"Sion" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 507.
-
-
Acción e efecto de prever.
-
Reserva constituída para cubrir unha necesidade predeterminada.
-
Determinación anticipada, para un prazo máis ou menos longo, do comportamento e a magnitude de certas variables económicas, a partir das que se optimizan as decisións actuais e se planifica a súa execución.
-
predición do tempo.
-
Conxunto de normas legais en favor dos traballadores. En España intégrase no sistema da Seguridade Social, a través do Instituto Nacional de la Seguridad Social, as mutualidades laborais e as mutuas patronais. Comprende as pensións de vellez, invalidez, accidente de traballo, orfandade e paro forzoso.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na Coruña a partir de 1927. Subtitulouse “Órgano de la Federación de Cajas de Ahorro-Montes de Piedad de Galicia”. Cunha periodicidade trimestral, funcionou como voceiro desa sociedade, informando das súas actividades e incluíu noticias, bibliografía e lexislación de carácter económico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Lugar onde se está preso ou detido.
-
prisión celular
Prisión en que cada preso está separado nunha cela ou apartamento.
-
-
-
Pena de privación de liberdade por un tempo determinado. Distínguese a prisión maior, que comprende de seis anos e un día a doce anos, e a prisión menor, desde os seis meses e un día aos seis anos. Ambas as dúas son penas graves e cúmpresen segundo un sistema progresivo, cos graos máximo, medio e mínimo, segundo a gravidade do delito cometido.
-
prisión preventiva
Privación de liberdade do procesado, sen carácter de pena, durante a tramitación da causa. Nun estado de dereito, ningún cidadán pode ser preso senón en virtude dun mandato xudicial. Só pode decretala o xuíz de instrución, e cómpre que conste na causa a existencia dun feito que presente as características de delito, que o xuíz instrutor estime necesaria a prisión preventiva, e que na causa aparezan motivos suficientes para crer responsable criminalmente do delito a persoa contra a que se ha ditar o acto de aprisionamento.
-
-
-
-
-
Que ou quen está cativo.
-
Que está recluído nunha prisión.
-
prisioneiro de guerra /
Soldado capturado polo inimigo. A súa condición xurídica, expresada nas convencións da Haia (1907) e de Xenebra (1929 e 1949), incapacítano a ser suxeito de represión. A Convención de Xenebra declara a nulidade das renuncias unilaterais dos belixerantes, e ordena a repatriación inmediata dos prisioneiros unha vez rematadas as hostilidades.
-
-
Que está privado de liberdade física ou moral.
-
-
-
-
Conxunto de persoas que desfilan ordenada e solemnemente con algún fin público.
-
Cerimonia relixiosa ou litúrxica en que un grupo de eclesiásticos e fieis desfilan solemnemente polas rúas ou polo interior dunha igrexa, acompañando unha imaxe, unha reliquia ou un personaxe, mentres pregan, cantan ladaíñas ou salmos. Entre elas destacan as de Corpus e as de Semana Santa.
-
Conxunto de persoas, animais ou cousas que avanzan ordenadamente uns detrás doutros.
-
-
Acción pola que, na doutrina trinitaria, o Espírito Santo procede do Pai e, en consecuencia, atributo que o distingue das outras dúas persoas. Baseado no Evanxeo de san Xoán, este atributo forma parte do símbolo niceno-constantinopolitano e foi desenvolvido polos pais capadocios. En Occidente engadiuse que o Espírito Santo procede igualmente do Fillo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás procesións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Larva das bolboretas da familia dos notodóntidos. Reciben este nome porque viaxan dun lugar a outro en longas ringleiras, emitindo cada unha un fío de seda que lles serve de guía ás outras. Tanto a procesionaria do piñeiro (Thaumetopoea pityocampa) como a procesionaria do carballo ou da aciñeira (T. processionea) poden provocar pragas forestais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro que contén as ladaíñas, os himnos e as pregarias que se fan nas procesións.
-
-
Acción e efecto de profesar.
-
-
Acto xurídico-relixioso polo que un cristián abraza publicamente e de xeito estable a vida relixiosa, e se compromete a cumprir os votos propios dun instituto. Se o compromiso é para toda a vida, a profesión pode ser perpetua, e constitúe un verdadeiro pacto entre o instituto e o individuo, ou simple, cando o instituto se reserva o dereito de despedida. Esta, ademais, pode ser só temporal, e supón unha segunda proba tras a que o relixioso pode profesar os seus votos perpetuos ou volver ao estado secular. A renovación da vida relixiosa substituíuna por unha simple promesa.
-
profesión de fe
Declaración de adhesión dunha persoa ou dunha comunidade a unha determinada relixión. Sintetiza o esencial da doutrina relixiosa nunha fórmula aprobada. Ten un carácter público e oficial na liturxia eucarística, no bautismo ou nos concilios.
-
-
-
Actividade permanente, que require un título ou unha preparación, e que serve como medio de vida, e ademais determina o ingreso nun grupo profesional concreto.
-
Conxunto de persoas que teñen o mesmo oficio.
-
profesión liberal
Actividade de tipo intelectual que se exerce de maneira independente.
-
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación inicialmente mensual editada a partir de 1999. Subtitulouse “Revista galega de información educativa”. Promovida pola secretaría de Imaxe de FETE-UGT-Galicia e coordinada por Juan Pais Andrade, inclúe informacións relacionadas co mundo do ensino, especialmente referidas ao sistema educativo galego, onde trata aspectos sindicais, profesionais, institucionais e lexislativos, ademais de artigos de opinión sobre actualidade docente. Tamén recolle numerosas experiencias pedagóxicas e didácticas de diversos centros educativos galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á profesión ou ao oficio.
-
Que ou quen exerce unha profesión.
-
Que ou quen exerce como profesión unha actividade que normalmente non se considera como tal.
-
Que está feito por persoal especializado.
-
Persoa que exerce a súa profesión con gran capacidade e calidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de exercer unha profesión con gran capacidade e honradez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utilización dunha actividade non lucrativa, xeralmente un deporte, como medio de lucro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de profesionalizar ou de profesionalizarse.
-
-
Dar carácter de profesión a unha actividade que normalmente non o é.
-
Converter en profesional a unha persoa que realiza unha actividade como afeccionado.
-
Converterse en profesional unha actividade ou unha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran cantidade ou abundancia excesiva de algo.
-
-
Acción e efecto de progresar.
-
-
Sucesión de números a 1 ,a 2 ,a 3 ,...,a n , chamados termos, en que cada un deles está relacionado co anterior segundo unha lei simple. Se cada termo é superior ao anterior, a progresión denomínase ascendente (ou crecente), e se é inferior, descendente (ou decrecente).
-
progresión aritmética
Progresión en que cada termo, a k , é igual ao anterior a k-1 , máis unha cantidade constante d que se denomina diferenza ou razón da progresión: a k =a k-1 +d. Un termo calquera, a n, pode ser calculado directamente mediante a fórmula a n =a 1 +(n-1)d.
-
progresión xeométrica
Progresión en que cada termo, a k , é igual ao anterior, a k-1 , multiplicado por unha cantidade constante r que se denomina razón da progresión: a k =a k-1 r. Un termo calquera, a n , pode ser calculado directamente mediante a fórmula a n =a 1 r (n-1) .
-
progresión harmónica
Progresión en que cada termo, a k, é o inverso do termo correspondente dunha progresión aritmética, b k : a k =1/b k .
-
-
Sucesión simétrica de sons musicais segundo unha lei ou fórmula determinada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situación de indivisión en que está un ben que pertence a máis dunha persoa. Adoita aplicarse ás herdanzas cando os coherdeiros non teñen feita a partición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
prefación.
-
-
Acción de prometer unha cousa e de obrigarse a cumprila.
-
terra prometida.
-