Inglaterra, Batalla de

Inglaterra, Batalla de

Enfrontamento entre as forzas aéreas británicas (RAF) e alemanas (Luftwaffe) durante a Segunda Guerra Mundial (10.7.1940-31.10.1940). Para lograr a invasión da illa, os ataques aéreos alemáns tiveron como obxectivo os portos do S de Inglaterra, as defensas aéreas británicas, e, desde o mes de setembro, dirixíronse ás grandes cidades, Londres fundamentalmente. O fracaso da invasión obrigou a A. Hitler a aprazar o proxecto, que xa nunca foi retomado.