"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • MONTES

    Monte de serra de Santa Eufemia, na fronteira hispano-lusa. A vertente galega pertence ao territorio da parroquia de Río Caldo, no concello de Lobios. O seu cumio acada os 1.231 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De tendencia neoclásica, foi un dos fundadores da Arcadia Lusitana. Unha parte das súas obras publicáronse en Lisboa en seis volumes (1807-1817).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político chileno. Participou nos principais feitos da independencia chilena. Foi ministro de Guerra e Mariña (1830 e 1841-1842), intendente de Valparaíso (1842) e de Concepción (1848). Candidato ás eleccións presidenciais de 1851, foi derrotado e iniciou unha sublevación en Concepción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional non gobernamental de carácter humanitario fundada en 1863 para auxiliar os militares feridos nas contendas bélicas. Co paso do tempo ampliou o seu ámbito de actuación á asistencia dos prisioneiros de guerra, ás víctimas das guerras civís ou desastres naturais, á atención sanitaria e á axuda a persoas incapacitadas. A súa fundación produciuse na Convención de Xenebra de 1863 baixo a iniciativa de Henry Dunant. Entendeuse como unha organización neutral encargada do coidado dos feridos nos campos de batalla. Os principios da Convención sobre o seu funcionamento aínda seguen en vigor: humanidade, imparcialidade, neutralidade, independencia, carácter voluntario, unidade e universalidade. A creación da Media Lúa Vermella tivo lugar en 1929 como consecuencia da aversión que se tiña nos países islámicos á cruz latina vermella dende os tempos das cruzadas e que nalgúns casos, como na guerra que en 1876 enfrontou a Montenegro, Serbia, Romanía e Turquía, orixinou dramáticas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prateiro. En 1763 realizou unha cruz para a igrexa de San Pedro de Filgueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de cruzar ou cruzarse.

    2. Lugar onde se cruzan dúas ou máis cousas, especialmente vías ou camiños.

      1. Reprodución sexual que ten lugar entre dous individuos xenotipicamente distintos.

      2. cruzamento consanguíneo

        Cruzamento entre individuos que presentan un grao importante de parentesco.

      3. cruzamento selectivo

        Cruzamento entre individuos que presentan características xenotípicas concretas polas que son escollidos. Realízase normalmente con fins experimentais, para estudar a herdanza dun carácter, ou prácticos, para a mellora de razas e variedades de cría ou cultivo.

    3. contaminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Martiño de Cruzul (Becerreá) que pertenceu á familia Erbón. Non se conservan restos da torre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles mariños da superfamilia dos plesiosauroideos. De ata 4 m de lonxitude, presenta extremidades transformadas en aletas longas e flexibles, pescozo longo e cabeza con numerosos dentes afiados que lle serviron para alimentarse de pequenos peixes nos mares de finais do Xurásico. Os principais xacementos están en Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fentos da orde das pteridais. Presenta rizomas rastreiros e frondes, de ata 30 cm de lonxitude, varias veces divididas, de cor verde clara, cos pecíolos moi longos e verdes. As frondes estériles teñen os lóbulos ovados e dentados mentres que as frondes fértiles son máis grandes, teñen os lóbulos máis longos e de marxe enteira e presentan os soros dispostos de xeito marxinal e cubertos polo extremo do limbo. A especie C. crispa vive na Península Ibérica nos pedregais que permanecen con neve a maior parte do ano polo que en Galicia está restrinxida aos cumios das serras orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da familia das taxodiáceas ao que pertence o ciprés xaponés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas da clase das criptofíceas, con dous flaxelos subapicais que están inseridos nunha depresión, coñecida como vestíbulo, e un cloroplasto bilobulado cun pirenoide entre os dous lóbulos. Abunda no plancto de augas doces eutróficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas da familia das deleseriáceas, caracterizadas por ter talos con veas ou nervaduras moi patentes. Destaca a especie C. ramosa, de ata 15 cm de lonxitude e de cor avermellada ou apardazada, que vive fixa ao substrato por medio dun disco basal en fendas de rochas ou sobre outras algas do xénero Laminaria nos niveis mesolitoral inferior e infralitoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Áctor e Molíone. Xunto ao seu irmán Éurito, coñécense coma os Moliónidas. Ambos os dous foron asasinados por Heracles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filla de Foroneo e irmá de Clímene. Fundou un santuario na cidade de Hermíone dedicado a Deméter, co nome de Deméter Ctonia (Deméter Subterránea).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás divindades que se relacionaban coa vida subterránea, como Hades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista científica dedicada ao estudo da historia medieval da Península Ibérica, fundada en Bos Aires en 1944 por Claudio Sánchez Albornoz. Cesou a súa publicación en 1981. Editada polo Instituto de Historia de España, impulsou de maneira decisiva os estudios -especialmente de historia política e institucionais- dos reinos de Asturias, Castela e León na Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe publicada por Ediciós do Castro a partir de 1970 e da que se editaron sete números. No primeiro deles recolleu traballos de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo sobre as creacións elaboradas polo Laboratorio de Formas, pertencente a Cerámicas do Castro. Os seguintes números foron monográficos; o segundo, titulado “O libro galego a discusión”, de novembro de 1974, incluíu as conclusións do I Seminario encol do Libro Galego con textos de Ramón Piñeiro, Luís Seoane, Fernández del Riego e Ricardo García Suárez; no terceiro, de abril de 1975, titulado “Presencia de Galicia”, aparecen diversas fotografías da fachada de Praterías da catedral e das gárgolas do antigo hospital de peregrinos de Santiago de Compostela; o cuarto reproduce conferencias de Ramón Piñeiro, García-Sabell, Rof Carballo e Rafael Dieste sobre a cultura galega na inauguración da Galería Sargadelos en Madrid. En maio de 1978 lanzou o quinto número titulado “Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual editada a partir de 1980 en Sada polo Seminario de Estudos Galegos coa colaboración da área de xeoloxía e minería da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e o Instituto Universitario de Xeoloxía. Dirixida por J. R. Vidal Romaní, conta cun consello científico formado por especialistas de diversos institutos e universidades, como I. Asensio, M. Peinado, A. Marcos, F. Noronha, L. G. Corretge, R. Vegas, J. R. Martínez Catalán e F. Vilas. Os seus artigos están escritos en inglés, castelán ou portugués. Entre os seus obxectivos figuran a divulgación da xeoloxía en Galicia e todo o relativo ao período hercínico na Península Ibérica. Ocasionalmente edita algúns números monográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor nicaraguano. Poeta de vangarda, escribiu, entre outras obras, Poemas nicaragüenses (1933), El jaguar y la luna (1959), Zoo (1962) e Cantos del Cifar (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión provisto de catro motores que, en xeral, se dispoñen simetricamente no eixe da fuselaxe, nas alas ou na mesma fuselaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO