"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Relativo ou pertencente ao arquegonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva arquegonios, produtor de arquegonios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gametanxio feminino. O máis típico é o dos briófitos; nos pteridófitos é máis sinxelo e nas fanerógamas está moi simplificado ou é practicamente inexistente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘estrada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘camiñar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘carreiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tirador de arco.

    2. Soldado que emprega o arco como arma ofensiva. Pola súa destreza, tiveron sona os cretenses, os escitas, os partos, os persas, os hunos e os normandos. Na Idade Media europea figuraban na composición dos exércitos corpos de arqueiros a pé e a cabalo. Os ingleses manexaban no s XIV un grande arco típico, que lles foi moi eficiente na Guerra dos Cen Anos. Os arqueiros figuraban aínda nos exércitos turcos e rusos a principios do s XIX.

    3. Quen practica o tiro con arco.

    4. Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘camiño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Macedonia (413-399 a C) da dinastía dos arxéadas. Fixo construír fortalezas e estradas, reorganizou o exército e orientou Macedonia cara a unha monarquía centralizada de tipo militar. Dedicouse á helenización do seu Reino, onde chamou ao escritor tráxico Eurípides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de Herodes o Grande. Foi Tetrarca de Xudea, Idumea e Samaria (4 a C - 6 d C). Destituído polo Emperador Octavio Augusto debido á súa mala administración, foi exiliado ás Galias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alquimista bizantino. Autor dun poema alquímico Sobre a arte sagrada, supostamente presente na célebre obra alquímica Turba Philosophorum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador grego. Discípulo de Anaxágoras, continuou a orientación da escola xónica. A tradición faino mestre de Sócrates, debido a que se ocupaba xa de cuestións morais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral de Mitrídates VI. Conduciu as campañas contra os romanos establecidos en Asia Menor. Sila derrotouno en Queronea (86 a C) e en Orcomen (85 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte anterior da vesícula encefálica primaria, no desenvolvemento embrionario do encéfalo. En estadios posteriores divídese en dúas vesículas: o telencéfalo e o diencéfalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cavidade interna do embrión en estado de gástrula; comunica co exterior a través do blastóporo e está tapizado polo endodermo. A súa orixe e desenvolvemento, relacionados co aparato dixestivo, é diferente segundo se consideren animais protóstomos ou deuteróstomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de medir un navío.

      2. olume ou capacidade dun navío. Ten por función expresar a capacidade de aproveitamento comercial do navío e é moi importante dende o punto de vista fiscal. Pódese considerar o arqueo total ou tonelaxe de rexistro bruto (TRB), que é o volume dun navío comprendido entre o chan e a cuberta de arqueo máis o de todos os espacios pechados situados enriba desta cuberta, excluídos os tanques de lastre; ou ben o arqueo neto ou tonelaxe de rexistro neto (TRN), que se obtén ao restar ao anterior os espacios necesarios para os diferentes servicios do navío. Do arqueo total dependen o número de homes da dotación, as primas e as limitacións na construción, as limitacións ao mando e os dereitos de dique e carena. Do arqueo neto dependen as tarifas de practicaxe, os dereitos de porto, as estatísticas de navegación e os dereitos de paso polos canais de Suez e Panamá.

      3. certificado de arqueo

        Documento en posesión do capitán do navío e entregado polas autoridades marítimas no que constan as principais características do navío: tonelaxe de rexistro bruto, tonelaxe de rexistro neto, espazo a descontar, etc.

    1. Acción e efecto de arquearse algún obxecto ou de dar forma de arco a algunha cousa.

    2. Inventario dos cartos e os valores existentes na caixa dunha casa de comercio, dunha corporación, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefixo de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘primitivo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade interdisciplinaria que agrupa astrónomos, arqueólogos e outros especialistas e que estudia os coñecementos astronómicos da Antigüidade. Intenta desenvolver interpretacións e explicacións de estruturas arqueolóxicas supostamente baseadas no astronómico (monumentos megalíticos, pirámides exipcias, etc) así como avaliar os coñecementos e os métodos orientados á Astronomía das culturas do pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Individuo do grupo das arqueobacterias.

    2. Conxunto de bacterias que, polas súas características bioquímicas, cómpre considerar un grupo á parte das outras bacterias ou eubacterias. Morfoloxicamente parécense aos organismos procariotas pero polas súas características metabólicas e xenéticas únicas moitos autores considéranas un grupo particular, con categoría de reino. As secuencias de ARN ribosómico que presentan son moi diferentes das secuencias doutros procariotas (as eubacterias) ou das eucariotas. A este grupo pertencen as bacterias produtoras de metano (metanoxénicas), as halófilas estritas (halobacterias) e as termófilas estritas (termobacterias).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudios e técnicas de análise e identificación de restos orgánicos vexetais recuperados en xacementos arqueolóxicos, ben directamente (restos de madeira: antracoloxía), mediante o peneirado fino ou flotación das terras en auga (sementes: carpoloxía) ou mediante a extracción no laboratorio de mostras do sedimento (fitolitos, pole: palinoloxía). Así mesmo, cómpre distinguir entre restos microbotánicos (pole, cutículas, fitolitos ou diatomeas) e restos macrobotánicos (sementes, froitos, madeira e outros vestixios vexetais). O principal obxectivo da arqueobotánica é a reconstrución do medio ambiente no que se inserían os restos contidos no rexistro arqueolóxico. Posto que as plantas se encontran na base da cadea alimenticia, a análise da comunidade vexetal dunha rexión é unha boa metodoloxía para o coñecemento de datos sobre a dieta alimenticia e as actividades económicas dos ocupantes dun xacemento. A comunidade vexetal dunha rexión e dunha época determinadas, ademais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • exetal introducido dende a antigüidade en rexións que non lle son propias debido á acción antrópica.

    VER O DETALLE DO TERMO