designa o bispo de Roma e xefe da Igrexa Católica. O termo padre empregouse desde o s VII para referirse a calquera bispo, e aínda se conserva como denominación do patriarca de Alexandría. Ademais, o papa posúe os títulos de vigairo de Cristo, sucesor de san Pedro, supremo pontífice da igrexa universal, patriarca de Occidente, primado de Italia, arcebispo e metropolitano da diocese de Roma e servo dos servos de Deus. Desde 1059 son os cardeais, reunidos en conclave, quen o elixen. O último regulamento sobre a elección promulgouno Xoán Paulo II na constitución apóstólica Universi Dominici Gregis en 1996. Nun principio calquera home bautizado pode ser elixido papa, pero desde o s XVI sempre é un cardeal presente no conclave. O último papa non cardeal foi Urbano VI (1378-1389) e, a partir de Clemente VII (1523-1534), a elección recaeu sempre nun italiano ata o polaco Xoán Paulo II (1978). En España naceron os papas san Dámaso I (366-384), Calisto III (1455-1458) e Alexandre...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera substancia branda, de consistencia líquida ou pastosa, particularmente se é comestible.

    2. Alimento moi brando que se obtén cocendo fariña, sobre todo de millo, en leite ou auga. Na tradición oral recóllense ditos como: “Papas e casamento, en quente. Papas e pan, dúas casas desfán. Papas e pan, unha casa desfán; papas e bolo, desfana de todo”.

    3. arroz con leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento familiar e cariñoso que se lle dá ao pai.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caldo moi mesto de castañas cocidas.

    2. Masa semilíquida que procede das amoras ou outras froitas ao ser espremidas, que se emprega para facer doces.

    3. Caldo do día anterior, sen garula, sobre o que se facían as papas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é reputado merecedor de ser elixido papa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte carnosa que se forma entre o queixo e o pescozo.

    2. Excrecencia carnosa que adoitan ter baixo o pescozo certos animais, como o porco, a cabra, o pavo, a vaca ou o boi.

    3. Dilatación do esófago das aves en forma de bolsa membranosa.

    VER O DETALLE DO TERMO