Perseo
Perseo
[ASTRON]
Constelación boreal situada entre as de Casiopea, Xirafa, Cocheiro, Tauro, Carneiro, Triángulo e Andrómeda. Contén 153 estrelas visibles a simple vista. O astro principal, á Persei, chamado tamén Mirfak, é unha estrela superxigante de cor amarela, de magnitude visual 1,90 e situada a 470 anos luz. Contén un importante cúmulo de galaxias.