"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PERSOEIRO

    Sacerdote e revolucionario inglés. Foi seguidor das doutrinas de John Wycliffe e propugnou a pobreza da Igrexa e a abolición da servidume. Debido aos seus sermóns, nos que reivindicaba a igualdade social e defendía a dignidade dos oprimidos, foi excomungado e encarcerado tres veces por orde do bispo de Canterbury. Unha vez sufocada a revolta dos campesiños, capitaneada por Wat Tyler, na que tomou parte, foi arrestado en Coventry e aforcado en Saint Albans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica e televisiva norteamericana. Mentres estudiaba arte dramática traballou en filmes de serie B con Samuel Goldwyn. Xunto co director de orquestra Desi Arnaz, fundou a produtora Desilu Produtions. Participou, entre outros, nos filmes: Roman Scandals (Escándalos romanos, 1933), Top Hat (Sombreiro de copa, 1935), Follow the Fleet (Sigamos a flota, 1936), Joy of Living (O pracer de vivir, 1938), Five Came Back (Volveron cinco, 1939), Valley of the Sun (O val do sol, 1942), The Magic Carpet (A alfombra máxica, 1951), A Guide to the Married Man (Guía para o home casado, 1967) e Mame (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do Tambre no seu curso inicial, na serra do Bocelo (Sobrado).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Iniciouse na pintura a través da arte académica, aínda que despois dunha estancia en París volveu a Italia convencido das virtudes da coloración impresionista e divisionista, e disposto a resolver os problemas da luz e da cor. Nas súas primeiras obras interesouse polo mundo dos obreiros e dos marxinados (A xornada do obreiro, 1904 e A tola, 1905). Asinou o Manifesto futurista (1910) con Boccioni, Severini, Carrá e Russolo. A súa primeira obra futurista importante data do ano 1912 (O paseo dun can amarrado), onde consegue o movemento pintando as fases sucesivas do camiñar. A súa arte aproxímase á abstracción e evita a barreira do Cubismo. Entre 1911 e 1912 preocupouse polo tema do movemento (Rapaza que corre polo balcón e Velocidade do automóbil). Co ciclo das Demostracións intervencionistas (1915), púxolle fin á súa época futurista e iniciou un novo período tralo manifesto da Reconstrución futurista do universo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de ópera que evolucionou en Inglaterra a partir do s XVIII. Consistía nuns fragmentos dialogados e outros cantados coa música de cancións populares. Ao principio representaba unha parodia da ópera italianizante. A máis coñecida é The Beggar’s Opera (1728), unha sátira sobre os políticos contemporáneos, con texto de John Gay e música adaptada por John Pepusch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. De 1967 a 1968 foi membro do consello de administración do ORTF (Office de Radiodiffusion et Télévision Française) e conselleiro técnico do gabinete de G. Pompidou (1966-1968). Ademais, formou parte do Consello do Estado (1984-1988). Foi ministro de Economía, Finanzas e Administración do goberno de J. Chirac (1986-1988). Logo de vencer coa coalición de centro-dereita RPR-UDF nas eleccións lexislativas de marzo do ano 1993, accedeu ao cargo de primeiro ministro. Nas eleccións presidenciais de 1995 foi derrotado por J. Chirac e dimitiu do seu cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta. Foi un dos representantes da poesía nova, xunto con Eugenio Florit, Nicolás Guillén e Mariano Brull, e caracterizouse pola introspección e a sensualidade poéticas. En Júbilo y fuga (1931) adheriuse á corrente pura da antedita poesía e, en Poesía negra (1934) optou polo negrismo. Outras obras poéticas súas son Cuaderno de poesía (1934) e Elegías sin nombre (1936). Entre as súas obras ensaísticas cómpre salientar Antología de la poesía negra hispanoamericana (1934) e Mapa de la poesía negra americana (1946). Practicou a jitanjáfora, grupo de palabras sen sentido aparente pero que resultan agradables aos oídos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor en lingua inglesa. É autor de novelas e contos de ciencia ficción, onde reflicte as reaccións dos personaxes obrigados a enfrontarse a un ambiente hostil. Destacan as súas narracións The Disaster Area (A rexión devastada, 1967), The Atrocity Exhibition (A exhibición atroz, 1970), Vermilion Sands (Areas vermellas, 1973), The Terminal Beach (A praia terminal, 1992), e as novelas The Drowned World (O mundo anegado, 1962), The Drought (A secura, 1965), Crash (Estalido, 1973), Hello America (Ola América, 1981) e a autobiográfica The Empire of the Sun (O imperio do sol, 1984), levada ao cine por S. Spielberg no 1988, onde evoca a súa nenez nun campo de concentración xaponés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e educador galés. Compuxo uns tests colectivos para medir a intelixencia e o traballo escolar, e poñer de manifesto as diferencias de desenvolvemento mental entre os oito e os quince anos. Estes tests aplicáronse nas escolas públicas e aínda se seguen a utilizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago antártico baixo a soberanía de Nova Celandia, situado ao N da Terra de Victoria. Está constituído por cinco illas pequenas de orixe volcánica, as máis importantes son Sturge e Young.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, teólogo, canonista e editor italiano. Ensinou en Verona e publicou Il metodo di S. Agostino negli studi (O método de santo Agostiño nos estudios, 1724), onde sostiña a doutrina do probabilismo. Loitou contra o préstamo con xuros e contra a usura, o que o levou a publicar a Summa Theologica de Antonio de Florencia (1741), a Summa de Ramón de Penyafort (1745) e o tratado De iure divino et naturali circa usuram (Sobre o dereito divino e natural en relación coa usura, 1744-1774), sendo aceptados algúns dos seus puntos por Benedicto XIV, quen tamén lle encargou a edición crítica das obras de León I (1753-1757). Así mesmo, é autor de diversas obras en defensa da autoridade pontificia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Foi profesor das universidades de Barcelona (1946-1978) e Harvard (1949-1951), e director do Instituto de Química Orgánica Aplicada do CSIC (1971-1985). Entre as súas contribucións científicas máis importantes destacan o descubrimento e o inicio da investigación da química percloroorgánica; o descubrimento da lei lineal (que relaciona o espectro ultravioleta coa estrutura dos derivados bencénicos); o descubrimento dos radicais libres inertes; os primeiros exemplos do efecto inverso (novo proceso cinético na química dos radicais libres) e o descubrimento do intercambio espin-carga. En 1982 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma castelá correspondente ao apelido galego Besteiro.

    2. Liñaxe orixinaria de Castela, que se espallou por todo o territorio español. En Galicia exerceron señorío xurisdicional no couto de Saiar (Caldas de Reis), na casa-torre de Laíño e no lugar de Tarrío (Dodro). Os López Ballesteros, da casa da Golpelleira, preto de Vilagarcía de Arousa, posuíron capela propia na igrexa parroquial onde abundan os brasóns desta estirpe. Emparentaron, así mesmo, cos señores do pazo de Bergondo e espalláronse por terras mexicanas. A rama galega leva como armas: en campo de ouro, cinco paos (ou béstas) de sinople, dereitos e postos en faixa, e cinco flores de lis de goles, colocadas catro en faixa na parte superior dos espacios que deixan entre si os paos e unha en punta. Outra variante trae escudo partido: na primeira partición, de goles, un brazo de sable vestido e non armado, cunha espada denuda de prata, coa gornición de ouro na man, movente do flanco sinistro, e na punta tres cabezas de mouros do revés, coroadas e con turbantes, chorreando sangue;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Catedrático das universidades de Sevilla e de Madrid. A súa obra de síntese principal é Historia de España y su influencia en la Historia Universal (1918-1941) e Cristóbal Colón: génesis del descubrimiento de América (1945). Así mesmo, dirixiu a Historia de América y de los pueblos americanos (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador americanista. Catedrático da Universitat de València (1940-1950), pasou despois á cátedra de Historia de América Precolombina de Madrid, onde creou o Seminario de Estudios Americanistas e fundou a Revista española de Antropología Americanista (1961). É autor de numerosas obras científicas e de divulgación, entre as que salientan Historia del mundo antiguo (1941), Historia de la cultura (1946), Historia de América (1947), Historia universal (1946), Historia de España (1960), La idea colonial de Ponce de León (1961) e Sencilla historia de Chinchero (1971). Así mesmo, algúns traballos seus como Francisco Pizarro (1940) e España en los mares (1943), contribuíron a alimentar a retórica imperial do primeiro franquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Desenvolveu a súa actividade profesional no mundo editorial galego e colaborou en diversas revistas e publicacións periódicas. Deuse a coñecer como escritor co relato “A raia de xiz”, incluído no volume colectivo Contos eróticos eles (1990). En 1993 publicou a novela Talego, coa que obtivo o V Premio García Barros de novela. No ámbito da literatura infantil é autor de Os gordibolas. A historia (1996) e Os gordibolas. A néboa escura (1996), ambos os dous con ilustracións de Carmen Muruve. Tamén son súas as obras O coelliño branco (1998) Os tres porquiños (1998) O traxe novo do rei (2000) O frautista de Hamelín (2002) e As pescadoras (2017). Dende maio de 2016 é o presidente da Asociación Galega de Editores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de golf. Gañou a copa do mundo por equipos (1976 e 1977), o Open Británico (1979, 1984 e 1988), o Masters de Augusta (1980 e 1983), o Masters Británico (1991), o Perrier, o Open de España e a Ryder Cup (todos estes en 1995). En 1989 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. En 1892 participou na Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid co Retrato da señora Dª M.S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e pedagogo. Foi médico na Escola Nacional de xordomudos e de cegos. Dedicoulle especial atención ao ensino de cegos e xordomudos e publicou, entre outras obras: Revista de la enseñanza de los sordomudos y de los ciegos (1827), Manual de sordomudos (1836), Curso elemental de instrución de sordomudos (1845) e Curso elemental de instrución de ciegos (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO