Ingenium
Ingenium
[PUBLIC]
Boletín editado por Ediciós do Castro en Sada a partir de outubro de 1988. Cesou a súa edición ao redor de 1996. Subtitulouse “Cadernos de História das Ciéncias e das Técnicas do Grupo Interdisciplinar de Traballo R. M. Aller do Seminario de Estudos Galegos”. Incluía artigos e documentos referidos á historia, á arqueoloxía, á bioloxía e á cultura en Galicia, ademais de biografías de personaxes históricos.