"bat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
-
Relativo ou pertencente aos hilobátidos.
-
Primate da familia dos hilobátidos.
-
Familia de primates antropoides, da superfamilia dos hominoideos, que se caracterizan polo seu talle pequeno, a presenza de calosidades isquiáticas e o gran desenvolvemento dos membros superiores, que chegan á terra cando o animal está de pé. De réxime vexetariano, e exclusivamente arborícolas, habitan no SL de Asia e Insulindia. Son coñecidos co nome de xibóns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste na alteración da orde gramatical das palabras na frase. Distínguense tres tipos: tmesis, anástrofe e paréntese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos hidrobátidos, ao que pertencen os paíños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de primates, da familia dos hilobátidos, ao que pertencen os xibóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento entre as forzas aéreas británicas (RAF) e alemanas (Luftwaffe) durante a Segunda Guerra Mundial (10.7.1940-31.10.1940). Para lograr a invasión da illa, os ataques aéreos alemáns tiveron como obxectivo os portos do S de Inglaterra, as defensas aéreas británicas, e, desde o mes de setembro, dirixíronse ás grandes cidades, Londres fundamentalmente. O fracaso da invasión obrigou a A. Hitler a aprazar o proxecto, que xa nunca foi retomado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate que tivo lugar no 301 a C na cidade frixia de Ipsos, próxima á actual Afyonkarahisar (Turquía), e no que se enfrontaron con éxito os exércitos de Seleuco I e Lisímaco contra os de Antígono Monóftalmos e Demetrio I de Macedonia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode rebater.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liña que une os puntos do subsolo ou dos fondos oceánicos situados a unha mesma profundidade. OBS: Tamén se denomina liña batimétrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás isóbatas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos lugares de igual profundidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Loita librada durante a Guerra Civil entre o 5 e o 25 de febreiro de 1937, na que se pretendía incomunicar Madrid co resto da zona republicana mediante o corte da estrada de València. A partir do día 12 a contraofensiva republicana logrou deter o avance dos insurxentes e manter o acceso dos víveres. Foi unha batalla de desgaste que ocasionou un gran número de baixas.
-
PERSOEIRO
Médico italiano. Ao servizo de Xoán Xosé e Austria, pasou boa parte da súa vida en España. Seguidor das correntes iatroquímicas, a súa obra Discurso físico e político (1679) constitúe o primeiro texto español que emprega os saberes médicos e químicos do momento para solucionar problemas de hixiene pública.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista xaponés. Adquiriu notoriedade coa narración Izu no odoriko (O bailarín de Izu, 1925). Posteriormente, destacaron Yugikuni (País de neve, 1937) e Sembarazu (Mil cigoñas, 1949). Nas obras posteriores a 1945 xa non hai pegadas da súa inclinación inicial cara ao neoimpresionismo. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1968.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua do phylum austronesio da familia malaio-polinesia que se fala en Kiribati.
-
ESTADO
Estado insular de Oceanía, no corazón do Océano Pacífico, que se estende por unha área duns 3.870 km de L a O, e duns 2.050 km de N a S. Limita con Nauru ao O e Tuvalu e Tokelau ao S (811 km2; 84.000 h [estim 2001]). A capital é Bairiki (2.226 h [1990]).
Xeografía
O territorio de Kiribati está formado por 34 illas e illotes agrupados en diversos arquipélagos: illas Gilbert, Line, Phoenix e Banaba. O clima de Kiribati é ecuatorial e tropical. A maior parte das illas están cubertas por palmeiras cocoteiras que producen o único produto agrícola exportable, a copra. O resto da agricultura é de subsistencia, mentres que a pesca ten unha certa importancia. Os fosfatos de Banaba foron o principal recurso económico das illas (80% das exportacións), pero en 1979 cesou a súa produción. A unidade monetaria é o dólar australiano. A poboación concéntrase en Banaba e nas illas Gilbert.
Sociedade e gobernoDiversidade...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate naval que se desenvolveu o 7 de outubro de 1571 no golfo do mesmo nome, entre as potencias integrantes da Liga Santa e Turquía, a causa da expansión desta polo Mediterráneo oriental. O ataque turco (1570) a Nicosia, que era posesión veneciana, fixo que a monarquía española, representada por Filipe II, os Estados Pontificios, Venecia e algúns estados italianos, se aliasen nunha terceira Liga Santa ou Liga de Lepanto, baixo o patrocinio do Papa Pío V. Constituíron unha flota de preto de 280 barcos e uns 80.000 homes, que partiu de Messina cara a Cefalonia, dirixida polo capitán xeneral Xoán de Austria, con Álvaro de Bazán e Alessandro Farnese como xefes das escuadras secundarias. Aínda que a flota turca era superior, foi derrotada, co que se conseguiu frear a súa expansión momentanemente.
-
PERSOEIRO
Perruqueiro. Preocupouse sempre en destacar os aspectos creativos e artísticos da súa profesión. Dedicado tamén á escultura, escribiu Llongueras tal cual (2002), a súa biografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lobeto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte superior do eixe do rodicio que se une por medio dunha entalladura co touzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Ribadavia. Entre as numerosas armas cómpre citar en campo de prata, dous lobos de sable manchados de prata, linguados de goles, andantes, colocados en pal, e bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro; en campo de goles, tres castelos de ouro ben ordenados, e bordo de prata con sete lobiños da súa cor; en campo de goles, tres castelos de prata ben ordenados e bordo de prata, con sete lobiños da súa cor; en campo e prata, dous lobos de sable, cebados de cordeiriños de goles, e bordo de goles, con oito panelas de ouro; escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con dous lobos de prata andantes e postos en pao, bordo de sable, cheo; e segunda partición, en campo de ouro, cunha cruz de veiros de prata e azul.