Táboa Redonda

Táboa Redonda

Orde de cabalaría creada polo lendario Rei Artur, que reunía aos seus cabaleiros ao redor dunha mesa redonda para evitar todo sentimento de superioridade entre eles. Pertence á materia de Bretaña e ao ciclo do Graal, e os seus personaxes máis famosos, en mans do seu creador, Chrétien de Troyes, como Percival ou Lancelote do Lago, distínguense individualmente polas súas aventuras na busca duns ideais tan profanos como espirituais.

Palabras veciñas

tablumela | táboa | Táboa Democrática de Galicia | Táboa Redonda | Taboada | Taboada | Taboada