"ONG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • GALICIA

    Escritor. Membro das Irmandades da Fala, colaborou en A Nosa Terra, O Tío Marcos da Portela e Rexurdimento, e foi correspondente de El Pueblo Gallego. En 1936 exiliouse en Arxentina, onde foi presidente da Agrupación de Artistas Gallegos, director da revista Lar e colaborador doutras publicacións e programas radiofónicos, ademais de escribir contos e poesías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de delegados do AIT celebrado en Saint-Imier (cantón de Berna, Suíza) o 9 de setembro de 1872, despois da retirada da minoría bakunista do Congreso Internacional da Haia (2-7 setembro de 1872). Asistiron quince delegados en nome de cinco federacións rexionais (España, Italia, Francia, Jura e EE UU). Aprobouse un pacto de amizade, solidariedade e defensa mutua entre federacións libres, o Pacto de Saint-Imier, que proclamaba a case total autonomía das federacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Francia, en Poitou, comprendida no actual departamento francés de Charente-Maritime. A súa capital é Saintes. Colleu o nome da tribo dos santóns. Tomada sucesivamente polos alanos, os vándalos e os visigodos (419), formou parte do ducado de Aquitania e en 1152 pasou a Inglaterra. Reconquistada polos franceses (1375), durante a Reforma foi un foco importante do protestantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (417 km2; 204.024 h [2000]). A súa capital é Samut Songkhram (35.764 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Doutor en Teoloxía (1998), ordenouse sacerdote en 1970 e desempeñou diversos cargos na diocese palentina como profesor de teoloxía no Instituto Teológico del Seminario de Palencia desde 1975, vigairo xeral desde 1999 e cóengo da catedral desde 2003. En 2005 foi nomeado bispo de Mondoñedo-Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Salzburgo, Austria, situada no curso medio do Salzach (72.200 h [1991]). É un lugar de veraneo e de deportes de inverno nos Alpes, co desfiladeiro e as fervenzas de Liechtensteinklamm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congregación romana encargada de velar pola pureza da doutrina. A máis antiga fundouna o Papa Paulo III en 1542, para combater o protestantismo, co nome de Congregación da Suprema Inquisición. Pío X deulle o nome de Sagrada Congregación do Santo Oficio en 1908 e en 1969 Paulo VI modificoulle as funcións e o nome polo de Congregación para a Doutrina da Fe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador alemán. Documentado ata 1491, formouse como axudante de pintor en diversos países e estivo influído por R. van der Weyden. Atribúeselle A Virxe da roseira (1473) e as pinturas murais do Xuízo Final na igrexa de Sankt Stephan en Breisach, con asimilación das fórmulas flamengas con matices italianos. Realizou gravados sobre coiro e madeira, como Santo Antón atormentado polos espíritos malignos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sheng de China (153.300 km2; 90.790.000 h [2000]). A súa capital é Jinan. Está formada pola península de Shandong e as terras chás que envolven o curso baixo do Huang He. O N e o O son chás mentres que o S e o L son montañosos, están divididos pola chaira de Weifang; no centro está a montaña sagrada de Taishan. O clima é temperado na costa e semicontinental no interior. Produce trigo, millo, algodón e cáñamo, e na costa froitas. Jinan, Qingdao, cidade portuaria, e Weifang son os principais centros industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península de China que penetra no Mar Amarelo diante da península de Liaodong ao N, formando entre ambas o Bo Hai. Cultivan trigo, patacas e tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Meghālaya, India (131.719 h [2001]). Está situada no altiplano de Shillong, preto duns xacementos de lignito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano situado ao L de India, ao S do Brahmaputra. É un bloque de rochas cristalinas que estruturalmente forman parte do bloque de India peninsular (Deccan). Está habitado polos pobos garo e khasi, que practican a agricultura itinerante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, astrónomo e cartógrafo, sobriño de Luis de Góngora y Argote. Membro da Compañía de Xesús, ensinou matemáticas e astroloxía na Universidad de México. Como cartógrafo real realizou, entre outros, un mapa xeral de Nueva España (1675). Como astrónomo mostrou familiaridade cos autores modernos como Copérnico, Galileo ou Kepler.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dinastía song.

    2. Membro da dinastía imperial chinesa fundada por Zhao Kuangyin (960), con capital en Bian (actual Kalfeng). Militarmente feble, non puido impedir que os tátaros do norte creasen un estado ameazador con capital en Pequín, rexido sucesivamente polas dinastías Liao, Jin e Yuan. A invasión jin de 1126 marcou a fin dos songs do norte en Lin’an (actual Hangzhou); a dinastía dos songs do sur mantívose ata que, en 1279, caeu baixo os mongois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Vietnam (9.546 km2; 1.081.700 h [estim 1993]). A súa capital é Thu Dau Mot (43.849 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do SL de Asia (1.200 km), que nace nas montañas de Yunnan, China, e discorre encaixado entre profundas gorxas ata que entra en Vietnam, a uns 500 km do mar, en Lao Kay, onde se converte nun río de chaira que desemboca no golfo de Tonquín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar tailandés. Oficial do exército, participou no golpe de estado conservador de 1932. En 1938 asumiu o poder e implantou unha ditadura dereitista e nacionalista. Destituído (1945), volveu ao poder mediante un golpe de forza (1948-1957), apoiou aos franceses durante a guerra de Indochina, e desde 1955 intentou liberalizar o seu réxime. Derrotado por un golpe de estado (1957), retirouse a Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos songhais, á súa lingua ou ao antigo reino de Songhai.

    2. Individuo do pobo songhai.

    3. Pobo negroide africano dolicocéfalo instalado no curso medio do Níxer, entre Niafounké e Kandi. Dedícanse principalmente á agricultura e á artesanía. Divididos entre Mali e Nixeria, no s XV formaron o Reino de Songhai, favorecido pola súa posición xeográfica no cruzamento das rutas comerciais centroafricanas.

    4. Lingua do phylum nilo-sahariano que fala o pobo songhai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino musulmán que xurdiu nas ribeiras do curso medio do Níxer ao comezo do s XV. O núcleo primitivo, que constituía un pequeno estado tributario do reino mandinga de Mali desde 1325, independizouse en 1400? baixo a dinastía dos Sonni. A súa máxima expansión, todo o antigo reino de Mali, Senegal, Aïr e Bornu, foi asumida durante o goberno da dinastía estranxeira dos Askia, instaurada por Mu ḥ ammad (1493-1529). En 1591 pasou a formar parte do sultanato de Marrocos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río principal da chaira de Manchuria, afluente do Amur. Nace nas montañas fronteirizas de Corea e flúe en dirección NO ata Jilin, ao longo de 1.800 km.

    VER O DETALLE DO TERMO