"bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  •   Oblast’ de Rusia (34.300 km2; 1.284.100 h [estim 1999]). A súa capital é Tambov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza metálica, de forma redonda, que tapa a parte central das rodas para cubrir o buxeiro e os parafusos de enganche.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de roupa feita de pel, tea ou doutro material e que é usada polos pobos de países cálidos para tapar só as partes íntimas.

    2. Especie de calzón de dimensións moi reducidas que se emprega como traxe de baño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pau que se prende no colar ou no pé dos animais, especialmente dos cans para que non poidan saltar ou fuxir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Formado na University of Princeton, na súa obra, escrita con algúns trazos satíricos e románticos, amosou a súa versatilidade. Fíxose popular coa novela melodramática The Gentleman from Indiana (1899), e despois con Monsieur Becaire (1900) e The conquest of Canaan (1905, Premio Pulitzer 1922), posiblemente a súa obra máis exitosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rito propio do culto á deusa Cibeles que se orixinou en Oriente, pero que foi difundido en Occidente, especialmente nas Galias a partir do s II. Consistía en asperxir con sangue dun touro sacrificado o corpo dun devoto, polo que tamén se denomina bautismo de sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista infantil ilustrada en lingua castelá que se publicou en Barcelona desde 1917.A primeira época prolongouse ata a Guerra Civil Española. A segunda época iniciouse en 1941, con series tan populares como La familia Ulises, de Benejam, ou Los grandes inventos del TBO. O seu nome converteuse en xenérico do que tamén se designou co anglicismo cómic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio construído en Vigo entre 1911 e 1927 segundo un proxecto de Antonio Palacios. Substituíu ao Teatro Rosalía de Castro, incendiado en 1910, e ademais empregouse como cinematógrafo e casino. Está formado por dúas salas teatrais superpostas, con diversos salóns de columnas e unha monumental escaleira, iluminada cenitalmente cunha vidreira deseñada por Palacios. A platea da sala principal apóiase nunha bóveda nervada de formigón con arcos moi rebaixados. A fachada principal fai referencia á Opéra de París de Charles Garnier e organízase como un grande arco que acolle grandes ventás e balcóns. Inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa ópera Madame Pompadour. En 1982 Caixanova adquiriuno e rehabilitounno como centro cultural e engadíronselle esculturas de Buciños e Oliveira como remate na fachada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Toda a súa obra, con influencias do decadentismo europeo, manifesta o contraste entre a sensualidade e a moral. Das súas obras destacan Il nome sulla sabbia (1924), Tre storie d’amore (1931), La presenza del male (1948), Gli egoisti (1959) e La terra abbandonata (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela escrita por Antonio López Ferreiro e publicada por entregas en 1894 no xornal El Pensamiento Gallego. O autor introduciu no seu inicio un “Aviso ao bondadoso lector”, onde reflexiona sobre cuestións lingüísticas e o obxectivo do libro. A historia transcorre en Santiago de Compostela entre 1543 e 1546, e narra un enfrontamento entre os poderes civil e eclesiástico, atmosfera na que ten lugar unha historia de amor entre a filla dunha tecedeira, un criado e un escribán. O autor pretendeu transmitir a idea de que os problemas de Galicia viñan do centralismo da administración castelá. Escrita en galego na época do Rexurdimento, contribuíu á modernización da novela na literatura galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Metereólogo. Fundou e dirixiu o observatorio de Trappes. As súas investigacións mediante globos sonda levárono ao descubrimento da estratosfera en 1899. Escribiu Les bases de la météorologie dynamique (1898-1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Borgoña (595?-613) e de Austrasia (612-613), fillo de Khildeberto II, sucedeu a este en Borgoña. Estableceuse en Orléans e comezou a reinar baixo a titoría da súa avoa Bruniquilda, que residía en Metz co seu irmán maior Teodoberto II de Austrasia. En 610 tentou invadir Alsacia e tivo fortes loitas co seu irmán Teodeberto II, que venceu en Toul en 612 e así se coroou rei de Austrasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria e Borgoña (673 e 675-691) e de Austrasia (679-691), irmán e sucesor de Clotario III. Durante moitos anos foi pupilo do mestre de palacio Ebroín, quen o impuxo como rei de Neustria á morte do seu irmán. Deseguido foi deposto pola nobreza. Morto Khilderico II de Austrasia en 657, volveu ser nomeado rei, pero Ebroín derrotouno e opúxolle ao seu fillo Clodoveo III. Chegaron a un entendemento e Ebroín protexeuno de novo e impúxoo en Austrasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo afectado de termofobia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que consta de catro sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e coleccionista de arte. Ampliou e completou unha colección de arte que iniciou o seu pai Heinrich Thyssen-Bornemisza de Kaszon (1875-1947), que comprende unha extensa representación da pintura europea do s XIV ao XX, obras dos primitivos americanos, esculturas, xoias e esbozos teatrais, entre outros. Unha boa parte dela foi cedida temporalmente ao goberno español en 1988 e constituíu o Museo Thyssen-Bornemisza en Madrid. En 1993 a colección foi adquirida polo goberno español e cedida á Fundación Thyssen-Bornemisza. Casou coa española Carmen Cervera, que tamén cedeu parte da súa colección ao museo madrileño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia xudía de científicos e tradutores. Encabezada por Y ĕ huda ibn Saul ibn Tibb ō n de Granada e instalada en Provenza, os seus mestres levaron a cabo un importante labor de tradución ao hebreo de obras escritas en árabe. Destacaron tamén Šĕ muel ibn Y ĕ huda ibn Tibb ō n , fillo do anterior, e o seu fillo Mo š é ibn Šĕ muel ibn Tibb ō n (Marsella 1240-1283). Outros membros da familia, e tamén tradutores, foron Ya’aqob ben Mahir ibn Tibbōn e Abba Mari al-Anatoli (1194 -1285), xenro de Šĕmuel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido carboxílico en que un átomo de osíxeno ou ambos os dous foron substituídos por átomos de xofre. Segundo o número de átomos presentes na molécula, denomínanse ácidos monotiocarboxílicos, que presentan tautomería, e existen as dúas formas posibles no que respecta ao enlace carbono-xofre, e ácidos ditiocarboxílicos, dos que destaca o ácido ditiocarbónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das persoas encargadas de poñer en funcionamento o botafumeiro da catedral de Santiago de Compostela. A súa vestimenta consiste nunha gran túnica vermella e, para facelo mover, tirando dunhas cordas de esparto e co apoio dunha roldana situada nel conseguen que este se balancee ascendendo ata a bóveda.

    VER O DETALLE DO TERMO