Televisión de Galicia

Televisión de Galicia
Nome científico: [TVG]
[COMUN]

Cadea pública de televisión da Comunidade Autónoma de Galicia que comezou as súas emisións en probas o 24 de xullo de 1985, integrada na Compañía de Radio-Televisión de Galicia. A súa programación regular, integramente en galego, comezou o 29 de setembro de 1985 con 39 horas semanais, que en 2002 chegaron a 168 horas, a maior parte de produción propia. Emite para todo o territorio galego a través de catro centros emisores (Pedroso, A Bailadora, Domaio e Tomba), que incorporaron a tecnoloxía dixital en 2002. Foi a primeira canle autonómica que emitiu regularmente en vía satélite (1994), ademais de manter a súa propia canle vía satélite cara a América (1997). Recibiu o Trofeo Galeguidade no Mundo (1992) e o Premio Galicia de Comunicación (1997 e 2002).

Palabras veciñas

televisar | Televisió de Catalunya SA | televisión | Televisión de Galicia | Televisión Española | televisivo -va | televisor