"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Peixe doceacuícola de corpo robusto que pode acadar os 50 cm de lonxitude. A cabeza é relativamente curta coa boca situada en posición inferior. Presenta catro barbelas bucais no beizo superior; as dúas posteriores son máis longas e poden chegar á altura do extremo posterior do ollo. Ten unha soa aleta dorsal co primeiro radio osificado e o bordo posterior serrado. É de cor verdosa no dorso, máis clara nos lados, e amarela ou branca no ventre. Vive en augas continentais do suroeste e centro de Europa, onde se alimenta de invertebrados acuáticos e tamén de algas e vexetais acuáticos. Trátase dun peixe espiñento e de carne insípida, que se prepara frito, asado, etc. A súa pesca, con rede ou con cana, é do máis apreciado do río pola resistencia que ofrece a súa captura. En Galicia atópase a subespecie B. barbus bocagei, localizada nos cursos dos ríos Limia, Támega, Miño e Sil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariante de Valbón e este, á súa vez, do apelido de orixe toponímica Valboa. Este apelido, que xa se documenta dende o s XV, está composto por val (< lat valle) máis o adxectivo boa (< lat bona), que presenta xénero feminino concordando co xénero que val tiña en latín. Non obstante , tanto nesta variante Barbón coma en Valbón, o adxectivo concorda co xénero masculino romance do substantivo. Como adoita acontecer, estes apelidos aparecen grafados con b-, aínda que a súa forma etimolóxica sexa con v.

    2. Liñaxe asturiana natural de Vila Alegre e Molleda (Avilés). Pasou, posteriormente, a Galicia, La Rioja e Cuba. Segundo algúns tratadistas, esta caste procede da familia romana dos Enobardos. As súas armas levan, escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, de ouro, cunha panela de sinople; e segundo e terceiro cuartel, de azul, con outra panela de ouro; e bordo de goles con cinco aspas de ouro, dúas nos cantóns do xefe e tres en punta, alternando con tres flores de lis do mesmo metal, postas unha no centro do xefe e outra en cada flanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e mestre. A súa obra principal é A discourse of Trade (Discurso sobre o comercio, 1690), na que defendía a teoría legal da moeda e a especialización do traballo e atacaba a teoría mercantilista da balanza comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ortigueira baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. Non está clara a etimoloxía deste topónimo, pois pode tratarse dun derivado a partir da base precéltica *bar ‘depresión, costa, desnivel’ (como en Barbaña, Barbantiño, Barbanza, Barbesa, Barbudo...) ou ser un fitotopónimo que faría referencia á abundancia -actual ou no pasado- de plantas chamadas barba nese mesmo lugar (barbas do raposo, barbas de cuco...); neste caso, o étimo é o latín barba ‘barba’. Como topónimo é moito máis frecuente en Portugal ca no noso territorio, polo que se pensa que procede de terras lusitanas.

    2. Liñaxe natural de Portugal á que pertenceu o conde Nuno de Celanova, sobriño de san Rosendo. Os Barbosa asentáronse en Pontevedra, dende onde se estenderon a toda España. Unha rama pasou mesmo a Italia e outra estableceuse en Colombia. As súas armas levan, en campo de prata, unha banda de azul, cargada de tres crecentes de prata e acompañada de dous leóns rampantes da súa cor natural, unha arriba e outro abaixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario hostaleiro. É técnico superior en Relacións Públicas. Foi vicepresidente da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA), fundador e presidente da Asociación de Empresarios de Hospedaje de la Provincia de Pontevedra (ASEHOSPO) e membro da xunta directiva da Federación Española de Hoteles (HAI). Escribiu diversos artigos vinculados ao mundo do turismo nas revistas Informe Gallego e El Pueblo Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político liberal e escritor brasileiro. Foi un dos principais promotores do abolicionismo, da loita contra a ditadura e da defensa do principio de igualdade das nacións nas instancias internacionais. Foi ministro de Finanzas (1889-1890) e no goberno de Floriano Peixoto (1891-1894) exiliouse a Inglaterra. Autor de Cartas da Inglaterra (1896), recompilación de artigos publicados no exilio, e de diversas obras relacionadas coa súa actividade política (Queda do Imperio e Réplica). Foi membro e presidente da Academia Brasileira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro. Xefe de goberno ao inicio da Segunda Guerra Mundial, declarou a guerra á URSS (1941), forzado por Alemaña. Foi executado no 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coroa de ferro cuns dentes que adoptan unha forma especial e nos que encaixa a cadea da áncora para poder izala co molinete ou co cabrestante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica decorativa que se utiliza en cerámica consistente nuns trazos en relevo que se obteñen aplicando pequenas porcións do mesmo barro, aínda que máis diluído, formando mamadeiras, molduras e mesmo motivos figurativos, sobre todo vexetais. Este tipo de decoración dispoñíase sobre as paredes ou bordos da peza cerámica. Coñecida dende época prehistórica, é moi característica dun tipo de cerámica romana dos ss I e II d C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista, poeta e eclesiástico escocés. Foi profesor en Oxford e París. É autor dun longo poema épico, The Bruce (1375?), no que canta os feitos dos heroes escoceses Robert Bruce e James Douglas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal ruso. Destacou sobre todo nas guerras napoleónicas. Despois de exercer o cargo de ministro de Guerra (1810), foille dado o mando do principal exército que se enfrontou á invasión napoleónica de Rusia (1812). Posteriormente foi dirixente do exército expedicionario dese país que invadiu Francia no 1814. O Tsar Alexandre I outorgoulle os títulos de conde (1814) e de príncipe (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e pianista israelí. Realizou estudios de piano con Nadia Boulanger e Edwin Fischer, e dirección de orquestra con Igor Markevich. Debutou en Inglaterra en 1950, e en Nova York en 1957. Dende 1964 foi director e solista na English Chamber Orchestra, e dirixiu ópera en Bayreuth e no Festival de Edimburgo. Entre outras, dirixiu a Orchestre de París, a Orquestra Filharmónica de Nova York e a Orquestra Filharmónica de Berlín. Así mesmo acompañou a Fischer-Dieskau, Janet Baker e Jessye Norman. En 1956 recibiu o premio de piano Casella en Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do Mar Cantábrico, no litoral oriental da parroquia de Bares (concello de Mañón). Situada ao NL do Porto de Bares, constitúe a entrada da ría do Barqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico soviético. A súa mellor obra foi a película sonora Okraina (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da clase dos zigomicetos, de micelio septado que ao longo do seu ciclo se desenvolve en excrementos de anfibios ou réptiles, e logo sobre coleópteros coprófagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para practicar a basiotripsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, moi influído pola obra de Corot. É un dos representantes máis salientables do Impresionismo suízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés en lingua latina. Monxe e abade do convento de Bourgueil, compuxo un Itinerarium (Itinerario), a Historia hierosolymitana (Historia de Xerusalén) e numerosos poemas.

    VER O DETALLE DO TERMO