"EGU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 415.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado na beira do río Trujala, afluente do Guadalimar (2.183 h [2001]), incluído dentro do Parque Natural Sierra de Cazorla, Segura y las Villas. Ten cultivos de regadío, gandaría lanar e xacementos de lignito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado na bacía N de Sierra Morena, preto da provincia de Huelva (2.271 h [2001]). Ten gandaría lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trapecista. Coñecida como Pinito del Oro, foi famosa polo seus arriscados exercicios sen rede. Comezou coa súa familia, Los Segura (1943-1949), para logo pasar ao circo Ringling Brothers (1950). Actuou no filme de Cecil B. De Mille The Greatest Show on Earth (1952) e retirouse en 1970. Escribiu o libro Nacida para el circo (1971) e recibiu o Premio Nacional del Circo (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Discípulo de F. Bello Piñeiro,iniciou a súa formación como debuxante na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Maioritariamente cultivou o óleo e o debuxo, tamén traballou o pastel, a encáustica e a acuarela. Dos seus primeiros debuxos, de trazo realista e dramático, destacan Os tellados da catedral ou O Pórtico da Gloria e, da década de 1970, as series de debuxos Cabezas de anciáns ou Moscas. Paisaxista encadrado no expresionismo,destacou polo emprego dunha ampla gama cromática, con preferencia polos vermellos e os verdes, así como o claroscuro, nos primeiros tempos. Despois aclarou a súa paleta e se aproximou ao cubismo (Nu en azul, 1966) e ao expresionismo (O arenque galáctico).Traballou o medio e gran formato e empregou unha pincelada cada vez máis longa e ancha (As máscaras, 1972). Como manifesto do seu compromiso coa realidade social e política pintou O exército dos paxaros de papel (1977), Retrato de...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade do que é seguro e non falla nin comporta risco ou perigo.

      2. Calidade do que é seguro porque produce confianza ou convición.

      3. de seguridade

        Aplícase ao mecanismo ou ao dispositivo que é seguro, que é feito a proba de ruptura ou que serve para evitar un perigo.

      1. delitos contra a seguridade das persoas

        Conxunto de atentados contra o deber de auxilio, dos que destacan o abandono da familia, o abandono dun neno e a omisión de socorro.

      2. delitos contra a seguridade do estado

        Conxunto de atentados contra o goberno, a Administración Pública e os poderes públicos (Parlamento, tribunais). Distínguense aqueles que atentan contra a seguridade exterior (traizón, delitos que comprometen a paz ou a independencia do estado, delitos contra o dereito de xentes e pirataría) e os que atentan contra a seguridade interior (contra o xefe do estado, contra a autoridade e os seus axentes, terrorismo).

    1. Sistema e conxunto de medios que, con carácter obrigatorio, organiza o estado coa finalidade de cubrir unha serie de riscos e que, nunha determinada proporción, ten como fonte de financiamento unhas cotizacións individuais diferentes dos impostos. Comprende unha serie de prestacións -económicas unhas, e en forma de servizos sanitarios outras- para cubrir necesidades ou situacións concretas referidas aos traballadores asalariados e aos seus familiares, segundo o risco e a prestación que se considere. Para os traballadores autónomos existe normalmente un réxime especial. Aquilo que define un sistema de seguros sociais é o tipo de prestacións que acostuman a ser de asistencia sanitaria (por enfermidade, maternidade ou accidente), de pensións (por xubilación, invalidez ou viuvez), de subsidios por perda temporal de salario (en caso de enfermidade, maternidade, accidente ou desemprego), de subsidios de axuda familiar e de axudas económicas especiais. En 1978 estableceuse en España un novo sistema...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está protexido de calquera mal ou perigo.

    2. Que non comporta risco ou perigo.

    3. Que merece toda a confianza.

    4. Que non admite dúbida ou erro.

    5. Que é moi difícil de manipular ou forzar.

    6. Que é estable e non cae por estar ben suxeito.

    7. Que está cheo de confianza.

    8. Que ten a certeza ou seguridade absoluta de algo ou de alguén.

    9. Que durará ou se conservará.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía (3.260 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei promulgada polo congreso estadounidense en 1935, proposta por Frankling D. Roosvelt, onde por primeira vez aparece o concepto de seguridade social. Tiña como fin a implantación en EE UU da lexislación sobre seguros de desocupación e organizar un sistema de seguros para a vellez de determinados traballadores, como os cegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, fillo do notario Teolindo Soto Barro, que fora deputado polo distrito de Lugo (1886-1890 e 1893-1895) e senador pola provincia de Pontevedra (1905-1907). Militou no Partido Liberal e foi deputado polos distritos de Lugo (1910-1914) e Viveiro (1914-1923). En 1918 foi nomeado director xeral da Administración (1918). Foi presidente honorario da Cámara de Comercio de Lugo e da Casa de Galicia en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei sobre a emisión da luz das substancias fluorescentes, enunciada por Stokes en 1853, que di que a frecuencia da radiación emitida por unha substancia fluorescente é igual ou menor que a que a excita. É unha consecuencia do principio de conservación da enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Kyŏngsang Setentrional, República de Corea (2.473.990 h [1995]). É un dos centros da industria téxtil do algodón e da seda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Honduras e do departamento de Francisco Morazán (1.037.600 h [2000]). Situada no altiplano central, á beira do río Cholouteca, ten cultivos de café, tabaco, cereais e legumes e industrias alimentarias, algodoeiras e da confección. A antiga Tisingal indíxena experimentou un crecemento notable a finais do s XVI, a raíz da explotación dos seus xacementos de prata e, máis tarde, de ouro e mármore. Ata 1880 compartiu a capitalidade coa cidade de Comayagua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado no extremo NL da illa de Tenerife, na península de Anaga (9.417 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado na illa de Lanzarote, ao N de Arrecife (12.392 h [2001]). Está composto por varias illas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de barro cocido que se empregaba para cubrir os tellados, en época romana. Xeralmente eran planas, pero cos bordos realzados para diferencialas das imbrices. Adoitaban levar marcas dixitais ou outros signos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao tegumento.

    2. Que consiste nun tegumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura superficial do corpo dun animal que o separa do medio externo, como a membrana celular, a pel, a cutícula, os exoesqueletos, a cuncha, as escamas, as plumas ou a pelaxe.

      1. Órgano ou parte orgánica que envolve a outro e o protexe.

      2. Envoltura que protexe o primordio seminal, xeralmente hai un tegumento externo ou primina, e un tegumento interno ou secundina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • teledirixir.

    VER O DETALLE DO TERMO