"Martin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de arreo das bestas.
-
-
Peza de vestir que levaban os homes de armas que consistía nunha calza, que cubría desde a cintura ata os xeonllos, e unhas medias, que cubrían desde os xeonllos ata os pés.
-
Presilla de adorno que se leva na parte posterior dos vestidos, chaquetas ou abrigos.
-
Lance do xogo do monte en que se apunta a tres cartas contra a unha
-
Proceso estocástico de Markov {X n } que, ademais de ter unha esperanza matemática finita para todo valor de t, ten unha esperanza condicionada E[X tn’ X t1’ X t2’ ..., X tn-1’ ] = X tn-1’ , sendo este o valor tomado no instante t n-1’ .
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Johann Paul Ägidius Schwarzendorf.
-
PERSOEIRO
Escultor italiano. Adoptou o futurismo e posteriormente participou no movemento Valori Plastici en Roma. Realizou, sempre desde o punto de vista figurativo, terracotas como La sete e La convalescente, e obras monumentais como La Giustizia corporativa (1937) e Palinuro (1946). Escribiu La Scultura, lingua morta (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico italiano. Converteuse en erudito das Sagradas Escrituras, fundamentalmente na crítica paleográfica do Novo Testamento. Arcebispo de Milán (1978) e cardeal desde 1980, as súas posturas cualificáronse de progresistas ao favorecer o diálogo entre ateos e crentes, así como entre as distintas relixións. Escribiu Non temiamo la storia (1992), La preghiera di chi non crede (1994) e Verso Gerusalemme (2002). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, escultor, arquitecto e teórico italiano. No campo da pintura destacan a Incoronazione (1472) e a Natività (1475) e no da escultura os catro anxos de bronce do altar maior da catedral de Siena (1489-1497). Traballou no Palazzo Ducale de Urbino e dirixiu as obras da igrexa de Santa Maria delle Grazie al Calcinaio, preto de Cortona (1485). Escribiu Trattato di architettura civile e militare.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, teórico e historiador da música italiano. En 1729 ingresou na orde franciscana e tivo como discípulos a Jommelli, Grétry, J. Ch. Bach e Mozart. Publicou unha Storia della musica (1757-1781), que non chegou a acabar, e varias obras teóricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Principal representante da escola de Siena, en 1315 pintou o fresco da Maestà para o Palazzo Pubblico de Siena, influído por Duccio di Buoninsegna e o gótico francés. En Nápoles pintou S. Ludovico da Tolosa incorona il fratello Roberto d’Angiò (1317), en Pisa o Polittico di santa Caterina (1319) e de novo en Siena realizou Guidoricio da Fogliano (1328) para o Palazzo Pubblico e Vita di San Martino na basílica inferior de Asís. Xunto co seu colaborador Lippo Memmi pintou l’Annunciazione (1333). Desde 1340 residiu en Aviñón, onde fixo amizade con Petrarca e fundou unha escola de pintores que influíu na evolución do gótico internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do mar das Antillas, en Pequenas Antillas, que constitúe un departamento francés de ultramar, cun estatuto de colectividade territorial desde 1982 (1.128 km2; 387.000 h [estim 2001]). O relevo é volcánico, moi accidentado e con actividade moderna. O clima é tropical e a vexetación vai desde os bosques húmidos tropicais ata a sabana. A agricultura baséase na cana de azucre, plátanos, ananás e mandioca. Posúe industrias azucreiras, de destilación, de conservas de froitas e tamén explotación forestal e pesqueira, pero o turismo é a principal actividade económica. A capital e principal centro de comunicacións é Fort-de-France. Habitada por indios caribes, foi descuberta por Cristovo Colón (1502) e colonizada pola Compañía Francesa das Indias de América. O tráfico de escravos e o cultivo de cana de azucre e de café outorgáronlle unha notable prosperidade e durante a Revolución Francesa acadou unha certa autonomía, mentres que a poboación negra se sublevou en diversas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san Martiño de Dumio.
-
PERSOEIRO
Bispo de Dumio e arcebispo de Braga (570). Foi o artífice da conversión sueva. A partir do 550 contribuíu decisivamente á cristianización de Gallaecia, mediante a propiciación do monacato e a expansión da nova Igrexa. Gracias á súa intervención ao redor do 559, o Rei Teodemiro converteuse ao cristianismo. Tentou suprimir as supersticións e os restos do paganismo e do priscilianismo aínda presentes na sociedade rural e proporcionar á Igrexa Galaico-sueva unhas normas para poder desenvolver a grande obra de restauración da vida cristiá. Escribiu Parrochiale Suevorum ou Divisio Theodomiri e os Capitula Martini, colección canónica que redactou como colofón e complemento dos Concilios I e II de Braga. Modificou os canons e incluíu capítulos propios en que tratou a represión de diversas supersticións mencionadas no tratado De correctione rusticorum, onde pretendeu corrixir os hábitos e costumes pagáns vixentes en certas zonas de Galicia. Tamén fundou o mosteiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso, fillo dun cabaleiro español e dunha escrava panameña. Cara a 1600 entrou como oblato no convento dos dominicanos de Lima e dedicouse á oración e á penitencia. A súa festividade celébrase o 3 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Panonia 316? - Turena 397) Bispo de Tours (371-397), fillo dun tribuno militar. Foi exorcista en Poitiers, xunto a santo Hilario, que o ordenou sacerdote. Elixido bispo de Tours, o seu episcopado marcou o triunfo do cristianismo no O de Galia e organizou numerosos mosteiros, dos que destaca o de Marmoutier. En Galicia ten un dos cultos máis antigos e considérase protector da colleita do viño e do gando bovino e porcino, e avogoso dos perigos da fame da guerra e tamén dos camiñantes. A súa representación máis coñecida é na que parte a capa para repartir cos pobres. A súa festividade celébrase o 11 de novembro.
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1396-1410) e de Sicilia (Martiño II, 1409-1410), segundo fillo de Pedro IV de Aragón e Leonor de Sicilia. Casou con María de Luna en 1372. Nomeado duque de Montblanc e lugartenente do reino polo seu irmán Xoán I de Aragón, enfrontouse á sublevación de Sicilia (1392), onde reinstaurou no poder o seu fillo (Martiño I de Sicilia) e a súa nora (María I de Sicilia), malia a oposición nobiliaria. Trala morte de Xoán I (1396), accedeu ao trono aragonés e á súa volta de Italia (1397) suavizou algunhas das medidas tomadas pola súa muller, que exercera como rexente, como o proceso contra o Consello de Xoán I. Presionado polos problemas económicos, esforzouse por restaurar o patrimonio real e no exterior tentou acadar a paz con Xénova (1402) pero o apoio dos xenoveses á sublevación de Sardeña impediuno. Apoiu o antipapa Benedicto XIII e posteriormente acolleuno nos seus reinos (1408).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sicilia (1390-1409), fillo do Rei Martiño I e de María de Luna. Casou con María I de Sicilia en 1390 e enfrontouse cunha revolta xeral (1392), que reclamou o apoio das tropas de seu pai. En 1394 someteron a maior parte da illa pero, tralo nomeamento do seu pai como rei de Aragón (1396), enfrontouse en solitario a novas revoltas. Enviuvou en 1398 e herdou o reino, pero volveu casar en 1402 con Branca I de Navarra. Tentou someter Sardeña (1408) e acadou a vitoria de Sanluri. Á súa morte sucedeuno seu pai.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (649-655). Foi apocrisiario en Constantinopla. A súa condena da herexía dos monotelitas irritou a Constantino II, protector do monotelismo, polo que o fixo deter na basílica de Letrán
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Martiño I de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mariño II.
-
PERSOEIRO
Papa (1281-1285). De nome Simon de Brie, apoiou o nomeamento de Carlos de Anjou como rei de Nápoles e conseguiu o pontificado. Excomungou a Pedro II de Aragón despois da ocupación de Sicilia (1282) e o Emperador Miguel VIII Paleólogo (1281), o que provocou a ruptura da unión das igrexas acadada no II Concilio de Lyon (1274). Ameazado polo pobo romano, refuxiouse en Perugia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1417-1431). De nome Oddone Colonna, a súa elección polo Concilio de Constanza (1414-1418) provocou a fin do Cisma de Occidente. Combateu os husitas e as teorías conciliaristas, que limitaban a autoridade pontificia. Foi contrario ao dominio aragonés sobre Nápoles e non obstante chegou a un acordo con Afonso V de Aragón para que retirase o seu apoio ao antipapa Benedicto XIII.
VER O DETALLE DO TERMO