"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en Nova York en 1880. A diferenza dos grandes museos europeos, os seus fondos foron reunidos por iniciativa privada. Ten coleccións de arte exipcia, grega, romana, oriental e europea, especialmente pintura do s XV. Conta con seccións de arte contemporánea, armas, indumentaria e instrumentos musicais. En 1938 inaugurouse a sección de arte medieval, The Cloisters, situada nun edificio independente, no que se colocaron monumentos trasladados desde Europa, dos que destacan o claustro de Sant-Guilhem-del-Desert e o templo Dender, regalado a EE UU polo goberno exipcio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro de ópera de Nova York, en Broadway, inaugurado en 1883. Estreouse con Fausto e nel representouse, sobre todo, ópera italiana. Tiña capacidade para máis de 3.600 espectadores e nel actuaron as máis importantes figuras de Europa. Derrubouse en 1996 e déuselle o mesmo nome ao novo teatro que se construíu no Lincoln Center de Nova York, cunha capacidade para 3.800 espectadores.
-
REXIÓNS
Rexión de Chile (15.349 km2; 6.189.964 h [estim 2001]). A súa capital é Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a unha metrópole.
-
-
Relativo ou pertencente a un arcebispo.
-
arcebispo metropolitano
Arcebispo que está ao cargo dun arcebispado metropolitano.
-
-
2 metro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Mieszko I (930? - 992) Duque (960?-992) e primeiro soberano de Polonia, fillo do príncipe Ziemomislau Gniezno. Foi o primeiro monarca da dinastía Piest, loitou contra saxóns, checos e teutóns e ocupou Silesia e Cracovia (989-992). Sucedeuno o seu fillo Boleslau I.
-
PERSOEIRO
Rei de Polonia (1669-1673). Escollido como sucesor de Xoán II pola nobreza, non puido enfrontarse á aristocracia. Sucedeuno Xoán III.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Minnesota, EE UU, que está situada á beira do Mississippi (382.618 h [2000]). Forma unha conurbación coa cidade de Saint Paul, que está situada na outra beira do río. É un centro comercial e unha área de cultivo extensivo de trigo, con industrias de maquinaria agrícola, alimentaria, de material eléctrico e de material de transporte.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Forma de mercado na que a oferta se concentra nas mans dun só oferente e a demanda está atomizada. As diferentes configuracións posibles das condicións da oferta dan pé a outras formas de mercado asimiladas con frecuencia a unha definición en sentido amplo do monopolio, como, por exemplo, o duopolio, cando os oferentes dunha mercancía soamente son dous, e o oligopolio, cando se trata dun número restrinxido de oferentes. Do mesmo xeito, cando o mercado se caracteriza pola existencia dunha demanda e moitos oferentes, denomínase monopolio de demanda ou monopsonio. Tamén pode distinguirse entre monopolio natural, cando se fala de recursos naturais dun carácter especial, monopolio económico, cando se trata de organizacións ou empresas monopolistas, e monopolio de dereito, que pode ser privado, como as patentes, e público, como o monopolio do tabaco do estado. O capitalismo monopolista introduce diversas modificacións nas...
-
monopolio señorial
Monopolio que posuía o señor feudal na creación de establecementos e na explotación de servizos de interese común coma o muíño, o forno e a forxa. A súa explotación directa ou o seu arrendamento a terceiros reportaban ao señor unha parte considerable dos seus ingresos, dado que os habitantes do dominio señorial tiñan que servirse necesariamente dos establecementos ou servizos obxecto do monopolio.
-
-
Grande empresa que impón esta forma de mercado.
-
Dereito exclusivo que alguén ten sobre unha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema que favorece o establecemento de monopolios.
-
-
Aplícase ao sistema económico capitalista en que o proceso de concentración do capital se atopa nun estadio avanzado.
-
Aplícase á persoa ou institución que exerce un monopolio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de monopolizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen monopoliza.
-
-
Posuír o monopolio dun mercado.
-
Gozar de algo ou alguén en exclusiva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hipotética partícula magnética constituída por un único polo, norte ou sur. En 1982, Blas Carrera, na universidade de Stanford, presentou os primeiros indicios de detección experimental desta partícula, que aínda non foron confirmados. OBS: Tamén se denomina monopolo magnético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xogo de mesa que ten a súa orixe a finais do s XIX, cando Elizabeth Magie patentou The landlord’s game, unha versión que tivo moi boa acollida en EE UU. Este prototipo era una forma de propaganda anticapitalista na que a creadora intentaba mostrar como os propietarios sen escrúpulos podían conseguir rendas inxustas; pero esta idea inicial cambiou na primeira versión do xogo patentada en 1933 por Charles Darrow, na que o que se promovía era, precisamente, unha idea capitalista e acumuladora de bens e recursos. O obxectivo do xogo é conseguir a bancarrota dos demais xogadores e aumentar a riqueza persoal ata chegar ao monopolio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Karel Maria Polydoor.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e erudito francés. Foi monxe beneditino de Maredsous (Bélxica) e especializouse en cuestións de historia monástica, patroloxía e liturxia. Destacan as súas edicións críticas dos sermóns de santo Agostiño e de san Cesáreo de Arles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deporte de orixe inglesa, semellante ao fútbol, practicado entre dous equipos de seis xogadores cada un montados nunhas motocicletas especiais. O campo, chan e cuberto de céspede, ten forma rectangular e dimensións variables. Cada partido consta de dous tempos de 30 minutos cada un, e o obxectivo é introducir a pelota na meta contraria, defendida por un gardameta, impulsándoa con calquera parte da motocicleta ou do corpo, agás os brazos.
-
PERSOEIRO
Compositor alemán. En 1737 estableceuse en Salzburgo, onde foi compositor da corte do arcebispo. Inventou un método para violín que foi utilizado durante medio século e decidiu abandonar a música para dedicarse enteiramente á formación do seu fillo Wolfgang. Das súas obras destacan un concerto para trompeta e orquestra e unha casación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Polisacárido que resulta da condensación dunha molécula de hexosa ou ácido hexurónico, asociado a unha molécula de hexosamina, portadora ou non de grupos sulfato. Os mucopolisacáridos atópanse unidos por enlaces electrovalentes coas proteínas. Son de carácter ácido, pola presenza de ácido hexurónico. Caracterízanse pola condensación de unidades disacáridas unidas por enlaces lábiles en proteínas. Forma parte do tecido conxuntivo e cartilaxinoso e o seu carácter polianiónico explica o seu papel fixador de catións, sobre todo de calcio e de proteínas.