"Tura" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 473.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Discípulo de Filippo Juvarra e Giovanni Battista Sachetti, desde 1741 traballou nas obras do Palacio Real de Madrid. Autor da igrexa de San Marcos de Madrid (1749-1753), remodelou a basílica do Pilar de Zaragoza (1751-1755). Influído pola obra teórica de Blondel, converteuse nun paladín do neoclasicismo. Destacan os proxectos para San Francisco el Grande (1761), para o palacio de Liria (1779) e a fachada da catedral de Pamplona (1783). Desde 1764 foi arquitecto maior da vila de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de romper algo.

    2. Feito de cesar ou interromperse algo como unha relación ou negociación.

    3. Fenda que se produce cando se rompe algo sólido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Foi director do Museo Arqueológico Nacional e colaborou en diversas publicacións progresistas, como La Reforma e La Tribuna del Pueblo. Como poeta, con certos trazos románticos, destacan Elegías (1862) e Las estaciones del año (1879). Tamén escribiu dramas románticos, como Bernardo de Saldaña (1848) e a novela El beso de Judas (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de romper.

    2. Interrupción dunha corrente eléctrica por apertura do circuíto. A ruptura produce sempre efectos prexudiciais (extracorrente e sobretensión), e por iso cómpre dispor de elementos auxiliares de protección.

    3. Interrupción ou cesamento das relacións entre dous ou máis estados a consecuencia dun desacordo que se fai efectivo pola retirada dos representantes diplomáticos respectivos. É un acto de represalia ou de presión dun estado contra outro, e normalmente os seus efectos quedan paliados pola intervención dun terceiro que vela polos intereses económicos e políticos do país afectado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de decembro de 1989. Editada pola Escola de Arquitectura da cidade, ofreceu proxectos, deseños, entrevistas e crónicas dos propios membros da escola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Il Cavaliere Bivilacqua, formouse co seu pai, Arcangelo Salimbeni, e estivo influído por F. Barocci. Traballou en Florencia, Pisa, Perusa e Siena, e a súa produción, dentro da corrente manierista, caracterizouse por un ton cargado e melancólico, e por unha vulgaridade formal. Destaca Madonna col bambino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque Natural situado no NO da provincia de Zamora, moi cerca do límite coa provincia de Ourense. Trátase dunha área de montaña con abundantes vales e lagoas de orixe glaciaria. Conta cunha extensión de 5.027 ha, das que 368 corresponden ao lago de Sanabria, o maior de orixe glaciaria de España. A depresión que se asenta sobre materias precámbricos pechouse debido á formación dunha morena. Está percorrido polo río Tera, que nace na vertente S de Pena Trevinca, a 2.127 m de altitude nun antigo glaciar. Predominan os prados alpinos, os bosques de ribeira e de carballos cerquiños, acivros e teixos, e a matogueira de queiroas que configuran un conxunto no que hai unhas 1.500 especies vexetais. Da fauna destacan o corzo, o lobo, o xabaril, a londra, a aguia real, o falcón, a lagarta galega, a víbora de Seoane, a troita e o barbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero dramático romano relacionado, segundo Livio, coas formas de danza con acompañamento de frautas de óso, creadas en Etruria para a celebración dos xogos romanos de 364 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de saturable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser saturado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de saturar ou saturarse.

    2. Situación dos mercados cun forte exceso de oferta, normalmente temporal, dunha mercadoría e que indica sobreprodución.

    3. Estado de condución, nun dispositivo electrónico (tubo, transistor), que se caracteriza pola caída de tensión pequena e case constante, independentemente da corrente, que debe ser limitada por un circuíto exterior.

    4. Estado ou situación, nun amplificador, en que o sinal de saída é inferior ao que lle correspondería de acordo co de entrada, polo feito de ser este moi superior ao previsto como normal polo aparato. Produce sempre distorsión na saída.

    5. Situación que se presenta cando un recipiente contén un vapor en equilibrio coa fase líquida da mesma substancia.

    6. Estado dun conxunto de axiomas ao que non se lle pode engadir ningún axioma máis sen chegar a unha contradición.

    7. Índice que permite clasificar as rochas magmáticas en función da súa proporción relativa de sílice.

    8. Estado en que se atopa unha substancia ferromagnética situada nun campo magnético elevado, caracterizado polo feito de que a indución magnética toma un valor máximo que é aproximadamente constante independentemente da intensidade do campo magnético.

    9. Zona, nos terreos permeables, onde todos os intersticios e todas as cavidades se enchen de auga e que, polo tanto, contén a capa freática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de saturar ou saturarse.

    2. Que presenta saturación.

    3. Aplícase á solución en que, a unha temperatura dada, o soluto se atopa en equilibrio coa substancia non disolta.

    4. Aplícase aos compostos que conteñen a máxima cantidade de hidróxeno ou elementos equivalentes nas súas estruturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que satura.

    2. Aparato que se emprega para disolver un gas nun líquido na máxima proporción posible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encher algo por completo.

    2. Esgotar a capacidade de absorción dun corpo ou substancia ao impregnala doutra na máxima proporción posible.

    3. Facer funcionar algo ata o límite da súa capacidade.

    4. Encherse algo por completo.

    5. Esgotarse a capacidade de absorción de algo ao impregnarse doutra cousa.

    6. Realizar algunha actividade ata non poder máis ou fartarse de algo. OBS: Emprégase seguido da preposición de.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario e artístico vixente entre 1860 e o fin de século en Milán e Turín. Os scapigliati -E. Praga, Arrigo Boito, C. Arrighi, C. Dossi, G. Faldella e I. U. Tarchetti-, cultibaban un realismo que incorporaba a linguaxe cotiá, e ironizaban sobre a hipocrisía da vida burguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para modificar a afinación habitual dunha ou máis cordas dun instrumento, segundo a afinación indicada no inicio da partitura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de segundoxénito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortar a herba ou os cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO