"bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
CIDADES
Cidade de Vojvodina, Serbia e Montenegro, situada a 10 km da fronteira con Hungría (97.522 h [2000]). Ten industrias químicas, eléctricas e alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concepto demográfico e xeográfico polo que se considera pouco poboado o territorio onde falta a forza de traballo para aproveitar os recursos potenciais e para permitir unha vida social plena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demo que, segundo unha superstición vulgar que provén da época medieval, tomaba a forma dunha muller e tiña comercio carnal cun home para inducilo a pecar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación que se produce por sulfuro de carbono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concepto demográfico-económico que fai referencia a un desaxuste entre poboación e recursos nun territorio determinado, atribuíble a un exceso da primeira variable. Este desaxuste maniféstase en fame, paro, falta de vivendas, etc, factores considerados obstáculos para o desenvolvemento do grupo social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta un número de habitantes excesivo.
-
PERSOEIRO
Escenógrafo checo. Herdeiro da tradición figurativa, reelaborou a arte da escenografía grazas ás novas posibilidades da técnica. As súas obras caracterizáronse pola pureza arquitectónica e o bo uso da luz e do movemento. Das súas montaxes destacan Hamlet e O furacán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar checo. Durante a Segunda Guerra Mundial, organizou e dirixiu o exército. Máis tarde foi membro da Asemblea Nacional (1948-1968), xefe da Academia Militar (1954-1958) e unha figura destacada do Partido Comunista. Presidente da república durante a Primavera de Praga, mantívose no cargo despois da caída de Dubček (1968-1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jesper Svedberg.
-
PERSOEIRO
Escritor húngaro. O seu primeiro éxito foi Az elsodort falu (O pobo á deriva, 1919), ao que seguiron as novelas Csodálatos élet (Vida milagrosa, 1921), Ölj (Matade, 1921), Karácsony Kolozsvár (Nadal en Kolozsvár, 1932) e as novelas curtas Feltámadás Makucskán (Resurrección en Makucska, 1932) e A kötél legendája (A lenda da soga, 1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta romanesa. Tres veces campioa do mundo (1997, 1999 e 2001), obtivo unha medalla de bronce (2.000 m) e outra de prata (1.500 m) en Atlanta 1996 e unha de ouro (5.000 m) en Sydney 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Os seus filmes caracterizáronse por un forte intimismo. Destacan Apa (O pai, 1966), Budapesti mesék (Condes de Budapest, 1977), Redl ezredes (O coronel Red, 1985) e Édes Emma, Drága Böbe (Doce Emma, estimada Böbe, 1991). Con Mephisto (1981) gañou o Oscar ao mellor filme en lingua estranxeira en 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta húngaro. As súas obras Te meg a világ (Ti e o mundo, 1932), Különbéke (Paz por separado, 1936), Hare az ünnepért (A loita pola festa, 1938) e Régen és most (Antes e agora, 1943) manifestan un ton pesimista. Publicou a escolma Tücsökzene (Música dos grilos, 1947), unha autobiografía en verso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Megye de Hungría (5.936 km2; 582.256 h [2001]). A súa capital é Nyíregyháza.
-
PERSOEIRO
Escritora polaca. Das súas obras destacan Busco a palabra (1945), o poemario Por iso vivimos (1952), Preguntas formuladas a unha mesma (1954), todas elas na liña do realismo socialista. Escribiu tamén Sal (1962), Xente en el puente (1986) ou Fin e principio (1993). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1996.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Peza de madeira plana e de pouco grosor, máis longa ca larga.
-
Peza plana e pouco grosa, de calquera outro material sólido e ríxido.
-
Nome de diferentes utensilios domésticos que presentan unha superficie plana e lisa comparable a unha lámina de madeira.
-
-
-
Lista ou índice das materias contidas nun libro con indicación das páxinas onde son tratadas.
-
Lista sistemática de resultados, xa obtidos e dispostos en forma axeitada, que facilita o traballo posterior do manexo de datos.
-
táboa cronolóxica/de cómputo CRON
Forma gráfica de representar esquematicamente os acontecementos por orde cronolóxica, como a sucesión de soberanos e papas ou os elementos de cómputo dos anos, dos meses e dos días.
-
táboa demográfica
Táboa estatística que recolle os datos, por idades e por sexos, que serven para calcular as taxas demográficas. As máis características son as de mortalidade, natalidade, fecundidade e estrutura por idades.
-
táboa de verdade
Táboa de operación que proporciona, para as diferentes variables de entrada, os valores da operación dada tendo en conta todas as combinacións posibles dos valores das variables.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo unitario integrado pola práctica totalidade dos partidos de esquerdas de Galicia de carácter estatal non nacionalista: o PC de Galicia, a Federación Galega do PSOE, o Partido Socialista Popular (PSP) de Galicia e os comités nacionais galegos da Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e do Partido del Trabajo de España (PTE), xunto a outras pequenas forzas e persoeiros independentes. Vertebrou a estratexia da oposición, que consistía nunha acción combinada de presión e negociación, e defendeu o establecemento dun goberno autónomo para Galicia, con carácter transitorio, en base aos principios e institucións do Estatuto de Autonomía de 1936, como sistema de articulación política nun futuro estado democrático e ata que o pobo galego decidise unha nova fórmula de articulación. Integrouse na Plataforma de Organizaciones Democráticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde de cabalaría creada polo lendario Rei Artur, que reunía aos seus cabaleiros ao redor dunha mesa redonda para evitar todo sentimento de superioridade entre eles. Pertence á materia de Bretaña e ao ciclo do Graal, e os seus personaxes máis famosos, en mans do seu creador, Chrétien de Troyes, como Percival ou Lancelote do Lago, distínguense individualmente polas súas aventuras na busca duns ideais tan profanos como espirituais.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monfero baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -