"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Chegou a Galicia en 1571. Representa, xunto con Mateo López, a ponte entre as caducas tendencias renacentistas (as súas primeiras obras son goticistas e as seguintes renacentistas) e as novas ideas que farían triunfar o purismo en Compostela. En 1571 construíu o primeiro corpo da Torre das Campás da Catedral de Lugo, obra aínda goticista que leva como único ornamento a balaustrada. Seguiu coa Torre das Campás e coas obras da igrexa luguesa de Santo Andrés de Castro. Dirixiu as obras de edificación do hospital de San Roque de Santiago e construíu a capela de San Xacinto, na igrexa conventual de San Domingos de Bonaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático, xornalista e poeta de orixe galega. Foi secretario da Embaixada de Guatemala en San José de Costa Rica (1958) e en Bogotá (1962-1965). Colaborou no Diario de Centro América e La Tribuna. Foi galardoado nos Xogos Florais de Guatemala (1928 e 1943) e membro correspondente da Real Academia. Entre as súas obras en español destacan El dolor supremo (1926), Romances de la barriada (1938) e Síntesis de Guatemala (1966). En lingua galega publicou o poemario Dende o fondo canta o río (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O arcebispado compostelán, constituído por Xelmírez (1100-1140) o 31 de outubro de 1104, ten as súas orixes na diócese de Iria, sufragánea de Braga. Os fitos máis salientables desta fase anterior ao arcebispado son: a descuberta da tumba do Apóstolo Santiago, feito que motivou o traslado a título persoal dos bispos de Iria a Santiago de Compostela; o traslado da sé de Iria a Santiago de Compostela sendo bispo Adaulfo II; e a emancipación de Braga, lograda polo bispo cluniacense Dalmacio e outorgada por Urbano II. Ademais da sé arcebispal, Xelmírez acadou o título de sé metropolitana o 27 de febreiro de 1120 -confirmado o 23 de xuño de 1124-, cando Calisto II trasladou a Santiago de Compostela a metrópole de Mérida. Nestes primeiros tempos, a nova sé metropolitana foi constituída coas dióceses sufragáneas de Beja, Lisboa, Faro, Idanha, Coimbra, Viseu, Lamego, Ciudad Rodrigo, Salamanca, Ávila, Coria, Plasencia, Badajoz e Zamora. No ano 1199, logo de numerosos preitos entre Toledo, Braga e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convocado pola Consellería de Educación, o Concello de Santiago de Compostela, o Instituto de Bacharelato Rosalía de Castro e a empresa Cubiertas MZOV dende o ano 1995, o xurado está formado por estudiantes de COU nas tres modalidades do premio: lingua galega, lingua castelá e lingua estranxeira traducida ao castelán. Na primeira edición recibiron o premio Tic-Tac, de Suso de Toro, Lituma en los Andes, de Mario Vargas Llosa e A la sombra del granado, de Tariq Ali. Na segunda edición (1996), resultaron gañadores Xurxo Borrazás por Criminal, Javier Marías por Mañana en la batalla piensa en mi e Jostein Gaarder por El mundo de Sofía. Na terceira edición (1997), Ruído, de Miguel Anxo Murado e Unha noite con Carla, de Aníbal Malvar, compartiron o premio no apartado de lingua galega, Los héroes de la fortuna, de Antonio Soler e Antonio Tabuci por Sostiene Pereira. Na cuarta edición (1998), os gañadores foron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte sobre o río Ulla, pola marxe dereita pertence á parroquia de Arcediago, no concello de Santiso e, pola marxe esquerda, á parroquia de Berredo, no concello de Agolada. Trátase dunha ponte con tres vans de sillería do século XIX con arcos rebaixados. Está situada no trazado da estrada C-540 de Betanzos a Agolada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico cirurxián. É autor de De recta vulnerum curandorum ratione (Anveres, 1574), que foi traducida ao alemán, ao inglés e ao holandés. A súa vixencia chega ata as edicións do s XVIII (1717).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Discípulo de Teofrasto e condiscípulo de Zenón de Elea. Escolarca, moderadamente escéptico da academia platónica. Dirixiu esta academia despois de Crates durante o período denominado “Academia mediana” ou “segunda Academia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica italiana. Obtivo un extraordinario éxito co seu primeiro filme Mignon è partita (Mignon marchou, 1988) e coa súa segunda realización Verso sera (Ó atardecer, 1990), onde narra un conflito de xeracións interpretado por Marcello Mastroianni. Dirixiu tamén Il grande cocomero (A gran sandía, 1993) e Con gli occhi chiusi (Cos ollos pechados, 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor ucraíno, nacionalizado norteamericano (1928). Viviu en París e, dende 1923, nos EE UU. A partir de 1920 traballou na evocación de figuras humanas mediante a construción de ritmos xeométricos. É un dos principais representantes da investigación cubista na escultura. En 1922 retornou a un depurado clasicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto da documentación da Santa Sé relativa a toda a Igrexa Católica. Primeiramente estivo situado preto da basílica de San Lourenzo, en Damaso no s IV; tres séculos despois repartiuse toda a documentación entre a basílica de San Xoán Lateranicio e a Turris Chartularia, próxima ao Arco de Tito. Durante o pontificado de Inocencio III (1198-1216) comezou a serie ininterrompida dos rexistros papais, que se situou preto de San Pedro do Vaticano. Actualmente as súas principais seccións son as seguintes: chancelería, dataría, cámara apostólica, consistorio (deliberacións) e secretaría do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación periódica do Instituto Diego Velázquez do CSIC (Madrid). Fundada en 1940, continúa a mesma liña da antiga publicación Archivo Español de Arte y Arqueología (1925-1937), dedicada a difundir traballos de erudición sobre diversos temas de arte hispánica, constituíndo a súa fonte fundamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito documental destinado a gardar a documentación producida polas diversas institucións estatais de Castela e da monarquía hispánica. O arquivo contén 61.505 legados e 5.196 volumes, comprendidos principalmente entre os ss XV e XVIII. As series principais catalogadas son títulos de Castela, Flandres, Italia e Portugal, amais de negociacións con Inglaterra e rexistros do selo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Santiago en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación nada en novembro de 1935 e que cesou en xullo de 1944, no número sete. Editada pola cátedra de Anatomía Descritiva e Topográfica da Facultade de Medicina de Santiago, foi dirixida por Ángel J. Echeverri e nela publicáronse traballos de especialistas galegos, españois e portugueses, xunto cunha extensa bibliografía de anatomía, ao final de cada un dos tomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banco con apoio e capacidade para varias persoas que ten debaixo unha especie de arca que serve para gardar cousas, especialmente o gran e a carne de porco curada; emprégase tamén de asento e algúns teñen mesa de madeira incorporada e movible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político colombiano. Ministro de Educación, embaixador e profesor, destacou na súa faceta periodística. É autor de reconstrucións históricas e libros de ensaio: América Tierra firme (1937), Biografía del Caribe (1945), América mágica (1959-1961), Nuevo diario de Noé (1969), América en Europa (1975) e El revés de la historia (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento construtivo característico da arquitectura gótica que transmite o impulso da bóveda da nave central aos contrafortes laterais. Tamén conduce a auga da chuvia fóra do recinto do edificio.

    2. Soporte de aceiro, en forma de V, soldado na parte exterior da cavidade, que ten exclusivamente a misión de soster a parte final da árbore da hélice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco de circunferencia que ten de cotanxente un valor dado. A súa abreviatura é arccotg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro beneditino desaparecido na actualidade. Na igrexa parroquial de Arcos de Furcos consérvanse, no muro L do adro, tres baixorrelevos que parecen proceder da antiga edificación. Así mesmo, consérvase un antigo altar e unha lousa sepulcral do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Participou en distintas montaxes do Centro Dramático Galego, entre as que cómpre salientar Yerma (1990) e Asi é, se vos parece (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO