"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
PERSOEIRO
Político e militar. Segundo marqués de Vallgornera e marqués viúvo de Torremejía. Interveu na Guerra da Independencia e na primeira Guerra Carlista, e despois foi agregado en diversas embaixadas. En 1837 foi elixido deputado por Barcelona e, posteriormente, senador por Tarragona e Girona. En 1838, en plena Guerra Carlista foi nomeado ministro da Gobernación do goberno do duque de Frías. Foi conservador da biblioteca do Senado e director (1814) da sección de historia militar do estado maior. Publicou o primeiro volume dunha Historia de la guerra de España contra Napoleón (1818) e un Reglamento y Catálogo de la Biblioteca del Senado (1851), e deixou inédita unha Descripción de la villa y término de Valls.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo, sacerdote e político. Doutorouse en Teoloxía no 1835 e foi ordenado sacerdote en Vic (1834). Como apoloxista publicou, entre outras, Reflexiones sobre el celibato (1839) e La religión demostrada al alcance de los niños (1841). A partir de 1844 alternou os escritos filosóficos cos políticos. Foi daquela cando se ocupou da edición de El criterio (1845) e escribiu Filosofía fundamental (1846) e Filosofía elemental (1847). A súa obra filosófica encádrase dentro da ontoloxía eclesiástica, analizando os problemas básicos da Agnoseoloxía, da Psicoloxía e da Metafísica. Difundiu o Criticismo e o Idealismo alemáns e renovou a escolástica ecléctica do s XVIII. Os seus escritos políticos están recollidos en Consideraciones políticas sobre la situación de España (1841) e nunha serie de artigos sobre España e Europa publicados no xornal El Pensamiento de la Nación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico conservador de Viveiro e Mondoñedo. Apareceu o 27 de febreiro de 1893. Dirixía a publicación Alfredo García Dóriga e entre os seus colaboradores figuraban nomes como Antonio Noriega Varela e Xosé Mª Riguera Montero. Saía á rúa bisemanalmente, os luns e os xoves nun principio, e despois os mércores e sábados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria italiana, estreitamente controlada polo Istituto di Ricostruzione Industriale (o 98% do capital), fundada en Milán en 1894. No ano 1918 fundou a Banca Commerciale Italiana (France) S A, que abriu unhas sucursais en Marrocos que subsistiron ata o ano 1962. Ampliou a súa actuación a todo o estado italiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Banque de France.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada en Montevideo o 25 de xullo de 1956 por un grupo de galegos residentes en Uruguai.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria con domicilio social en Vigo fundada no ano 1973. A súa orixe remóntase a 1918, data na que se creou a sociedade comanditaria Viñas Aranda y Compañía. No ano 1920 adoptou o nome de Banco Viñas Aranda, S A e no 1953 o de Banco de Vigo - Viñas de Aranda, S A, antes de denominarse Banco de Vigo no 1957. Este último, promoveu a absorción do Banco de Lugo, que sucedía ao Banco de Soto (1964) de Chantada, en 1971. Pertence ao Grupo Banco Popular dende o ano 1969.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Montevideo, o seu primeiro número saíu o 1 de marzo de 1956. De periodicidade irregular, cesou no número 10 en xullo de 1966. Tiña como subtítulo “Boletín para toda España y América”. Foi publicada case exclusivamente en castelán aínda que acolleu algún texto literario galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada en Bos Aires o 6 de novembro de 1905 por un grupo de financeiros galegos entre os que cómpre salientar a Manuel Casas e Juan G. Molina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O artigo 6 do Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado en 1981, sinala que a bandeira de Galicia é branca cunha banda diagonal de cor azul que a atravesa desde o ángulo superior esquerdo ao inferior dereito. A Lei de Símbolos de Galicia, promulgada en 1984, establece a disposición, cor e símbolos da bandeira de Galicia. Segundo esta lei, a bandeira ten tres módulos de longo por dous de ancho e a banda é de cor azul celeste subido ou cobalto claro. Así mesmo, obriga a que conteña o escudo oficial cando ondee nos edificios públicos e nos actos oficiais da Comunidade Autónoma; a disposición do escudo ten que ser centrada e a súa altura debe ser igual á metade do ancho da bandeira. A orixe da bandeira galega remóntase o s XVII, momento no que era de cor branca cun copón amarelo no centro, rodeado de seis cruces recortadas. Unha bandeira destas características foi empregada polo Batallón Literario durante a Guerra de Independencia. A orixe da faixa de cor azul, que a incorporou o movemento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada na cidade da Coruña. Apareceu en 1855 e cesou ao ano e medio. Entre os seus redactores figuraban Abelardo Carballo, Antonio de San Martín e N. Rúa Figueroa. O seu impresor era Timoteo Pombo. Destacaba no seu formato a marca dobre holandesa con gravados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea convocada en abril de 1955 pola India, Paquistán, Indonesia, Sri Lanka e Myanmar, na que participaron 29 países de África e de Asia (entre outros China, Exipto, Etiopia, Xapón ou Vietnam do Norte). Significou a toma de conciencia destes pobos, moitos deles independentes dende había pouco, fronte aos países desenvolvidos. A conferencia remarcou a urxencia do desenvolvemento económico e dunha política anticolonialista e neutralista. Adheriuse á Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Sostivo as reivindicacións de independencia de Marrocos, Tunes e Alxeria e a loita dos árabes contra o estado de Israel. Destacaron as intervencións de Nehru, Zhou Enlai, Nasser e Sukarno. Foi o lugar de nacemento do Movemento dos Países non Aliñados, baseado na non agresión e a non inxerencia nos asuntos internos dun país, o respecto á soberanía nacional e á coexistencia pacífica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria estadounidense constituída en San Francisco no ano 1904 co nome de Banco de Italia; este feito revelaba a orixe do capital, baseado no aforro dos inmigrantes transalpinos. Rapidamente iniciou unha expansión por todo o ámbito estatal. No ano 1930 fusionouse co Banco de América de California para formar a entidade actual. Entrou no mercado español da man do Banco de Santander.
-
PERSOEIRO
Periodista aragonés. Director do diario de carácter agrario La Tierra en Osca (1933-1936) e de Solidaridad Nacional en Barcelona. Publicou Los Sindicatos Libres en España, su origen, su organización, su ideario (1927), dun gran valor documental.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de Catalunya, establecida en 1833 e integrada por 308 municipios (7.733 km2; 4.628.277 h [1996]). A capital é Barcelona. A cidade de Barcelona exerce unha atracción macrocefálica sobre todo o territorio, concentra ao seu redor o maior volume demográfico e constitúe o centro sobre o que gravita toda a actividade económica. Os principais núcleos de poboación sitúanse na periferia urbana da capital: os concellos limítrofes de L´Hospitalet de Llobregat (255.050 h), Badalona (210.987 h) e Santa Coloma de Gramanet (123.175 h). Sabadell (185.798 h), Terrasa (163.862 h) ou Mataró (102.018 h), núcleos industriais tradicionais, son un terceiro chanzo nunha xerarquía que se estende en núcleos urbanos de tamaño medio, que teñen como principais funcións a residencial e a industrial, configurando unha das áreas máis urbanizadas do estado español.
-
VER O DETALLE DO TERMO
queiroa.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Apelido de orixe toponímica. Este topónimo é de significación escura. Algúns autores consideran que está formado sobre a base prerromana, quizais ibera, (i)baika ‘beira de río’; outros pensan na voz prelatina *(i)bar-k-ena ‘o da beira’ formada coa raíz (i)bar ‘orela’. Este apelido presenta as variantes Bárcea e Barxa. A mesma orixe ca estes teñen os apelidos Barcela, Barcias e Barciela. Os apelidos Barcia e Barxa son orixinarios de Galicia ou Asturias e estendéronse por todo o territorio español e portugués. Documéntase no s XIV: Martin Fernandez de Varzea de Mera (doc ano 1327 en E. Portela Silva, La región del obispado de Tuy en los siglos XII-XV Compostellanum 20, 1975, p 404).
-
Liñaxe natural de Asturias, que pasou posteriormente a Galicia, León e Zamora. As súas armas levan, en campo de prata, tres faixas de azul. Outra variante trae, en campo de goles, dous bastóns en aspa, de ouro, pendente á súa vez dun lazo, tamén de ouro, e dous castelos, un coas armas dos Vázquez (castelo con ameas das que sae un brazo empuñando unha chave) e outro castelo encol dunha rocha; descoñécense os seus metais e cores, así como a situación de ambos os castelos. Os que pasaron a Córdoba organizaron o seu brasón deste xeito: un castelo de prata, en campo de azul; unhas estrelas de prata, tamén en campo de azul; un piñeiro cuns lebreis, en campo de ouro; e unhas follas de parra, en campo de azul.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porción de terreo chan e fértil situado nas marxes dun río.