"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Berro que fai o muecín dende o alminar ou minarete como chamada á oración, cinco veces ao día.
-
PERSOEIRO
Escultor neoclásico aragonés. Foi escultor de cámara de Carlos IV e director de escultura e primeiro escultor de cámara de Fernando VII.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do il homónimo, situada na ribeira do Seyhan, en Turquía (1.066.544 h [1995]). É o centro urbano, industrial (téxtil, tabaqueira e de bens de equipo agrícolas) e comercial (mercado cerealístico e algodoeiro) da chaira aluvial de Cilicia. É sede universitaria e nó de comunicacións (aeroporto internacional).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, na costa mediterránea (17.562 Km2 , 1.945.600 h [1990]). A capital é Adana.
-
PERSOEIRO
Botánico provenzal. Nas súas expedicións ás Islas Canarias, aos Açores e ao Senegal recopilou abondosos datos botánicos, faunísticos e xeolóxicos. Froito destes traballos publicou Histoire Naturelle du Sénégal (Historia Natural do Senegal), Les Familles Naturelles des Plantes (Familias naturais das plantas) e Nouvelle méthode pour différencier les familles des plantes (Novo método para diferenciar as familias de plantas). Foi o autor da primeira descrición científica do baobab, causa pola que Linneo designou co nome Adansonia digitata, na súa honra, a esa árbore.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Socióloga e reformadora norteamericana. Fundou en Chicago un establecemento social chamado Hull House (1889). Militante e defensora dos inmigrantes e dos negros, do pacifismo e do sufraxio universal feminino. Foi presidenta da Asociación Feminina Internacional para a Paz e a Liberdade, no ano 1931 concedéuselle o Premio Nobel da Paz. Entre outras obras escribiu Democracy and social ethics (Democracia e ética social, 1902) e Newer ideal of peace (Un novo ideal pacifista, 1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Virxe e mártir en Catania (Sicilia) aos 13 anos durante a persecución de Decio, no 251. O prefecto Quintiano, ao non conseguir seducila, meteuna nun bordel onde sería cruelmente torturada. Primeiro sometérona a violación ritual, aínda que non perdeu a virxinidade; e logo esnaquizáronlle os peitos, pero curouna san Pedro, finalmente, morreu tras ser deitada nun leito cheo de vidros escachados e de carbóns ardendo. A tradición local di que no seu cabodano o volcán Etna entra en erupción. Para certos mitólogos, a lenda desta santa é a cristianización da historia da deusa grega Agathé Thea ou Bona Dea, moi venerada en Sicilia, divindade feminina que xa tiña como atributo os seos, símbolo da fertilidade. A tradición popular aplícalle tamén a lenda grega da tea de Penélope. A súa festa celébrase o 5 de febreiro. Na tradición oral recóllense cantigas como: “Gloriosa é santa Ádega e das santas a rival, que lle cortaron o peito, igual que se corta o pan”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa merovinxia, filla do Rei dos francos Dagoberto II de Austrasia. Ao morrer o seu home Alberico, fundou o mosteiro de Pfalzel, preto de Trier, do que se fixo abadesa. A súa festa celébrase o 14 de xullo e o 24 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filla do Rei Rodolfo II da Borgoña. Casou en 947 con Lotario II, Rei de Italia e Emperador de Alemaña. Dous anos despois da morte deste (949), casou con Otón o Grande de Alemaña. Foi coroada Emperatriz no ano 962 e rexeu o reino durante a minoridade de idade dos seus fillos Otón II e Otón III. Na vellez volveu para a Alsacia e fundou numerosos mosteiros e conventos como o de Selz, preto de Estrasburgo. A súa festa celébrase o 16 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña en 1906 e denominada “Publicación del Magisterio”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia republicana aparecida durante a Segunda República Española na Coruña. Incluía temas políticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical mariñeira. Iniciou a súa actividade no ano 1917 e cesouna ao comezar a Guerra Civil. Os seus obxectivos eran asociar a todos os traballadores do mar de Bueu que estivesen matriculados; mellorar a condición do sector e defender e representar aos traballadores do mar diante dos patróns e autoridades gobernativas. Malia que a súa vinculación inicial foi co socialismo da UXT, debido á estratexia de espallamento que a CNT e a súa Federación Regional de Industria Pesquera encetaron dende o ano 1931 por todo o litoral galego, a organización remataría comprometéndose co ideario anarquista, que non abandonaría ata a súa disolución. Entre 1932 e 1936, debido as continuas flutuacións do prezo da sardiña, que repercutían directamente nas endebles economías mariñeiras, promoveu unha serie de mobilizacións da clase mariñeira.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Pontevedra o 17 de setembro de 1882 e subtitulada “Semanario defensor de los intereses generales de Galicia”. Foron os seus redactores: Antonio Curros Enríquez, Félix Lázaro e Torcuato Ulloa, entre outros. Contiña numerosos artigos tratando polémicas e mantivo un enfrontamento co xornal El Libredón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal nado o 11 de agosto de 1912 en Bueu, e dirixido por Ricardo Portela Pazos. Desapareceu no número 34, o 16 de novembro de 1913. Incluía información local e política, poesías en castelán e unha sección chamada “D´os nosos clásecos” con reproducións de poemas de Lamas Carvajal e Rosalía de Castro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade constituída oficialmente o 5 de febreiro de 1919 como Sociedad de Maquinistas, Fogoneros y Metalúrgicos de Marín, foi a primeira sociedade que abrangueu os maquinistas e traballadores da construción naval desa vila como resposta á modernización do sector pesqueiro galego que, nos núcleos urbanos máis importantes, estaba a abandonar as técnicas tradicionais de pesca e construción para adoptar a máquina de vapor e, consecuentemente, os cascos de aceiro que a nova tipoloxía de barco precisaba. Os 121 socios que acolleu no ano da súa fundación son un dato obxectivo sobre a importancia da modernización pesqueira en Marín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que adelgaza, especialmente aqueles produtos ou exercicios que favorecen unha perda de peso.
-
PERSOEIRO
Gramático e lexicógrafo alemán. Comezou a súa investigación lingüística estudiando a latinidade medieval (adicións ao glosario de Du Cange), sen embargo, a súa obra máis importante é a Grammatisch-kritisches Wörterbuch der hochdeutschen Mundarten (Dicionario gramático-crítico dos dialectos altoalemáns, 1774-1786) que contribuíu notablemente á codificación deste idioma. Do ano 1759 ao 1761 foi profesor do Gymnasium protestante de Erfurt (Turinxia) e, dende o ano 1787, conselleiro da corte e director da biblioteca de Dresden.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sinal realizado coas mans ou con calquera parte do corpo co que se intenta chamar a atención sobre alguén ou manifestar algo.
-
Modos que caracterizan a unha persoa.
-
-
PERSOEIRO
Monxe de Saint-Cybard de Angulema e de San Marcial de Limoges, copista e debuxante. Foi autor dunha Crónica dos francos, falsificou documentos para facer crer que san Marcial fora discípulo inmediato de Xesucristo e fose considerado apóstolo.
VER O DETALLE DO TERMO