"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
CAPITAIS
Capital do condado metropolitano de West Middlands, en Inglaterra, Reino Unido (1.024.118 h [1991]). É o centro da aglomeración urbana do Black Country, convertida en núcleo manufactureiro do ferro grazas ao carbón das proximidades. O esgotamento das minas marcou o decrecemento da súa importancia industrial. Na actualidade é aínda un gran centro metalúrxico, con fábricas de motores, maquinaria e automóbiles. Ademais constitúe un importante centro de ensino superior, grazas ás dúas universidades que acolle, a University of Birmingham, fundada en 1900, e a University of Aston in Birmingham, fundada como escola técnica en 1895 e convertida en universidade en 1966. Birmingham tamén é un nó ferroviario e posúe un aeroporto internacional. Nacida nunha encrucillada de camiños, a primeira mención histórica aparece no Domesday book, datado no s XI. Xogou un papel importante durante a Guerra Civil (s XVII), ao aliarse cos parlamentarios. En 1643 foi ocupada e destruída parcialmente polas...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Alabama, EE UU, ao pé das montañas Beaver Creek (258.543 h [1996]). Debe o seu desenvolvemento industrial (baseado no sector siderometalúrxico) á existencia de minas de ferro e de hulla no contorno. Encrucillada das liñas do ferrocarril, foi fundada en 1871 pola compañía urbanizadora Elyton Land, financiada pola compañía ferroviaria oficial, que desexaba contar neste punto cun centro loxístico. O seu aeroporto posúe categoría internacional. Tamén é un destacado centro de ensino superior, sede de tres institucións universitarias: a Samford University, fundada en 1841, o Birmingham Southern College, fundado en 1918, e a University of Alabama in Birmingham, fundada en 1966.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arma primitiva de caza, semellante a unha lanza; consta dun pau que nun extremo leva un ferro de dous palmos de largo, cunha coitela atravesada, cunha punta aguda nun lado e coa figura dunha media lúa no outro. Aínda se usa nalgunhas comarcas galegas, cunha forma un pouco diferente: por un lado ten unha pequena fouce e, polo outro, unha punta inclinada cara a fóra. Esta armazón de ferro vai nun pau de dous metros de largo que adoita ter cravos de cabeza dourada no extremo por onde se colle. Os mozos levábana no ombreiro e con ela ían de noite ás foliadas, fiadeiros, etc. Antano, foi empregada polas tropas galegas para derrotar o exército de de Napoleón na Guerra da Independencia de 1809.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación bixectiva uniformemente continua f tal que f-1 é tamén uniformemente continua.
-
GALICIA
Ensaísta e crítica literaria. Profesora de Literatura Galega na Facultade de Humanidades de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Formou parte do movemento feminista galego dende os seus comezos nos anos setenta e coordina, xunto con Claudio Rodríguez Fer, a publicación libertaria Unión Libre. Cadernos de vida e culturas. Publicou Conversas con Carballo Calero (1989), Carballo Calero: política e cultura (1991), e fixo, en colaboración con Rodríguez Fer, as edicións de Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín (1989) e de Os eidos de Uxío Novoneyra (1990). Como ensaísta ocupouse especialmente da problemática feminista e libertaria, combinando a temática galega coa universal, e como crítica tratou en particular as relacións entre xénero sexual e literatura, sendo pioneira en Galicia destes estudios. Nesta liña publicou os libros: Literatura galega da muller (1991), Escritoras galegas (1992), Libros...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, realizou estudios de Interpretación na Real Escuela Superior de Arte Dramático (Madrid) e de Psicoloxía na Universidade da Coruña. Dende 1988 traballa no gabinete de prensa da CRTVG. Coordinou e colaborou na Revista de RTVG (1991-1994). No eido da literatura infantil publicou Tres nenos nas alturas (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capa superficial dos blastómeros que resulta da división dos ovos ricos en vitelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao blastoderme.
-
PERSOEIRO
Poeta. Coas súas obras El cantar de la noche (1935) e Sonetos amorosos (1936) contribuíu á formación do movemento poético garcilasista, caracterizado pola volta ás composicións clásicas. Cómpre subliñar tamén a publicación de Más allá de las ruinas (1947) e La mutua primavera (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. É autor de diversas obras como Poesías (1854) e Armonías (1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe indio adepto ao Budismo mahāyāna. Príncipe de Sri Lanka, cara ao ano 500 chegou a China como misioneiro budista. Venéraselle como o introdutor da escola budista de meditación (dhyāna) na China e como fundador do Budismo Chan (en xaponés Zen).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico holandés. Profesor na escola de Leiden (1701) de Botánica, Química e Medicina. Foi o precursor do ensino clínico, impartindo as clases ao pé da cama do enfermo, o que levou a esta escola a ser a primeira entre as do seu tempo, e a Boerhaave a ser considerado como o mestre máis eminente; as súas leccións congregaban a numerosos alumnos, chegados de toda Europa. Non se decantou polos sistemas teóricos extremos que se impuñan, ocupándose unicamente da terapéutica e da clínica, seguindo unha liña de volta ao hipocratismo. Creou escola, e un dos seus discípulos, Van Swieten, foi o iniciador da escola clínica de Viena. Entre os seus escritos cómpre subliñar as Institutiones medicae (Institucións do médico, 1708), os Aphorismi de cognoscendis et curandis morbis (Aforismos sobre a curación e o coñecemento das enfermidades, 1709), texto moi coñecido e dunha grande influencia durante todo o s XVIII, o Index plantarum (Índice de plantas), do xardín botánico de Leiden...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. É o autor do castelo de Lunéville (1703-1706), de estilo clásico. Rematou a Catedral de Nancy (1742), iniciada polo seu mestre Jules Hardouin-Mansart. Na igrexa de Saint-Jacques de Lunéville (1730-1749), aproximouse ao Barroco alemán. Construíu diversos hôtels parisienses, como o Amelot (1710-1712) ou o Torcy (1714). Foi un dos creadores da ornamentación rococó: interior do hôtel Soubise (1735-1740), hoxe sede dos arquivos nacionais. Traballou para o duque de Lorena (châuteau de Lunéville, 1702 e 1706) e para o elector de Baviera. Publicou Livre d’architecture contenant les principes généraux de cet art (Libro de arquitectura que contén os principios xerais desta arte, 1745).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arxila que se impregnaba no xeso para adherir os pans de ouro e que hoxe se emprega para dourar obxectos de madeira.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na cidade de Vigo e editada pola Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo. Trataba temas relacionados coa Economía, o Dereito, o comercio exterior e a propiedade industrial, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Vigo a mediados do s XX, editada pola Cámara oficial de Comercio, Industria y Navegación que presidía José Nogueira Dalmas. Nel (nº 105-1972) ofrécense informacións de carácter económico, comercial e xurídico, amais de novidades arredor do funcionamento da propia Cámara. Inclúe as seccións: “El caso y sus normas”, “Actividades de la Cámara”, “Información Económi ca”, “Información Jurídica” e “Información Comercial”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que saíu por primeira vez no ano 1955 nun número que abranguía os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Foi subtitulada como “Ayuntamiento de La Coruña”. Os temas que trataba eran as diversas facetas da vida local coruñesa: “Vida económica Municipal”, “Estadística” e “Obras públicas”. A súa periodicidade foi moi irregular, de feito o número 4 saíu dez anos despois. Nos primeiros números había só algún artigo ou comentario sobre a historia da cidade da Coruña pero, co paso do tempo, a información municipal pasou a dominar toda a publicación.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que tivo diferentes etapas históricas con importantes interrupcións e periódicidade irregular. Nos anos coarenta apareceu en formato de revista e foi dirixido entre outros por José Posada Curros e Lalo Vázquez Gil. No ano 1985 iniciou a súa etapa de maior difusión baixo as sigras de BIM con 40.000 exemplares e periódicidade mensual, en formato tabloide e dirixido por María Xosé Porteiro. Editouse nos talles de Faro de Vigo e a difusión foi gratuíta repartida en tódolos buzóns da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que apareceu no 1956 na cidade de Ourense e que cesou seis anos despois. Non constaba responsable nin director. Cada número tiña abundantes fotografías de Villar. Ademais de información sobre a vida do concello e sobre acontecementos sociais e políticos, incluía noticias culturais e a sección “Orense de ayer y anteayer” asinada por M. Leirós, responsable do Arquivo Municipal, espazo rico en datos da historia do Concello. Contou coa colaboración habitual de Vicente Risco, Xoán Manuel Amor e do xornalista Carlos Almendares, pseudónimo de Isidoro Guede.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que reapareceu no ano 1988, para comezar unha segunda andaina despois da publicación do Boletín de información teatral da Escola Dramática Galega. Nesta época é anual e conta coa colaboración de Anxos Cuña Bóveda, Carlos Morgade, Julio Cardoso e Maribel Álvarez. Introduce dúas novidades importantes, por un lado, os artigos sobre teatro como “Teatro, colonialismo e identidade cultural” de Enrique Buenaventura ou “O teatro galego na encrucillada” de Anxos Cuña. Por outro lado, tamén cobre a información sobre as actividades dos grupos portugueses. A terceira etapa iniciouse no ano 1991 co título de Información teatral. Revista galega de teatro.