Perseo
Perseo
[MIT]
Heroe grego, fillo de Zeus e de Dánae. Con esta foi lanzado ao mar por Acrisio, rei de Argos e tío seu. Conducidos polas ondas á illa de Sérifos, foron salvados por Ditti, irmán do Rei Polidectes. Este encargoulle levarlle a cabeza de Medusa. Axudado por Atenea e Hermes, logrou decapitar o monstro e liberar a Andrómeda, filla do rei dos etíopes. Volveu a Argos e viviu con Andrómeda en Tirinto. Tiveron un fillo, Perses, considerado a estirpe dos monarcas aqueménidas.