"ERS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
PERSOEIRO
Escritor noruegués. Coñecido como Knut Hamsun, estivo influenciado por Nietzche e Strindberg. Tratou con mestría o tema da loucura da condición humana na súa época. Da súa obra destacan Sult (Fame, 1892) e Markens Grøde (O crecemento da terra, 1917). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Hispanista inglés. Desde 1920 foi catedrático de literatura castelá en Liverpool, onde fundou o Institute of Hispanic Studies. Interesado polo misticismo e o romanticismo, destacan as súas obras Studies of the Spanish Mystics (1927-1930) e History of the Romantic Movement in Spain (1940). Tamén escribiu libros relacionados coa Guerra Civil Española, como The Spanish Tragedy (1936), e sobre a cultura catalá (Catalonia Infelix, 1937, ademais de traducir ao inglés varias obras de Ramon Llul e publicar unha biografía súa).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e científico estadounidense, fillo de Benjamin Peirce. Editou e ampliou a obra de seu pai, Linear Associative Algebra (1882), e tamén Studies in Logic, de diversos membros da John’s Hopkins University. Está considerado como un dos fundadores do pragmatismo e a súa obra recolleuse no libro Collected Papers of Charles Sanders Peirce (1931-1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Persia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Persia.
-
Lingua indoirania do phylum indoeuropeo, falada na antiga Persia, en Irán e en gran parte de Afganistán. Distínguense tres fases históricas. O persa antigo, que xunto co avéstico representa a fase antiga do iranio, está documentado nas inscricións cuneiformes dos aqueménidas dos ss VII-IV a C. O persa medio foi a lingua principal literaria, relixiosa e oficial dos sasánidas de 226 a 651 e está documentado en numerosos manuscritos mazdeístas e maniqueos. Durante certo tempo o persa medio estivo en rivalidade co parto: as inscricións dos inicios da época sasánida admiten, a maioría, as versións en persa medio, parto e grego. A escritura, derivada do arameo, é arcaizante, e, xunto coa lingua, denomínase a miúdo pahlavi; tamén se aplica este nome ao conxunto de textos do persa medio e o parto. O persa moderno ou fārsī, lingua oficial de Irán e de Afganistán xunto co pashto, tamén é oficial en Taxikistán na forma denominada...
-
Arte desenvolvida en Persia. As primeiras manifestacións antigas son os vasos de cerámica carbonífera de Elburz, Susa ou Sialk, e os bronces de Luristán (1500 a C). A arte persa propiamente dita comezou con Ciro II de Persia (559 a C) e prolongouse ata a chegada dos musulmáns (651). En época aqueménida construíronse palacios levantados sobre socalcos aos que se accedía por unha escalinata e estaban formados por divesos corpos unidos por patios. Destacan os de Pasagarda, Susa e Persépolis. A decoración realizábase con relevos de modelaxe suave e formas redondeadas. Durante o dominio grego imitáronse as formas helenísticas. O período sasánida supuxo un renacemento da arquitectura co emprego das bóvedas e as cúpulas construídas en ladrillo e coa integración das distintas dependencias dos palacios nun mesmo edificio. Coa invasión árabe comezou un período de influencia artística que chegou ata 1926. Nun primeiro momento os únicos centros artísticos foron as tumbas e as mesquitas, nelas hai distinción...
-
Literatura cultivada en lingua persa en diversos períodos da súa historia. Constitúe unha das literaturas clásicas máis importantes. Algunhas inscricións cuneiformes da época dos aqueménidas (s VIII a C) son o único testemuño do antigo persa. Máis tarde (s III), reuníronse os diversos libros do Avesta, relacionado co zoroastrismo, e os diversos himnos, identificados co Gāthā. Na mesma época comezou a cultivarse a literatura pahlavi, escrita en persa medio. É igualmente relixiosa a literatura maniquea do s III, escrita en pahlavi, parto e sogdiano. A raíz da conquista árabe (651) a nova literatura persa superou á que fora a súa inspiradora, como é o caso dos poetas da corte dos samánidas, dos gaznévidas e dalgúns grandes líricos posteriores. Polo que respecta á prosa, rimada ou non, destacan o relato das viaxes de Nāṣir-i Khusraw, morto en 1088; o Siyāsat-Nāma (Tratado de educación de príncipes) do visir...
-
Arte musical cultivada polos persas. Estes só distinguían 18 graos dos 24 da escala árabe e dividían os tons menores en dúas partes e os maiores en catro partes de ton. Os instrumentos musicais persas eran de corda, como o tar, o setar e o sentur; de vento, o nay e de percusión, o tombak. Dos teóricos persas máis destacados cómpre salientar Avicena, no s XI, e Ṣafī-al-Dīn, no s XIII.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo imperio dos aqueménidas que se estendía ao oeste ata Libia e o Danubio e ao leste ata o Indo e o Turkestán chinés. Fundado por Ciro II de Persia (550-530 a C), coas súas conquistas e as dos seus sucesores agrupou nun só bloque todo Oriente Medio e creou un novo equilibrio de forzas políticas e culturais que durou ata o s VII. En Persia propiamente dita os aqueménidas deixaron palacios, arquivos, tumbas e templos. Tamén hai restos en Susa e Ecbatana. Á morte de Darío III de Persia (331 a C), o imperio pasou a Alexandre o Grande. O fin da dinastía aqueménida non significou o fin do Imperio Persa. Alexandre o Grande considerouse sucesor de Darío III e, desde xeito, os aqueménidas convertéronse involuntariamente nos dirixentes do helenismo.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo alemán. Despois de adquirir os coñecementos sobre a fotografía en Görlitz e Leipzig, instalouse en Berlín (1894), onde se dedicou á fotografía artística de paisaxes, temática que abandonou polos retratos de sociedade da década de 1920. Foi un dos primeiros fotógrafos que realizou bromóleos de cor de tres negativos a partir dunha tricromía e desenvolveu o obxectivo Perscheid (1925), un difusor para retratos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das lauráceas, ao que pertence o aguacate e o viñátigo.
-
-
Acción de perseguir.
-
Conxunto de actos violentos exercidos contra os cristiáns en tempos do Imperio Romano. Suetonio lembra unha primeira persecución, arredor do ano 50, cando Claudio I expulsou os xudeus de Roma, porque alborotaban en nome dun tal Chrestus. Pero foi a partir do incendio de Roma cando Nerón comezou a persecución (64). A mesma actitude foi adoptada polos emperadores Domiciano (94), Traxano (111), Antonino Pío (138-161) e Marco Aurelio (161-180). Ata este momento as persecucións eran parciais e afectaron, excepto a de Traxano, preferentemente á área romana. Séptimo Severo (202-211) decretou a persecución contra os catecúmenos, e Máximo Tracio (235-238) contra os cregos e dirixentes das comunidades. Con Decio (249-251) a persecución estendeuse a todo o imperio, como reacción ao favor dispensado aos cristiáns por Filipe o Árabe, e ante a organización da Igrexa. O mesmo camiño seguiu Valeriano (257-258) e sobre todo Diocleciano (303), decretando a máis universal e cruenta de todas as persecucións....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á persecución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade grega, muller de Hades e filla de Zeus e Deméter. Deusa terrible e presaxiadora de morte e de destrución. Paralelamente, foi tamén unha divindade agraria que recibia culto xunto coa súa nai Deméter. Na relixión romana foi venerada co nome de Proserpina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
perseguible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode perseguir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen persegue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
persecucion.
-
-
Ir detrás de alguén que foxe para alcanzalo ou collelo.
-
Tentar atrapar ou atopar a alguén que se oculta
-
Seguir a alguén por todas partes, molestándoo e acosándoo, para obter algunha cousa.
-
Tratar de conseguir ou de alcanzar algo.
-
Seguir ou acompañar continuamente a alguén
-
Proceder xudicialmente contra algunha persoa para facela comparecer ante os tribunais.
-
Inflixir penas aos adeptos a unha crenza, relixión ou opinión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enxame de meteoros que está relacionado co cometa 1862 III e que anteriormente daba lugar a importantes chuvias de estrelas, que van diminuíndo progresivamente de intensidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal situada entre as de Casiopea, Xirafa, Cocheiro, Tauro, Carneiro, Triángulo e Andrómeda. Contén 153 estrelas visibles a simple vista. O astro principal, á Persei, chamado tamén Mirfak, é unha estrela superxigante de cor amarela, de magnitude visual 1,90 e situada a 470 anos luz. Contén un importante cúmulo de galaxias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe grego, fillo de Zeus e de Dánae. Con esta foi lanzado ao mar por Acrisio, rei de Argos e tío seu. Conducidos polas ondas á illa de Sérifos, foron salvados por Ditti, irmán do Rei Polidectes. Este encargoulle levarlle a cabeza de Medusa. Axudado por Atenea e Hermes, logrou decapitar o monstro e liberar a Andrómeda, filla do rei dos etíopes. Volveu a Argos e viviu con Andrómeda en Tirinto. Tiveron un fillo, Perses, considerado a estirpe dos monarcas aqueménidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Persia, capital do Imperio Aqueménida, fundada po Darío I de Persia (500 a C) e ampliada por Xerxes I e Artaxerxes I. Situada na beira do río Pohar, ao NL de Shīrāz. Entre os numerosos edificios destacan a sala do trono, a das 100 columnas, os palacios de Darío e de Xerxes, o tesouro, o xineceo e as tumbas reais, todo recuberto de baixorrelevos. Destruída e incendiada por Alexandre o Grande (331 a C), as ruínas foron escavadas por Herzfeld e E. F. Schmidt (1930-1940). Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1979).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación de Perseo.