"Galicia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 405.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Vigo a partir de xaneiro de 1958 que cesou en decembro de 1968 (nº65). Promovida polo Departamento de Estudios Económicos da editorial Galaxia, foi dirixida por Xaime Isla Couto coa colaboración de Ramón Piñeiro, aínda que tamén participaron Xosé Manuel Beiras, quen levou o peso da publicación entre 1963 e 1968, e Anxo Huete, a partir da marcha de Beiras. De gran relevancia para o estudo da economía de Galicia e Europa, abordou desde unha liña progresista-galeguista os problemas do campo galego a través de estudos e estatísticas. Anticipou teses económicas de interese e, durante a etapa de Beiras, caracterizouse pola súa orientación crítica e combativa. Bioloxía, enxeñaría técnica, industria ou comercio, foron algúns dos outros temas desta publicación, de periodicidade moi irregular, que contou con algunhas das máis relevantes personalidades do momento en cada unha das materias tratadas.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir de 1841 que cesou en xaneiro de 1842. Subtitulada “Periódico de ciencias, literatura y artes”, foi dirixido por Manuel Rúa Figueroa. O seu obxectivo era enaltecer Galicia e mellorar a súa situación moral e material, ademais de promover a literatura. Sucesor de El Iris del Bello Sexo, foi suspendida para introducir novidades pero o proxecto non saíu adiante e a publicación non volveu reaparecer.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir do 4 de marzo de 1880 que cesou o 25 de outubro dese ano. Dirixida por Emilia Pardo Bazán, foi unha publicación de carácter literario e de periodicidade semanal que, a partir do número 8 pasou a ser mensual. Incluíu estudos sobre arte, historia e folclore, ademais de numerosas críticas e composicións literarias. Prestou especial atención á literatura francesa e portuguesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Bilbao a partir de 1990. Editada pola Casa de Galicia da cidade, a revista estaba relacionada coas publicacións O Noso Afán, Cultura, O Curruncho, O Currunchiño e Follas Novas, editadas na mesma cidade, como sucedora de O Curruncho e precesora de O Currunchiño. A súa finalidade era informar das actividades da sociedade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Evento anual organizado pola Asociación Ferial Semana Verde de Galicia desde 1978, que ten lugar en Silleda, co obxectivo de dinamizar os recursos agroalimentarios galegos, sendo un escaparate para novos mercados. Desde 1998 realízase no Recinto Feira Internacional de Galicia onde hai foros de debate, concursos, poxas e presentación de novidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico creado en Montevideo por un grupo de galegos próximos a Castelao (Alfredo Somoza, Jesús Canabal, Pedro Couceiro, Antón Crestar, Luís Tobío, Emilio Pita, Manuel Leiras e Manuel Meilán) como homenaxe á figura do galeguista. En emisión en CX 16 Radio Carve desde o 3 de setembro de 1951, converteuse na máis antiga audición radial emitida enteiramente en galego. Dirixido por Manuel Meilán (1950-1994) e por Antonio García de Seárez desde 1994, emitiuse todos os domingos dirixido á colectividade galega en América. Recibiu a Vieira de Prata (1971), o Trofeo Galeguidade do Mundo (1991) e o Premio Galicia de Comunicación (2001).
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Barcelona a partir do 1 de febreiro de 1978. Subtitulada “Voceiro da Emigración Galega en Barcelona”, foi promovida por un grupo de nacionalistas galegos que residían nesa cidade. De natureza política, incluíu colaboracións literarias, tamén cun marcado compromiso político.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 25 de outubro de 1842. Cesou o 27 de febreiro de 1843 (nº52). Subtitulada “Periódico político, literario e industrial”, saíu tres veces á semana editado por Pío Rodríguez Terrazo nos obradoiros de Núñez Castaño e, posteriormente, nos da Viúda e Hijos de Compañel (a partir do nº17).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade sen ánimo de lucro, fundada en 1961, que ten como obxectivos o estudo das afeccións cirúrxicas en todos os seus aspectos, contribuír ao progreso do coñecemento e bens públicos, defender o prestixio e os intereses dos cirurxiáns, así como establecer nexos de unión entre organismos similares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa pública creada en 1994 para coordinar e impulsar o Plan de Desenvolvemento Comarcal. É un centro de innovación, planificación e estudo do territorio, así como un centro de investigación aplicada que colabora con programas experimentais de ámbito europeo, para a aplicación de novas tecnoloxías para o desenvolvemento e a planificación. Conta co Sistema de Información Xeográfica (SITGA), que ten un banco de datos municipal (BDM), onde se almacenan datos socioeconómicos, de infraestruturas e me-dioambientais xeorreferenciados, que permiten situar e analizar os recursos do territorio galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de sociedades obreiras non afiliadas a UGT que simpatizaban coa práctica da acción directa e o apoliticismo. Uníronse nunha xuntanza celebrada promovida polo Centro de Sociedades Obreras de Vigo en 1911 co nome de Confederación Regional Solidaridad Obrera de Galicia. O seu comité tiña sede na Coruña. Despareceu despois da folga xeral promovida pola CNT en outubro dese mesmo ano e tras a que o goberno suspendeu diversos colectivos integrados nela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo unitario integrado pola práctica totalidade dos partidos de esquerdas de Galicia de carácter estatal non nacionalista: o PC de Galicia, a Federación Galega do PSOE, o Partido Socialista Popular (PSP) de Galicia e os comités nacionais galegos da Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e do Partido del Trabajo de España (PTE), xunto a outras pequenas forzas e persoeiros independentes. Vertebrou a estratexia da oposición, que consistía nunha acción combinada de presión e negociación, e defendeu o establecemento dun goberno autónomo para Galicia, con carácter transitorio, en base aos principios e institucións do Estatuto de Autonomía de 1936, como sistema de articulación política nun futuro estado democrático e ata que o pobo galego decidise unha nova fórmula de articulación. Integrouse na Plataforma de Organizaciones Democráticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado na Coruña en 1972. Dirixido por Luís Caparrós e Ezequiel Pérez Montes e promovida pola Fundación Barrié de la Maza, incluíu informacións sobre os teleclubs galegos. Incluíu notas de historia, arte, literatura e fotografía, ademais dunha análise sobre o xornalismo e a televisión en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea pública de televisión da Comunidade Autónoma de Galicia que comezou as súas emisións en probas o 24 de xullo de 1985, integrada na Compañía de Radio-Televisión de Galicia. A súa programación regular, integramente en galego, comezou o 29 de setembro de 1985 con 39 horas semanais, que en 2002 chegaron a 168 horas, a maior parte de produción propia. Emite para todo o territorio galego a través de catro centros emisores (Pedroso, A Bailadora, Domaio e Tomba), que incorporaron a tecnoloxía dixital en 2002. Foi a primeira canle autonómica que emitiu regularmente en vía satélite (1994), ademais de manter a súa propia canle vía satélite cara a América (1997). Recibiu o Trofeo Galeguidade no Mundo (1992) e o Premio Galicia de Comunicación (1997 e 2002).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo de infantaría creado por Filipe II o 27 de febreiro de 1566 e sostido economicamente pola provincia de Galicia. Integrado nas tropas do duque de Alba, participaron na Guerra de Flandres, nas batallas de Groeninhen e Geminghen. Posteriormente tomou parte nas campañas contra Enrique IV de Francia, e distinguiuse en Aumale (1592). No s XVII destacou en diversas campañas en Francia, Alemaña e Flandres. Foi trasladado á Península Ibérica en 1713 e estableceuse en Benavente. Desapareceu tras a reorganización do exército en rexementos e deu orixe ao rexemento de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexemento voluntario de infantaría de liña creado en Bos Aires o 17 de setembro de 1806 por Pedro Antonio Cerviño Núñez, director da Escuela Náutica, para defender a cidade dun ataque británico similar ao acontecido meses antes. Constaba de 600 homes distribuídos en 8 compañías de fusileiros de liña e unha de granadeiros lixeiros, 10 tambores, 1 pito ou pífano militar e, completando a fanfarra musical, as gaitas tomadas como trofeo de guerra ao 71º rexemento de Highlanders de Escocia. Tivo dúas bandeiras de seda branca: unha coronela coas Armas Reais nun lado e a cruz encarnada do Apóstolo Santiago, o seu patrón, no outro; e unha batallona co escudo do Reino de Galicia por un lado e o escudo de Bos Aires polo outro. Foi destinado á Banda Oriental de Uruguay, unha vez ocupada esta a comezos de 1807, pero non entrou en combate pola inmediata caída de Montevideo. O 2 de xullo de 1807 enfrontouse nos Corrales de Miserere ás tropas do xeneral J. Whitelocke e, despois da xornada do 5...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual editada en 1997 en Santiago de Compostela. Dirixida por Eduardo Ramonde e promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias, nos seus artigos analizaba a situación dos concellos en Galicia, a relación destes coa Xunta de Galicia e co Estado, lexislación e acordos das administracións locais.
-
ENTRADA LARGA
[TSXG] Órgano xurisdicional de máis alto grao dos existentes en Galicia, perante o que se esgotan, con algunhas excepcións, os preitos comezados no territorio da Comunidade Autónoma. O precedente remoto hai que atopalo na Audiencia do Reino de Galicia, institución xudicial e de goberno da Coroa de Castela, creada no s XVI e que perviviu ata o sistema xudicial xurdido da Constitución de Cádiz, malia que dalgún xeito perviviu na Audiencia Territorial que a sucedeu ata a creación do TSXG. Como tal o TSXG foi creado polo Estatuto de Autonomía de 1981, aínda que o atraso na aprobación da Lei Orgánica do Poder Xudicial impediu a súa constitución ata maio de 1989. Ten a súa sede na Coruña por mor da decisión adoptada en 1982 a través da Lei do Parlamento de Galicia que fixou en Santiago de Compostela a sede da Xunta e do Parlamento. O seu presidente é nomeado polo rei a proposta do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ). Estivo presidido por Xosé de Cora Rodríguez (1989-1990) e José Ramón Vázquez...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de imaxe e promoción turística de Galicia. Empresa cun capital maioritariamente público dependente da Xunta de Galicia, ten como obxectivo a promoción turística de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo empresarial de comunicación presidido por Santiago Rey Fernández-Latorre desde 1996. Agrupa seis empresas encabezadas polo xornal La Voz de Galicia, ademais de Radio Voz (1985), con oito emisoras de información xeral; a produtora Voz Audiovisual (1985); Canal Voz (1999), especializada en contidos para Internet; Sondaxe (1991), consultoría que elabora estudos de mercado en Galicia, España e Portugal; e Diario de León, cabeceira líder na súa provincia. Tamén vinculada á corporación figura a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre (1997), encargada da conservación do Museo de La Voz e da promoción do programa de educación ambiental Voz Natura e do premio xornalístico Fernández Latorre.