"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1905 na que se reagruparon as cinco sociedades obreiras definidas como “apolíticas” xurdidas da entrada da Federación de Trabajadores de Vigo na UGT co reforzo da súa dirección por parte do PSOE local. Alentado polas Sociedades de Pintores y Albañiles, de Carpinteros y Ebanistas, e de Canteiros, duplicou con posterioridade o número de entidades federadas e acadou 1.500 socios no ano 1909. Ao mesmo tempo, iniciou un achegamento ao anarcosindicalismo da man de militantes anarquistas, como Luís Plaza ou Federico Sánchez. Como consecuencia, as Sociedades de Carpinteros e de Mecánicos estiveron representadas por Plaza no Congreso fundacional da CNT de 1910. En marzo de 1911, o Centro impulsou a creación da Federación Sindical Solidaridad Obrera de Galicia, á imaxe da Solidaridad Obrera catalana, xunto coa totalidade do anarcosindicalismo coruñés. Para refrendar a influencia libertaria no societarismo vigués apolítico, esta institución delegou a súa presenza no I Congreso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada en 1911 por un grupo de obreiros ferroláns, empregados da construción naval, que tiña como finalidade a mellora social mediante un incremento gradual do nivel cultural. Nesta institución destacaron diversos persoeiros republicanos, como Santiago de La Iglesia ou Federico Barinaga, e coñecidos dirixentes socialistas, como os fundadores Emilio Ceniza e Saturnino Hermida; o deputado nas Cortes constituíntes da República, Afonso Quintana; e o seu último presidente, Antonio García. Con 600 traballadores asociados na Segunda República organizou conferencias, excursións, certames e, sobre todo, destaca a súa biblioteca, que chegou a ter consideración de “pública”, provista con máis de cinco mil volumes. Co golpe militar de xullo de 1936 interrompeuse o seu labor, clausurouse o local e expropiouse a biblioteca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘escaleira’.
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. Introduciu a métrica clásica na poesía italiana. Cultivou a anacreóntica, as odas pindáricas, etc, cunha lingua altisonante e dunha gran musicalidade: Canzonette (1591), Il rapimento di Cefalo (1600) e Gelopea (1604).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, tres bodes de goles.
-
GALICIA
Escritora. Da súa produción destaca El cinturón traidor de Cuba y otros cuentos de invierno (1985), O vasalo da armadura de prata (1987), Arte de acecho (1990) e Feitura de lume (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto nobre situado en Laracha, formado por unha casa-pazo de planta rectangular, con portalón de acceso (o escudo de armas trasladouse ao pazo de Oca na Estrada) e unha pequena capela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acimbre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar poboado de cimbros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casal situado en Santa María a Maior do Val (Narón). De planta rectangular e muros de cachotería con perpiaños nas esquinas, cóbrese con tella a catro augas. O primitivo pombal funciona como celeiro. Foi propiedade de dona Vicenta de Aguiar Tenreiro y Seijas e de don Ignacio Pardo de Lama.
-
CIDADES
Cidade do estado de Sonora, México, situada na chaira litoral a carón do río Yaqui (219.180 h [1990]). Os proxectos de rego do Yaqui, realizados a partir dos anos cincuenta, converteron a cidade nun importante centro comercial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Club de baloncesto masculino fundado en Lugo en 1966 polos irmáns Varela Portas e Pardo. Naceu coa vocación de constituírse no equipo que liderase o baloncesto da cidade lucense, e na tempada 1969-1970 acadou o seu primeiro ascenso á máxima competición española, a Primeira División. Nesa categoría militou nas catro temporadas seguintes, ata a 1973-1974, que rematou co descenso. Un ano despois volveu á Primeira División, na que permaneceu dúas temporadas máis, a 1975-1976 e a 1976-1977, na que perdeu a categoría. Á conclusión da tempada 1983-1984 obtivo un terceiro ascenso á, denominada entón, División de Honor. Nesta ocasión mantívose na elite tres tempadas consecutivas (1984-1985, 1985-1986 e 1986-1987). Foi nesta última etapa cando conseguiu clasificarse por primeira vez para disputar un torneo internacional, a Copa Korac da temporada 1985-1986, da que foi eliminado na liguiña de cuartos de final. Nesta época, Manel Sánchez converteuse no primeiro xogador breoganista que formou parte...
-
PERSOEIRO
Mestre. Promocionou libros e materiais pedagóxicos para o ensino, ao mesmo tempo que coordinaba a edición de coleccións de libros de literatura infantil e xuvenil e de libros escolares. Traduciu libros ao galego, escribiu artigos na prensa e participou na redacción de libros de texto. Publicou, entre outras obras: A voltas coa literatura pra nenos (1982), Cantando cos nenos (1985), Voa... Se podes! (1987), Autores galegos de literatura infantil (1989), Historia da literatura infantil e xuvenil galega (1989) e Acción madurativa e integradora do folclore infantil (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Elemento de transición situado entre os bloques s e p da táboa periódica e pertencente ao grupo dos metais nobres, de número atómico 29 e peso atómico 63,546. O elemento natural do cobre é unha mestura dos dous núclidos 63 (69,1%) e 65 (30,9%). Coñécense nove isótopos artificiais: 58, 59, 60, 61, 62, 64, 66, 67 e 68. A proporción de cobre na codia terrestre é de 0,01%, aproximadamente. De cor rosada clara, ao oxidarse toma unha cor marrón e a miúdo preséntase en formas arborescentes ou masas filiformes. Os minerais de cobre divídense en dous grupos: os minerais sulfurados e os metamórficos ou oxidados. Entre os primeiros coñécense os sulfuros simples, como a calcosina e a covelina. Os minerais metamórficos son o cobre nativo, bastante raro, os óxidos (cuprita e tenorita) e os sales insolubles (malaquita, atacamita, etc). A metalurxia do cobre comprende un procedemento en seco, aplicado aos minerais ricos, e un tratamento húmido, para os minerais pobres. Independentemente...
-
acetoarsenito de cobre [Cu(C 2 H 3 O 2 ) 2 ·3Cu(AsO 2 ) 2 ]
Po cristalino de cor verde, estable ao aire e á luz, case soluble en auga, coñecido tamén como verde de París ou verde de Schweinfurt. Emprégase como insecticida e tamén como pigmento en pinturas náuticas.
-
cloruro de cobre(I) [CuCl]
Po branco obtido por acción do ácido clorhídrico sobre o cobre en presenza de pequenas cantidades de ácido nítrico. É insoluble en auga e soluble en ácido clorhídrico e amoníaco.
-
cloruro de cobre(II) [CuCl 2 ]
Sólido amarelo en estado anhidro que, hidratado, cristaliza en agullas verdes. Obtense por acción do ácido clorhídrico sobre o óxido cúprico.
-
óxido de cobre(I) [Cu 2 O]
Sólido vermello que existe en estado natural (cuprita). Obtense por redución do acetato cúprico ou por acción da glicosa sobre o reactivo de Fehling. Emprégase como colorante vermello de certos vidros e cristais.
-
óxido de cobre(II) [CuO]
Sólido cristalino que se obtén quentando cobre ao aire libre ou por calcinación do nitrato de cobre. Emprégase como colorante verde de vidros.
-
sulfato de cobre [CuSO 4 ]
Sal de cobre que se presenta en forma de cristais azuis. É o máis importante dos sales de cobre, que se emprega para tinguir la e seda, en electrometalurxia e galvanoplastia. Úsase en solucións diluídas como antiséptico e como antídoto en casos de intoxicación.
-
-
Instrumentos musicais metálicos de vento da orquestra.
-
calcosina.
-
-
-
de cobrear.
-
Que ten a cor do cobre.
-
Acción e efecto de cobrear.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recubrir unha superficie, xeralmente metálica, cunha capa de cobre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cobra.
-
-
cobra rateira.
-
Cobra de gran tamaño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moverse en zigzag igual ca unha cobra.