"Imo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 631.
-
-
Relativo ou pertencente ás mimosáceas.
-
Planta da familia das mimosáceas.
-
Familia de fabáceas constituída por arbustos, árbores e raramente herbáceas. As follas son xeralmente bipinnaticompostas, con estípulas foliáceas ou espiñosas, as flores son pequenas, agrupadas en espigas ou glomérulos, a miúdo unisexuais e pentámeras, de androceo haplóstomo, diplóstomo ou poliandro e de xineceo súpero, e os froitos son en legume. Son plantas tropicais e subtropicais.
-
-
-
Que é o máis pequeno en cantidade ou grao entre os da súa clase.
-
Que acada o valor máis baixo que pode ter algo.
-
Valor mínimo ao que pode chegar algo ou alguén.
-
-
Relativo ou pertencente aos mínimos ou á súa orde.
-
Membro da Orde dos Mínimos. A orde mendicante masculina foi fundada por san Francisco de Paula en Cosenza, en 1435. Chamados inicialmente Ermitáns de San Francisco de Asís, en 1493 tomaron o nome de mínimos e engadiron aos tres votos monásticos (celibato, pobreza e obediencia), o do xaxún coresmal perpetuo. En 1495 fundaron unha orde exclusivamente feminina en Andújar, e posteriormente en Francia. Unha terceira orde fundouse, á marxe do estrito terreo relixioso, para ditar unha serie de normas a seguir propostas para a vida en familia e en comunidade.
-
-
-
Aplícase ao elemento que, nun conxunto ordenado, é máis pequeno que todos os demais elementos do conxunto.
-
mínimo común múltiplo
mínimo común múltiplo.
-
-
Dado un conxunto de n puntos do plano (x 1 , y 1 ), (x 2 , y 2 ),... (x n , y n ), método que permite achar a ecuación y= mx + b da recta que cumpre a condición de ser a que máis se aproxima aos puntos dados. O método dos mínimos cadrados serve tamén para axustar funcións máis complexas ca a dunha recta, como as funcións polinómicas ou exponenciais, e tamén se emprega no estudo da correlación e en numerosos problemas de estatística aplicada á ciencia, á técnica ou á economía.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é extremadamente miserable.
-
PERSOEIRO
Arquitecto barroco. De tradición clasicista, centrou a súa actividade artística en Galicia. Entre 1602 e 1622 foi mestre de obras da igrexa e do patio do colexio de Nosa Señora da Antiga en Monforte de Lemos, seguindo as trazas de Andrés Ruiz. En 1620 iniciou a construción do deambulatorio da catedral de Ourense e realizou a igrexa do mosteiro de Santa María de Monfero (1620-1624).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi xurisconsulto en Zaragoza e escribiu a súa obra en lingua castelá. Da súa produción destacan Arte para componer en metro castellano (1593), obra perdida, e Censura de la locura humana y excelencias de ella (1598), imitación do Eloxio da loucura de Erasmo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén unha soa rima en todos os seus versos.
-
PERSOEIRO
Xeneral e escritor militar italiano, príncipe de Montecucoli. Conseguiu os cargos máis importantes nas guerras do Sacro Imperio Romano-Xermánico: a Primeira Guerra Nórdica (1658-1660) e, sobre todo, a guerra contra os turcos (1661-1664). Escribiu diversos tratados, dos que destaca Della guerra col Turco in Ungheria (1670).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre francés, fillo de Simón IV de Montfort e conde de Leicester. Establecido en Inglaterra desde 1230, casou con Leonor, irmá do Rei Enrique III de Inglaterra. Ocupou o cargo de gobernador de Aquitania (1248), pero a dureza da súa xestión fixo que tivese que volver a Inglaterra, onde encabezou a liga de baróns que arrebataron ao rei as provisións de Oxford. Xunto co conde de Gloucester, dirixiu a oposición (1258) e a revolta dos baróns (1264). Árbitro da política interna inglesa, foi vencido polos realistas na Batalla de Evesham.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e médico. Coñecido como Maimónides, Rambam no xudaísmo e Abū Imram Mūsà ibn Maymūn na literatura árabe, exiliouse de Al-Andalus pola intolerancia almohade e residiu en Fez (1660), Palestina (1165) e Exipto,onde foi cabeza das comunidades xudías. Máis alá da súa vasta produción médica e científica, destacou a súa Dalālat al-ha’irīn (Guía dos perplexos, 1190), que constituíu a obra teolóxica máis completa do xudaísmo rabínico, encamiñada a resolver a aparente contradición entre filosofía e relixión. Xulgada como racionalista polo xudaísmo ortodoxo, desencadeou fortes controversias e influíu notablemente na escolástica, sobre Alberte Magno e Tomé de Aquino. Como especialista no Talmud, escribiu Kitāb al-sira Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ǧ (Libro da elucidación, 1168), un comentario da Mišnà e a codificación...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Especializouse en oftalmoloxía, principalmente no tratamento das lesións do polo posterior do ollo e o desprendemento de retina, e introduciu novas técnicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo municipal da Estrada fundado por Manuel Reimóndez Portela. Centra as súas actividades na custodia, exposición e estudo dos restos históricos, artísticos e etnográficos que proceden do concello da Estrada, entre outros os procedentes do vello laboratorio municipal. Dedica unha sección etnográfica aos oficios e incluso expón unha aula de clase tradicional. Entre as súas iniciativas destaca a elaboración dun arquivo fotográfico relacionado coa historia do concello cunha especial atención á emigración. Edita o anuario Miscelánea histórica e cultural.
-
PERSOEIRO
Escritor ucraíno. Foi o autor das novelas Rossijskij Žilblaz (O Gil Blas ruso, 1814) e Bursak (1825).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo e matemático canadense. Naturalizouse estadounidense e foi profesor de astronomía na Universidade John Hopkins de Baltimore e, desde 1874, editor do American Journal of Mathematics. Tamén foi calculador do Nautical Almanac Office (1857-1877) e superintendente na fin de 1897. Ocupou o mesmo cargo na American Ephemeris. Dedicouse especialmente á astronomía de posición e obtivo novos datos sobre o movemento da Lúa e dos planetas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina de cor laranxa que se funde a 180-182°C. Emprégase no tratamento da enfermidade de Chagas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é moi nobre.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo xaponés. Coñecido como Monzaemon Chikamatsu, foi o primeiro autor que se dedicou profesionalmente ao teatro. Na súa abundante produción predominan as pezas do xénero jidai jōruri, de tema histórico, e con personaxes que pertencen á clase dos samurais, da que destaca a súa obra máis importante, Kokusenya Kassen (1715).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ocupa o lugar número noventa nunha serie.
-
Que corresponde a cada unha das noventa partes en que se divide un todo.
-
Cada unha das noventa partes en que se divide unha unidade.
-
Punto da eclíptica situado a máis altura sobre o horizonte. Determínase contando 90° sobre a eclíptica e a partir da intersección desta co horizonte.
-
-
-
Que ocupa o lugar número novecentos nunha serie.
-
Que corresponde a cada unha das novecentas partes iguales en que se divide un todo.
-
Cada unha das novecentas partes en que se divide unha unidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos destinos finais do home que, segundo a teoloxía católica, son a morte, o xuízo, o inferno ou o paraíso. OBS: Xeralmente emprégase en plural.
-
PERSOEIRO
Monxe e cortesán ruso. Coñecido como Rasputin e como o monxe tolo, levou unha vida aparentemente de asceta e de taumaturgo. En 1905 visitou Peterburgo e introduciuse na corte como home de confianza da Tsarina Alexandra F’odorovna, á que lle fixo crer que podería aliviar as dores do seu fillo e herdeiro á coroa, Aleksej Nikolajevič, que padecía hemofilia. Asumiu o control do goberno, especialmente durante a Primeira Guerra Mundial (1914-1918), cando o Tsar Nicolao II se ausentou para asumir o mando do seu exército. Os seus escándalos e os rumores sobre a súa conspiración a favor de Alemaña, foi algunha das causas do seu asasinato, a mans do grupo de monárquicos formado por Jusupov, Puriškevič e o gran príncipe Dmitrij Pavlovič. Considerouse un dos responsables do descontento popular co tsarismo, réxime que caeu un ano despois, tras a Revolución Rusa.
VER O DETALLE DO TERMO