"Das" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 542.

  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada ao S da punta Atalaia, na parroquia de Caión (A Laracha).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de carácter relixioso que se editou en Vilagarcía de Arousa arredor de 1980. Dirixido por Ramón Taboada Soto, imprimiuse nos obradoiros tipográficos da Editorial Compostela. Ofreceu aos seus lectores, desde unha perspectiva cristiá e católica, a análise de diversos aspectos relacionados coa sexualidade, a política, a emigración e a saúde. Ademais, incluíu novidades relacionadas co deporte e coas festas e acontecementos de tipo cultural da vila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago da Antártida, constituído por catro illas desérticas e algúns escollos rochosos, situado a 1.350 km de Tierra del Fuego (622 km2). Dispútano Inglaterra, que as consideran unha dependencia das illas Malvinas, e Arxentina, que mantén nel un observatorio meteorolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago situado ao N de Escocia, Reino Unido, que constitúe unha rexión administrativa (975 km2; 19.245 h [2001]). A súa capital é Kirkwall (7.615 h [2001]). Está situado ante as costas de Caithness, das que o separa o Pentland Firth. Presenta un relevo case plano, sobre todo na illa Mainland e está constituído basicamente por gres avermellado e por materiais semellantes aos do N de Escocia. O principal recurso económico é a gandaría bovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo. Master of Science en Mellora Xenética Vexetal pola Universidade de Minnesota (1973) e doutor en Enxeñaría Agrónoma pola Universidad Politécnica de Madrid (1974), foi científico titular (1975-1988) e investigador (1988-2000) do CSIC, director da Misión Biológica de Galicia (1987-1989 e 1991-2002), e profesor de investigación e coordinador institucional do CSIC en Galicia desde 2000. Desenvolveu catro variedades de millo de uso comercial e fixo posible a creación dun banco de xermoplasma de millo e do xénero Brassica, de orixe galega, a única no mundo. Ten publicados máis de 104 traballos sobre a súa especialidade en revistas de todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Conquistador. Colaborou con Hernán Cortés na conquista de México e en 1530 concedéronlle a conquista e o poboamento das terras comprendidas entre o río Marañón e a gobernación dos Welser (Venezuela). Fundou San Miguel de Pavia (1531) e remontou o Orinoco no intento de chegar a El Dorado. Morreu durante o retorno á Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional, con sede en Nova York, creada para manter a paz, promover a cooperación económica, cultural, social e humanitaria e garantir a seguridade dos estados ante a base dos principios de igualdade e de autodeterminación, e velar polo respecto dos dereitos humanos. Os seus membros comprometéronse a resolver os problemas internacionais a través de medios pacíficos e a non utilizar a ameaza nin o uso da forza. Sucesora da Sociedade de Nacións, os primeiros pasos cara á súa creación foron a Conferencia de Dumbarton Oaks (1944) e a Conferencia de Yalta (1945). O 25 de abril de 1945 cincuenta e un estados reuníronse en San Francisco onde elaboraron e asinaron, o 26 de xuño, a Carta de Nacións Unidas, tratado fundacional onde se establecen os principios básicos das relacións internacionais nos que se basea a organización; en 2004 contaba con 191 estados membros. En 1956, polo conflito do canal de Suez, creouse un exército propio con funcións de interposición e protección dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución especializada da Organización das Nacións Unidas, creada en 1966 e con sede en Viena, que vela polo fomento do desenvolvemento industrial nos estados subdesenvolvidos. Actúa tecnicamente e procura conseguir financiamentos de tipo internacional ou privado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Randín (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 885 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima presente en moitas substancias que ten a propiedade de fixar o osíxeno. Actúa cedendo electróns ao osíxeno para formar auga ou peróxido de hidróxeno. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Marido actual dunha muller respecto a os fillos que esta achega ao matrimonio.

      2. Persoa que ten un trato cruel cos seus fillos polo que é considerado un mal pai.

    1. Pequeno anaco de pel que se levanta ao redor das unllas das mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Epigramista grego. Conserváronse máis de 150 epigramas da súa autoría na Antoloxía Palatina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Xulián (A Rúa). O seu cumio acada os 1.020 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que pasou a Portugal, onde se estableceu. Trae como armas, en escudo partido: primeira partición, en campo de goles, media lúa de prata coas puntas para abaixo, e segunda partición, en campo de ouro, unha cruz floreteada, de azul; medio cortado de azul, cunha banda de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Artes (Carballo). Ten planta rectangular e dous andares, cun engadido perpendicular nunha das esquinas. Foi construído en cachotaría agás os vans, os esquinais e a cheminea, que foron realizados en cantaría. Na fachada principal destaca o escudo de armas dos Villardefrancos, Bermúdez, Castro, Pardiñas e Moscoso, enmarcado nun frontón. Conserva un hórreo, unha capela e unha fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Simón da Costa (Vilalba). O seu cumio acada os 700 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na catedral de Santiago de Compostela, a carón do claustro e enfronte do Tesouro. Ata 1535 o panteón situouse na capela de Santa Catarina. Conserva a lousa sepulcral do bispo Teodomiro, descubridor da tumba do Apóstolo Santiago, e tumbas esculpidas nos ss XII e XIII, como a de Reimundo de Borgoña, Fernando II, Afonso VIII, Berenguela, Xoana de Castro, esposa de Pedro I o Cruel, e Pedro Froilaz, conde de Traba. A capela, obra de Juan de Álava, ten bóveda nervada e a súa porta é plateresca. Nun retablo neogótico consérvanse relicarios medievais e renacentistas.

    VER O DETALLE DO TERMO