"Loxia" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 396.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de cuestións relativas aos ovnis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional que agrupa asociacións de investigación e estudos bromatolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado que describe o universo ou o ceo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estuda o sistema excretor ou urinario e, no home, o aparello xenital (estudado na muller pola xinecoloxía), así como a súa fisioloxía e patoloxía. Xurdiu como especialidade autónoma na segunda metade do s XIX. Considérase a Félix Guyon (1831-1920) o seu creador, autor dunhas importantes Leçons cliniques. O seu discípulo Joaquín Albarrán (1860-1912) fixo contribucións decisivas á anatomía patolóxica e á fisiopatoloxía do ril e da vexiga, e o tratamento cirúrxico das súas afeccións (Médicine opératoire des voies urinaires, 1909). Cómpre salientar a introdución das probas de funcionalismo renal, practicadas especialmente por Koranyi, Duckworth ou Schlayer, a finais do s XIX e comezos do s XX, e sobre todo a continuación dos traballos, xa clásicos, sobre a patoloxía interna do ril, de Richard Bright e os seus discípulos. O primeiro transplante de ril realizouse en 1936 cun éxito relativo, que foi confirmado posteriormente grazas ás intervencións de Lawler,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estuda as enfermidades de transmisión sexual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina que estuda todo o que fai referencia ás bandeiras. OBS: A primeira grafía x representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da microbioloxía que estuda os virus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeofísica que estuda os fenómenos volcánicos. Comprende o estudo do conxunto de procesos da xeración dos magmas e a súa evolución durante o ascenso cara á superficie, as rochas volcánicas, os gases volcánicos que saen á superficie a través de fendas ou as fontes termais.
-
-
Conxunto de ascendentes dunha persoa.
-
Ciencia que establece o parentesco entre persoas e liñaxes e estuda a orixe, a descendencia e as alianzas. Complementaria da heráldica e auxiliar da historia, tamén é debedora da bioloxía, da socioloxía, da estatística ou do dereito, entre outras ciencias. En Exipto, India e Grecia, os reis, os eupátridas e os heroes tiñan árbores xenealóxicas que os emparentaban cos deuses. Na Biblia, as listas xenealóxicas teñen a miúdo un sentido simbólico e mnemotécnico. A xenealoxía moderna aparece no s XVI, pero acada o seu cume no s XVII. O xeito de establecer as xenealoxías pode ser moi variado e adoita facerse mediante as táboas xenealóxicas e as árbores xenealóxicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioloxía que estuda as relacións entre a evolución xeolóxica do planeta, a orixe da composición físico-química e de evolución da materia viva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda a idade das rochas e dos minerais, mediante datacións absolutas, a partir da idade doutras rochas ou de fenómenos xeolóxicos (datación relativa). Os tempos xeolóxicos comezan a contar no momento en que na terra sedimentou a masa presente, que probablemente coincida co momento no que se formou a codia terrestre, e acaba no momento actual. Hai dous tipos de unidades para medir os tempos xeolóxicos: as unidades cronoestratigráficas (baseadas na estratigrafía e no paleomagnetismo), e as unidades xeocronolóxicas ou unidades de tempos medidos en anos (baseados nos isótopos radioactivos). As principais unidades xeocronolóxicas son de maior a menor: eón, era, período, época, idade e crono, e as súas correspondentes unidades cronoestratigráficas son eontema, eratema, sistema, serie, piso e cromozona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que ten por obxecto de estudo a composición, estrutura e evolución da Terra. Estuda a Terra no seu aspecto físico, mineral e orgánico; a natureza dos materiais que a compoñen, a súa formación e os cambios ou alteracións que experimentaron desde a súa orixe ata a súa situación actual. Non se desenvolveu como ciencia moderna ata o s XVIII, paralelamente ao desenvolvemento industrial, pola necesidade de atopar substancias como o carbón ou os minerais metálicos. Con anterioridade a Terra era considerada como un escenario inmutable, pero desde a antigüidade algún pensador (Heródoto, Plinio, da Vinci) elaborou ideas ou saberes xeolóxicos, aínda que sen os parámetros propios da ciencia moderna. En 1785 o escocés James Hutton expón a orixe das rochas e en 1801 Werner escribe o primeiro esbozo da xeoloxía histórica e define por primeira vez unha escala de tempos xeolóxicos. W. Smith Brongniart e Cuvier observaron a superposición de estratos e fósiles que contiñan as rochas, orixinándose...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeodinámica externa que se ocupa do estudo das formas da superficie terrestre e das forzas que as orixinan, é dicir, das formas do relevo terrestre. Un dos factores decisivos na evolución morfolóxica do relevo é a erosión, polo que unha gran parte da xeomorfoloxía estuda en profundidade os fenómenos erosivos. As leis da xeomorfoloxía serven para a interpretación da forma de actuar das forzas terrestres en tempos pasados e contribúen a comprender mellor a xeoloxía histórica e a sedimentoloxía. É tamén unha ciencia indispensable para os xeógrafos, posto que describe e explica o contorno natural que pode condicionar unha parte das actividades humanas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda a vellez en xeral e os procesos que conducen ao avellentamento das persoas. Trata sobre todo o que pode acelerar a perda dunha función fisiolóxica ou a integridade somático-psicolóxica do individuo, así como os múltiples problemas de carácter psicolóxico, familiar, económico ou sociolóxico que son inherentes ás persoas que chegan á vellez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estuda o aparato xenital feminino, a súa fisioloxía e as patoloxías que lle son propias. As glándulas mamarias inclúense neste estudo, xa que están influídas polos ovarios e a hipófise. A xinecoloxía, moi ligada á obstetricia, experimentou notables avances coa aparición da ecografía, o desenvolvemento de métodos anticonceptivos e o perfeccionamento das técnicas cirúrxicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia biolóxica que ten por obxecto o estudo dos animais. Apóiase nunha serie de disciplinas especializadas, como a morfoloxía, a anatomía, a histoloxía, a citoloxía, a embrioloxía, a fisioloxía, a ecoloxía, a etoloxía, a bioxeografía, a zooxeografía e a sistemática. A paleontoloxía animal, incluída dentro da xeoloxía, dá finalmente á zooloxía unha visión de conxunto do reino animal e a súa evolución. Con ramas específicas da zooloxía, dedicadas ao estudo dos diferentes grupos animais, pódese citar a mastoloxía, a herpetoloxía, a ornitoloxía, a itioloxía, a entomoloxía, a carcinoloxía, a malacoloxía, a helmintoloxía, e a protozooloxía. A historia da zooloxía empeza como un estudo da estrutura visible dos animais, e xa se documentan descricións de animais en todas as culturas e civilizacións. Considérase a Aristóteles como fundador da zooloxía racional. Na época romana e durante toda a Idade Media considerouse aos animais e ás plantas como a combinación dos catro elementos (auga, terra,...