"bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Músico. Desenvolveu unha grande actividade como folclorista musical de Galicia e das súas obras destacan Adiós ríos, adiós fontes, Serenata Española e Como chove miudiño, ademais dun Quinteto para instrumentos de corda e unha suite. Foi tamén autor dun Himno Gallego sobre letra de Alfredo Brañas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Relacionado con diferentes escritores e políticos galeguistas, a súa obra poética inscríbese dentro das liñas modernistas de Ramón Cabanillas e Gonzalo López Abente, aínda que con algúns dos trazos vangardistas da obra de Manoel Antonio. Colaborou coas Irmandades da Fala e con diferentes publicacións, como Nós, A Nosa Terra e O Tío Marcos da Portela. Das súas obras destacan os poemarios Abrente (1922), onde se localizan algunhas características da estética de Cabanillas, Curros ou Pondal; e Da vella roseira (1925), en que mestura composicións de tradición popular con outras máis cultas; e o libro Da agra aberta (1956), en que inclúe contos e lendas populares. Foi membro do Instituto de Estudios Históricos do Miño e da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse en París, -na Académie Julien- onde se estableceu ao redor de 1906, aínda que desde 1908 regresou esporadicamente a Galicia e participou nas exposicións rexionais. Na súa obra, de forte riqueza cromática, recolleu todos os postulados impresionistas, especialmente nas súas paisaxes (O piñeiral de Ecuina e Mariña, 1913). Tamén destacan as súas pinturas naturalistas (Nu, 1891 e 1914) ou as composicións idílicas (Idilio vasco,1920; O pastor). Recibiu a segunda medalla no Salon dos Champs-Élysées (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo das costas do S do Peloponeso, Grecia, que constitúe a punta meridional do monte Taíget.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de enerxía luminosa, equivalente a 1 lm/s.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa automobilística creada en 1979 polo grupo francés Peugeot-Citroën ao adquirir as instalacións industriais de Chrysler Corporation en Europa.
-
PERSOEIRO
Político inglés, conde e duque de Shrewsbury. Participou na revolución de 1688, que expulsou aos Stuart e entronizou a Guillerme III de Orange-Nassau. Secretario de Estado en diversas ocasións e gobernador de Irlanda, foi un dos xefes dos whigs, aínda que máis tarde rompeu con eles e, en 1710, pasou ao grupo tory.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar inglés. Interveu activamente na Guerra dos Cen Anos ao servizo de Enrique VI de Inglaterra, que o nomeou comandante en xefe das tropas inglesas, primeiro conde de Shrewsbury e mariscal de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lei de Blondel-Rey.
-
PERSOEIRO
Político, conde de Tyrconnel. Católico e partidario dos Stuart, loitou en Irlanda contra O. Cromwell e conspirou en Londres a favor da restauración monárquica. Xaime II de Inglaterra nomeouno comandante en xefe das tropas irlandesas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico e inventor inglés. Foi un dos pioneiros da fotografía ao establecer o proceso do negativo/positivo, que patentou como o calotipo (1841), despois de experimentar coa cámara escura e a cámara lúcida (1834). O primeiro calotipo foi o da abadía Lacock (1935), pero distintos procesos xudiciais impediron que a técnica se empregara ata 1852. Foi autor do primeiro libro ilustrado con fotografías, The Pencil of Nature (1844), ao que seguiu The Pictures of Scotland. Traballou nos procesos de revelado fotográfico, na microfotografía, a fotografía panorámica e a fotocopia, ademais de patentar o uso da porcelana como soporte fotográfico (1849). Recibiu a medalla de ouro na Exposición Universal de París (1855) e foi membro honorario da Photographic Society of London (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
calotipia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
calotipo.
-
ILLAS
Illa da ría de Pontevedra incluída no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Situada fronte ao porto de Marín (1,5 km2) foi formada na oroxenia herciniana e está constituída por un zócolo de granito de dúas micas. En 1105 a Raíña Urraca cedeuna ao mosteiro beneditino de Poio, que mantivo o señorío ata a desamortización na primeira metade do s XIX. Entre 1865 e 1879 serviu como lazareto. Posteriormente, Uxío Montero Ríos adquiriu a propiedade da illa, que os seus herdeiros transferiron ao estado. En 1943 asignóuselle á Armada, que despois de declarala carente de interese estratéxico e abandonala en 2002, posibilitou que o padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas iniciase, en abril de 2003, o procedemento de incorporación.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Grupo de instrumentos membranófonos de percusión formados por unha ou máis membranas vibratorias estendidas nunha ou máis aberturas dunha caixa de resonancia de materiais e formas diversas.
-
Calquera dos diversos instrumentos membranófonos de percusión, provistos de caixa cilíndrica, formada por tres pezas xuntas por medio de dous círculos que fixan as peles. O instrumento é percutido na súa membrana superior con dúas baquetas, unha redondeada, que produce un son xordo, e outra máis lixeira, que produce un son feble. No que respecta ás dimensións, comprenden desde a caixa clara ata o redobrante, pasando polo timbal.
-
Músico que toca este instrumento.
-
-
-
Obxecto cilíndrico, especialmente baleiro, por analoxía cos tambores ou timbais.
-
Dispositivo empregado para bordar a man no que o tecido se mantén tirante sostido por un círculo ou por unha correa.
-
Peza do revólver, de forma cilíndrica, onde se aloxan as balas.
-
Cilindro xiratorio sobre o que actúa a espiral dun mecanismo de reloxaría.
-
Cilindro baleiro, fixo ou xiratorio, de diferentes tamaños, que forma parte de diversas máquinas ou electrodomésticos.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de madeira coa que se sostén o mastro nalgunhas embarcacións.
-
-
Instrumento tradicional galego de percusión. Forma parte, igual ca o bombo, dos instrumentos de percusión bimembranófonos e a súa orixe está nas culturas antigas do Mediterráneo, desde onde se introduciu en Galicia. Inicialmente empregábase como base rítmica en distintas danzas e ritos máxicos, ata que comezou a utilizarse como acompañamento. Ata a aparición dos cuartetos tradicionais a principios do s XX o tamboril era o acompañamento case exclusivo e indispensable dos gaiteiros solistas. A catedral de Santiago de Compostela tiña un tamborileiro titular xa desde o s XVIII. Como instrumento de percusión é un dos encargados de marcar non só o ritmo, senón tamén as divisións rítmicas do fraseo dos instrumentos que tocan a melodía. Está formado por un corpo cilíndrico central, de madeira, máis longo ca ancho, e dous parches de pel de cabrito que cobren os extremos do cilindro. Os dous parches de pel axústanse ao corpo central con dous bastidores circulares de madeira que están unidos entre...
-
Peixe mariño, de ata 50 cm de longo, co corpo afusado, sen escamas e na rexión ventral ten de 15 a 20 ringleiras de pequenas espiñas. Pode inchar o seu corpo con aire ou auga. Amosa color azulada co ventre e os lados prateados.
-
-
-
Tocar o tamboril.
-
Dar golpes compasados cos dedos ou con outra cousa como se se tocase o tambor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que toca o tambor ou o tamboril.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia (318.000 h [1997]). Situada na ribeira do Cna, posúe construcións mecánicas e industria química e alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO