"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista francesa de arqueoloxía creada en 1844. Editada por Presses Universitaires de France, recolle todos aqueles temas relacionados coa arqueoloxía clásica, especialmente, co estudo da cerámica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista fundada por O. Bloch e A. Terracher (1925), órgano da Société de Linguistique Romane. Céntrase nos problemas e métodos da filoloxía e da lingüística románica, especialmente das linguas galorrománicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista francesa de economía creada en 1890 por C. Gide, E. Villey e A. Jourdan. De periodicidade bimensual, recolle as principais achegas teóricas e de economía aplicada dos economistas franceses.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación fundada e dirixida en París por R. Foulché-Delbosc en 1894, que apareceu ata 1930, cun total de 178 números, recollidos en 80 volumes. Desde 1905 publícouse baixo os auspicios de The Hispanic Society of America de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. En 1919 participou no Congreso del Teatro de la Comedia en Madrid, representando a seis sociedades obreiras santiaguesas. En 1922 acadou, xunto a Manuel Fandiño Ricart, a integración da totalidade do societarismo de Santiago de Compostela na Confederación Regional Galaica. Colaborou no semanario Lucha Social e en 1925 dirixiu Solidaridad Obrera, o voceiro da CNT galaica. Na Segunda República Española, afastado do activismo obreiro, estivo vinculado ao Centro Federal de Izquierda Gallega e presidiu a Federación Agraria Comarcal. Na década de 1960, colaborou coa revista Vieiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa química francesa nacida da fusión da Société des Usines du Rhône (1895) cos Établissements Poulenc Frères (1827). É unha das principais empresas químicas mundiais e a primeira de Francia. Desenvolve a súa actividade preferente nos campos das fibras sintéticas (Rhovyl), produtos farmacéuticos, celulosa e filmes plásticos. En 1982 foi nacionalizada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agustín Fernando Muñoz Sánchez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Ribas de Sil. En 1151 documéntase a súa doazón a Velasco Pérez e a súa nai, Elvira Núñez, por parte de Afonso VII. Do antigo cenobio, restaurado en 1604, só queda parte dunha torre derruída situada detrás da igrexa, que lembra as loitas dos monxes contra os cabaleiros da orde militar de San Xoán na súa encomenda de Quiroga. O templo, hoxe parroquial, foi construído en estilo románico no s XII, pero sufriu numerosas reformas e da edificación orixinal só se conserva a ábsida e a porta norte, con arco de medio punto. Ten unha soa nave de planta rectangular e presenta numerosos elementos que foron considerados protorrománicos e visigodos, aínda que só forman parte da decoración, co que non se pode afirmar que existira un templo anterior no seu emprazamento. O ábsida cúbrese con bóveda de canón no tramo recto e con bóveda de forno na cabeceira semicircular. O arco triunfal apóiase en columnas entregadas. A porta lateral situada no adro, daba acceso ao claustro...
-
-
GALICIA
Médico. Doutor en Medicina, especializouse en cirurxía abdominal e realizou estudos sobre o cancro. Exerceu en Barcelona, onde foi profesor da Universitat Autònoma. Dos seus escritos destacan Tratamiento del cáncer, Tratamiento quirúrgico de las itericias, Cálculos biliares y sus complicaciones (1911), Principios fundamentales de la indicación y de la técnica del tratamiento de las úlceras gastroduodenales. Foi o primeiro presidente do Institut Mèdico-Farmacèutic (1898) e da Societat de Cirugia de Barcelona (1927). Tamén presidiu a Acadèmia i Laboratorio (1922-1924) e o Setè Congrès de Metges de Llengua Catalana (1832).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Meira, situado no centro-L da provincia de Lugo e no NL da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 43° 12’ 07’’de latitude N e 7° 11’ 50’’de lonxitude O. Limita ao N co concello da Pontenova (comarca da Mariña Oriental), ao S cos da Fonsagrada e Baleira (comarca da Fonsagrada), ao L co da Fonsagrada (comarca da Fonsagrada) e ao O cos de Meira e Pol (comarca de Meira). Abrangue unha supercicie de 73 km 2 en que acolle unha poboación de 742 h (2007) distribuída entre as parroquias de Navallos, San Xurxo de Piquín, Santalla, Santiago de Acevo e Os Vaos. A súa capital é o lugar do Chao de Pousadoiro, na parroquia de San Xurxo de Piquín, localizada a 48 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial da Fonsagrada
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo está composto por materiais de cuarcitas, lousas e xistos moi antigos, formados no Paleozoico, fracturados e erosionados. O río Eo cruza o concello... -
PERSOEIRO
Escritor portugués. Centrou a súa obra na súa rexión de orixe e no material lingüístico que recolleu. Destacan Terras do Demo (1919), O Malhadinhas (1922), Andam faunos pelos bosques (1926), S. Banaboião, anacoreta e mártir (1937) e Quando os lobos uivam (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Armand Emmanuel du Plessis de Richelieu.
-
PERSOEIRO
Erudito e investigador literario. Foi profesor da Universitat Autònoma de Barcelona, patrón do Instituto Cervantes e secretario xeral do Centro para a Edición de Clásicos Españoles. Especialista en Petrarca, no humanismo e na literatura medieval e renacentista, publicou La novela picaresca y el punto de vista (1970), El pequeño mundo del hombre (1970), Alfonso el Sabio y la “General Estoria” (1972), Vida u obra de Petrarca (1974), Nebrija frente a los bárbaros (1978) e Primera Cuarentena (1983). Editou numerosos textos e dirixiu Historia y Crítica de la literatura española (1980-1992) en nove volumes. Publicou tamén Texto y contextos. Estudios sobre la poesía española del siglo XV (1990), El sueño del humanismo (de Petrarca a Erasmo) (1993), Mil años de poesía española (1996), con outros autores, e Poesía de España (1996). Recibiu o Premio Menéndez y Pelayo por unha edición crítica do Quijote...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en 1893 por Afonso XIII a Xosé Riestra López. Sucedérono no título o seu fillo Raimundo Riestra Calderón II, marqués de Riestra desde 1923, e o seu neto, Antonio Riestra del Moral, III marqués de Riestra desde 1968. Trae por armas en campo de azul, un castelo de ouro e, saíndo da súa homenaxe, un brazo armado, de prata, cunha espada do mesmo metal, e a cada lado do castelo unha caldeira de ouro. Ao timbre, coroa marquesal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Afonso XIII en 1926 como Monte Malmusí, a José Sanjurjo Sacanell (Iruña 1872-Estoril 1936). Herdou o título o seu fillo José Sanjurjo Prieto , II marqués de Rif. Trae por armas as dos Sanjurjo: en campo de prata, a banda de sable engolada en dragantes de sinople, lampasados de goles. Ao timbre, coroa marquesal.
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. Foi un dos mellores expoñentes da escola siciliana, autor de doce cancións e un soneto.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Relixioso. Foi cóengo lectoral de Lugo e bispo de Mondoñedo (1753-1761). Promoveu a construción do palacio episcopal e fomentou o estudo de teoloxía moral entre os cóengos da súa diocese.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Medievalista. Catedrático de Historia das Literaturas Románicas na Universitat de Barcelona (1950-1970 e 1974-1984), da que foi profesor emérito, e na Universitat Autónoma de Barcelona (1970-1974). A súa tarefa filolóxica centrouse ao redor de tres núcleos: a literatura catalá medieval, as literaturas provenzal e francesa, tamén medievais, e a literatura castelá da Idade Media e dos ss XVI e XVII. Da súa obra cómpre salientar L’humanisme català (1934), Comentaris crítics sobre clàssics catalans (1935), Tratado de heráldica española (1942), Resumen de literatura catalana (1947) e Heráldica castellana en tiempos de los Reyes Católicos (1987). Impulsor da Història de la literatura catalana (1964-1987), realizou diversas edicións de clásicos cataláns, especialmente de Tirant Lo Blanc, ademais do estudo Aproximació al Tirant lo Blanc (1990, Premi Crítica Serra d’Or e Premio Nacional de Literatura 1991). Sobre as literaturas...
VER O DETALLE DO TERMO