"Cid" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 848.
-
-
Relativo ou pertencente aos falacrocorácidos.
-
Ave da familia dos falacrocorácidos.
-
Familia de aves á que pertencen os corvos mariños.
-
-
GALICIA
Poeta, irmán de Bieito Xerome Feijoo. Autor de dúas glosas, unha en castelán e outra en galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Profesor de galego na Universidade Popular de Vigo, coordinou, entre outros, o Dicionario da lingua galega (3 vol, 1986) e Dicionario práctico da lingua galega (1986); dirixiu o Dicionario Cumio da lingua galega (primeiro dicionario da lingua galega en soporte CD-ROM, 1999); e da súa autoría son, entre outros, o Dicionario práctico galego-castelán/castelán-galego (1988), Iniciación ao galego (1993), As normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega “actualización, complemento e desviación” (2001) e Exercicios de lingua galega “ortografía, gramática, léxico e desviacions” (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Estado de quen sente gran satisfacción ou contento coas circunstancias da súa vida.
-
Fin último e supremo ben do home segundo a filosofía clásica. Acádase mediante a razón, como propugnou o eudemonismo; mediante o dominio da dor e das paixóns, como propugnaron os estoicos; ou mediante o pracer, como sostiñan hedonistas e epicúreos. Para o eudemonismo, teoría representada por Aristóteles, a felicidade é autorrealizarse e acadar as metas propias do ser humano a través do exercicio da contemplación; os eudemonistas consideraron a felicidade como un ben perfecto que se procura por si mesmo e non por outro superior a el, un ben suficiente de tal maneira que quen o posúe xa non desexa outra cousa. Os estoicos consideraron a felicidade como a autosuficiencia e a capacidade de se valer por un mesmo sen depender de nada nin de ninguén, de tal xeito que o sabio sería aquel que sabe ser feliz segundo a natureza, consciente de que todo está nas mans do destino, e que a mellor maneira de asegurar a paz interior é facéndose insensible ao sufrimento e ás opinións alleas a través da serenidade...
-
-
Cousa, situación ou acontecemento que causa gran satisfacción e contento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe no substantivo latino felicitate ‘felicidade’, que pasou a nome persoal de carácter augural en época cristiá (Felicitas), expresando a alegría polo nacemento dun fillo. Ten a variante Felícitas e o hipocorístico Felicita. Levaron este nome varias santas mártires dos primeiros séculos; entre elas, unha viúva romana (164?) e unha escrava (202). A súa festividade celébrase o 7 de marzo (antes da reforma litúrxica o 6 de marzo).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s III) Escrava romana. Pariu en prisión e foi martirizada en Cartago xunto coa súa dona, santa Perpetura o 7 de marzo de 203, por orde do Emperador Severo. Colocáronas na praza cunha malla de xeito que un touro as corneou, aínda que non morreron. A Felicidade cortáronlle a cabeza cunha machada. A súa festividade celébrase o 7 de marzo (antes da reforma litúrxica o 6 de marzo).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido que se localiza na hulla e que se emprega como potente antiséptico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pos cristalinos que funden a 158-162°C. Emprégase como reactivo para tinguiduras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éter sólido que se obtén por reacción do fenol co ácido monocloroacético, que se emprega en síntese orgánica e como funxicida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de feraz.
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Mestre de Pitágoras, foi o primeiro en afirmar que as almas eran eternas e consecuentemente sobrevivían aos corpos. Foi autor dunha teogonía coñecida como A caverna dos sete abismos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. O seu pai, Andrés Fernández Montero, coñecido como Ollos mouros, e o seu avó, coñecido como Guinchote, foron escultores. Formouse baixo a liña de Xoán Antonio García de Bouzas. En 1794, pensionado polo conde de Gimonde, ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde coincidiu co seu irmán Tomé, tamén pintor. Foi profesor de debuxo na Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago (1806-1809). A súa obra é mostra do eclecticismo neoclasicista mesturado coas pervivencias barrocas. Antes de 1794 realizou, entre outras obras, a pintura do retablo de Nosa Señora das Dores en Santa María a Real de Conxo. Tralo breve paso pola academia, instalouse en Santiago, onde desenvolveu a fase de madurez da súa pintura (1794-1815) coas decoracións das novas igrexas de San Bieito do Campo e da Capela Xeral das Ánimas. Estas obras caracterizáronse pola presenza dun gran número de personaxes, realizadas a gran tamaño, cunhas composicións baseadas na diagonal coa...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Crítico musical. Licenciado en Dereito, exerceu a avogacía e estableceuse en Madrid. Foi crítico musical do ABC, Tarea, Informaciones e Arriba, así mesmo, colaborou con La Estafeta Literaria, Blanco y Negro, Mundo Hispánico, La Vanguardia e Diario de las Américas. Escribiu, entre outras obras, Cien años de teatro musical en España (1875-1975) (1975), Panorama de la música en España (1949), La música española en el siglo XX (1973), Pucini. El hombre, la obra, la estela (1974), La ópera (1976), Músicos que fueron nuestros amigos (1967), Ataúlfo Argenta (1971), Granada, historia de un festival (1984) e Historia del Teatro Real como sala de conciertos (1966-1988) (1991). Académico de honor da Institución Fernán-González, membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da Real Academia Galega e membro correspondente da Real...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da Arte. Director do CGAC, foi profesor nas facultades de Belas Artes de Salamanca (1988-1992) e Pontevedra (1993-1995). Fundador de Arte y parte, foi o seu director, editor e membro do consello de redacción (1996-1998). Colaborou como crítico de arte, entre outras publicacións, en ABC, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, e foi xefe de redacción de Buades, periódico de arte (1984-1989). Foi membro do consello reitor (1996-1998) e do comité de compras (1997-1998) do IVAM e responsable de compras da Fundación Coca-Cola España (1995-1998). Foi comisario de numerosas exposicións, responsable da delegación española na Bienal de São Paulo de 1989 e membro do xurado de diversos premios artísticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xinecólogo. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en xinecoloxía e en anatomía patolóxica. Foi membro fundador do Institut Universitari Dexeus e da Sociedad Española de Patología Mamaria. Xefe dos servicios de xinecoloxía do Institut Universitari Dexeus, centrouse no problema da detección precoz do cancro de mama. Publicou numerosos artigos científicos en revistas médicas, varias monografías, como Derrames, Macroquistes e Patología mamaria infanto-juvenil, e o Dicionario de mastología (1999) e dirixiu as obras Patología mamaria (1982) e Mastología (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Produtor cinematográfico. Cursou estudios nas universidades de Santiago de Compostela e de Oviedo e na Escuela Oficial de Cine de Madrid obtivo o título na rama de Produción. Foi axudante de produción en 1959 en dous filmes relacionados coa cultura galega: La casa de la Troya, dirixida por Rafael Gil sobre a novela do mesmo título de Alejandro Pérez Lugín, e Sonatas, de Juan Antonio Bardem, sobre a obra de Ramón María del Valle-Inclán. Como axudante participou, así mesmo, en Viridiana (Luis Buñuel, 1961). A partir de Los inocentes (J.A. Bardem, 1962) traballou como director de produción ou como produtor executivo en máis de 25 longametraxes, e como produtor a través das marcas Avenir Films, Zoom, Arte7 ou Margen. Noutras dúas obras, volveu tratar temas galegos. En 1972, produciu Flor de santidad, sobre un texto de Valle-Inclán, nunha visión un pouco tenebrista da Galicia rural. En 1991 foi o produtor de Martes de Carnaval, codirixida por Fernando Bauluz e Pedro Carvajal, unha obra que,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de feroz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción dunha polarización eléctrica espontánea e reversible en determinados cristais ao se someter á acción dun campo eléctrico exterior. Entre as substancias onde o efecto é máis notable cómpre citar o titanato de bario e o sal de Rochelle, que presentan, ademais, histérese dieléctrica, cunha gráfica de forma semellante á das substancias ferromagnéticas. Esta propiedade ten aplicación na conversión directa de calor en electricidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que voluntariamente comete un feticidio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Morte violenta dada a un feto humano.