"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
PERSOEIRO
Político francés, conde de Mirabeau. Deputado do terceiro estado por Aix-en-Provence, quería para Francia diversas reformas aplicadas gradualmente e no marco dunha monarquía de poder limitado. A partir do outono de 1789 converteuse en conselleiro secreto do rei. Nomeado presidente da Asemblea Nacional en febreiro de 1791, foi autor de panfletos e dalgúns ensaios sobre política e economía, o seu legado principal foron as Oeuvres oratoires.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista francés, marqués de Mirabeau. Adscrito á escola fisiocrática, foi partidario dun imposto que gravase a propiedade da terra, opoñéndose aos privilexios dos fermiers généraux. Escribiu L’amie des hommes ou traité sur le Population (1756) e Theorie de l’impôt (1760).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Calidade de rico.
-
Abundancia de bens materiais.
-
Conxunto de bens económicos dispoñibles para un suxeito ou unha sociedade. Faise referencia á riqueza nun momento determinado, e neste sentido de stock pode empregarse como sinónimo do termo patrimonio. O concepto de riqueza en termos de fluxo denomínase renda, e só pode considerarse como riqueza propiamente dita se foi incluída no reconto inicial de bens.
-
-
Abundancia relativa de calquera cousa.
-
Luxo ou esplendor.
-
-
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Lentellais e Santa Cruz (O Bolo). O seu cumio acada os 600 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e dramaturgo. Coñecido como Corcón, colaborou en xornais, como El Correo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia; e emisoras radiofónicas, como Radiocadena Española, Radio 4 (RNE) e Radio Galega. Produtor de programas culturais da TVG (1987-1989), foi axudante de produción na longametraxe El bosque animado (1986) e director de produción nas curtametraxes Memorias dun parado (1991), Estela do Río (1991) e O caso das galiñas aforcadas (1991). Autor e actor da obra teatral Festa Rachada (1985), estreou e dirixiu as obras teatrais Furga garabela! (2001) e Salitre (2003); ademais foi guionista dos programas Nós, os consumidores (1992-1993), Galicia enteira (1994) e Galeguidade (1995-1996), e das series de televisión Mareas Vivas (2000) e Pratos Combinados (1996-1999), onde tamén participou como actor (2001-2003). No apartado literario publicou Igor...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Henrique Rivadulla Conde.
-
GALICIA
Militar. Foi comandante xeneral da Mariña en Ferrol. Colaborou na Revista de Marina e publicou Visicitudes del Cuerpo de Infantería de Marina (1940), Datos tácticos y logísticos resumidos (1943), Manual del infante de Marina (1944) e Historia de la Infantería de Marina española (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(A Abeleda, Xunqueira de Ambía 31.8.1925) Relixioso e escritor. Membro da Congregación da Misión, doutorouse en Filoloxía Románica coa tese Toponimia de Marín (1979). Cofundador da Asociación Galega de Onomástica e da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, da que foi primeiro presidente, investigou sobre distintos temas da cultura galega (lingua, etnografía, arqueoloxía, historia, etc). Algunhas das súas contribucións de carácter onomasiolóxico, que conteñen vocabulario de recolla propia do autor ou doutras fontes, están agrupadas na colección Léxico rural do noroeste hispánico das que se publicaron títulos como Tear, tecido e complementos (1992), Millo e hórreo, legumia e cestos (1996), Ferramenta e labranza manual (1997), O muíño (1997), Os castiñeiros e as castañas (1997), O forno do pan (1998) e A auga na natureza (2000). Entre as obras lexicográficas destacan as súas achegas subtituladas Contribución al dicionario gallego, recollidas...
-
PERSOEIRO
Relixioso. Dedicouse ao estudo da historia e da arqueoloxía da súa comarca e foi nomeado cronista oficial da súa vila. Escribiu Historia de Puentes de García Rodríguez (1976) e El Santuario de Nuestra Señora del Carmen de As Pontes de García Rodríguez: su origen, historia y devoción (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Presbítero. Das súas publicacións destaca o poema “In laudem Divi Thomae Hymnus”, premiado nun certame literario de Santiago de Compostela, e a obra El servir es condición, sobre o concepto de liberdade en san Tomé de Aquino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Fundador de La Gazzette du Cinéma, debutou na dirección en Paris nous Appartient (1960). Da súa filmografía cómpre salientar L’amor fou (1966), Hurlevent (1985), La belle noiseuse (1991), Haut bas fragile (1994) e Histoire de Marie et Julien (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e editor francés. Director da Nouvelle Revue Française, exerceu como crítico literario e publicou os seus Études (1912) sobre Baudelaire, Cézanne, Debussy, Gide e outros. Prisioneiro durante a Primeira Guerra Mundial, dedicou os anos de catividade á creación literaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Amberg 1352 - Castelo de Landskron, preto de Oppenheim 1410) Conde do Palatinado do Rin (1398-1410) e rei dos Romanos (1400-1410). A causa da destitución do Emperador Venceslau I, foi nomeado rei dos Romanos polos electores eclesiásticos. Loitou, sen poder impoñerse, contra o Rei Venceslau VI de Bohemia e as ligas nobiliarias.
-
PERSOEIRO
Político e politicólogo. Embaixador en diversos países (1973-1979), ministro de Educación e Ciencia (1975-1976), secretario de estado de Asuntos Exteriores (1979-1982). Foi nomeado director xeral de RTVE (1981), elixido senador (1983-1987) e europarlamentario polo PP (1986-1999). Escribiu La bótica del Mamut (1987) e En Europa desde Europa (1987). Recibiu a Gran Cruz de Carlos III e a Gran Cruz del Mérito Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista. Cofundador de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), da que foi secretario xeral ata 1996, foi deputado no Congreso (1977-1995) e portavoz parlamentario da ‘minoría catalana’ ata 1995. Fundou o Partido Reformista Democrático que non obtivo unha representación importante. Foi un dos relatores da Constitución de 1978 e participou tamén no Estatut d’Autonomia de Catalunya.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación cooperativa de consumo creada en Rochdale en 1844 por 28 obreiros, en gran parte tecedores. Recolleu as teorías de Robert Owen e significou o inicio do moderno cooperativismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido pola Raíña Isabel II, xunto co vizcondado de Trobo ao tenente xeneral Xosé Ramón Rodil Galloso en 1836. Trae por armas, en campo de sinople, un guerreiro armado, contornado, situado no flanco destro, atravesando coa súa espada un helmo posto no cantón sinistro do xefe, todo de prata; ao pé do guerreiro un lobo andante, contornado, de sable.
-
PERSOEIRO
Escritor. O xornalismo e a política acapararon boa parte da súa actividade, aínda que tamén destacou como pensador e educador. Esencialmente ecléctico e idealista liberal, aceptou do empirismo o que é cientificamente válido. Espiritualista decidido, propugnou a procura do home americano dentro do panamericanismo. Escribiu Ariel (1900), Motivos de Proteo (1909), El Mirador de Próspero (1913), Nuevos motivos de Proteo (1927) e Los últimos motivos de Proteo (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, fillo de Oveco Bermúdez. Sublevouse co seu pai e co bispo de Santiago de Compostela, Diego Páez, contra Afonso VI. A revolta fracasou e o monarca confiscoulle os bens e desterrouno a Zaragoza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Cego desde os tres anos, estudou música en València e en París con P. A. Dukas. Catedrático de Historia da Música da Universidad Central de Madrid, a súa produción é unha síntese do estilo galante do s XVIII e da arte musical tradicional. Destacan as obras para piano Suite (1923) e Cinco sonatas de Castilla (1951), o Concierto de Aranjuez (1940), para guitarra e orquestra; o Concierto de estío para violín e orquestra (1943), as cancións “Cançó del teuladi” (1934) e “Trovadoresca” (1939), e as obras corais Jo tinc un burro (1933), Quatre cançons en llengua catalá (1946) e Cuatro madrigales amatorios (1948). Foi galardoado co Premio Nacional de Música polo conxunto da súa obra (1982) e o Premio Príncipe de Asturias de las Artes (1996).
VER O DETALLE DO TERMO