"bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Relación empírica descuberta en 1766 por Johann Daniel Titius e difundida por J. E. Bode en 1772, que dá as distancias dos diferentes planetas ao Sol a partir da sucesión 0,4; 0,7; 1,0; 1,6; 2,8; 5,2. Estes valores coinciden cos valores das distancias dos planetas ao Sol, medidas en unidades astronómicas (UA). O descubrimento dos planetas Neptuno e Plutón puxo de manifesto que as distancias reais ao Sol non correspondían coas preditas por esta lei. OBS: Tamén se denomina lei de Bode.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rampla inclinada para que os nenos esvaren por ela.

    2. Rampla lisa e en pendente que serve para transportar cousas ou esvarar por ela desde un punto superior a outro inferior.

      1. Zorra longa, tirada normalmente por cans, que empregan os pobos do N de Canadá.

      2. Zorra similar á anterior, pero de dimensións máis reducidas, que se emprega en deportes de inverno para descender por pistas de pendente pronunciada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Asia de 1.591 km de lonxitude, que nace en Kazakhstán, no altiplano de Siberia Occidental, atravesa os oblasti rusos de Kurgan e T’umen’ e desemboca no Irtyš.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao NL de Alcázar de San Juan (2.069 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olta que dá sobre si mesmo un corpo cando cae.

    2. Movemento violento e brusco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro grande de pergamiño con ilustracións en miniatura, onde as igrexas, concellos e comunidades tiñan copiados literalmente os privilexios e demais escrituras das súas pertenzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lotaría, de carácter benéfico ou comercial, en que diferentes obxectos son ofrecidos como premios.

    2. Posto dunha feira onde se sortean estes premios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recheo formado por unha frecha ou cordón litoral que une unha illa ao continente. É orixinado pola acumulación de materiais que achegan as ondas entre a illa e a liña de costa. Poden ser simples ou dobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Mali (496.611 km2; 462.000 h [estim 1995]). A súa capital é Tomboutou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capital da rexión de Tomboutou, Mali, situada ao NO do gran meandro do Níxer (19.166 h [1976]). Fundado polos bérberes, probablemente tuaregs, islamizados (1077?), foi un florecente centro comercial (ouro, sal e escravos) e cultural do Islam africano. Anexionada ao Reino de Mali en 1336 e ao imperio dos Songhay en 1468, a partir da expedición marroquí a Sudán (1591) dependeu dos sultáns de Marrocos. A comezos do s XVIII iniciou a decadencia, tanto económica como cultural, e volveu pasar a mans dos tuaregs (1792). O tratado franco-británico de 1890 asignoulla a Francia, que a ocupou ata 1894.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia súbita e forte de pouca duración que pode ir acompañada de vento e descarga eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    cabo de Boa Esperanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, pintor e escultor. Coñecido como Indaco, foi colaborador de Miguel Anxo. En 1520 trasladouse a Granada, onde pintou unha parte do retablo da Santa Cruz (1521) na Capela Real e tallou o Enterramento de Cristo. En Murcia, interveu na construción da sancristía e da torre da catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi director xeral da UNESCO (1948-1952) e membro numerario da Academia Mexicana de la Lengua. Da súa obra poética destaca Fervor (1918), El corazón delirante (1922), Biombo (1925) e Sin tregua (1957), e dos seus ensaios Contemporáneos (1928) e El escritor en su libertad (1953). Tamén publicou novelas, narracións e as memorias Tiempo de Arena (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo da Costa da Morte, situado no litoral da parroquia de Touriñán (concello de Muxía), que constitúe o extremo máis occidental da España peninsular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Pertencente á Promoción de Enlace, ingresou no corpo de funcionarios de Facenda. Trasladado a Ourense, participou nos círculos literarios de Vicente Risco, malia as súas diferenzas ideolóxicas. Expulsado como funcionario polo seu ingreso no PCE, en 1973 participou na homenaxe a León Felipe en México. A súa obra está marcada polo pesimismo, o sentimento poético sincero e auténtico, o existencialismo, o intimismo e a preocupación social, ademais da fallida busca de Deus. Publicou en castelán El tren y las cosas (1960, Premio Marina de Poesía 1959), El ladrido (1961), La Lanzada (versos hacia el mar) (1964) e La barca (1974). Da súa produción en galego cómpre salientar os poemarios Arredores (1962), que representa o testemuño dunha desesperada conciencia de soidade e do que parten as súas dúbidas existenciais: Non (1967), Poesía galega completa (1974), Calados esconxuros (1980), Berros en voz baixa (1990)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Gonzar (Portomarín) situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO