Barcelona, provincia de

Barcelona, provincia de

Demarcación administrativa de Catalunya, establecida en 1833 e integrada por 308 municipios (7.733 km2; 4.628.277 h [1996]). A capital é Barcelona. A cidade de Barcelona exerce unha atracción macrocefálica sobre todo o territorio, concentra ao seu redor o maior volume demográfico e constitúe o centro sobre o que gravita toda a actividade económica. Os principais núcleos de poboación sitúanse na periferia urbana da capital: os concellos limítrofes de L´Hospitalet de Llobregat (255.050 h), Badalona (210.987 h) e Santa Coloma de Gramanet (123.175 h). Sabadell (185.798 h), Terrasa (163.862 h) ou Mataró (102.018 h), núcleos industriais tradicionais, son un terceiro chanzo nunha xerarquía que se estende en núcleos urbanos de tamaño medio, que teñen como principais funcións a residencial e a industrial, configurando unha das áreas máis urbanizadas do estado español.