"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Crítico de arte italiano. Eséxeta da plástica contemporánea, foi presidente da Asociación Internacional de Críticos de Arte e alcalde de Roma. Publicou moitos libros e artigos sobre estética xeral, metodoloxía, urbanismo, etc, así como monografías sobre diversos artistas e a síntese L´arte moderna 1770-1970 (A arte moderna 1770-1970, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos filamentos que prolongan o casulo do gran do trigo e doutros cereais.

    2. Porción miúda de calquera cousa.

    3. Espiña do peixe.

    4. Cesta de cánabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual e gratuíta publicada en Santiago en maio de 1989, dirixida por Anxos Domenech Presa. Subtitulábase “Revista gallega del campo y el mar”. Contaba coas colaboracións de César Lumbreras, Pepe Casal e Xesús Ferreiro, xunto coas de Emilio Lavandeira no humor gráfico e Adela Cano no horóscopo. Incluía información sobre o campo e o mar, feiras e exposicións, aldeas e vilas de Galicia, entrevistas e unha axenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo suízo. Gran defensor da teoría da deriva continental de Wegener, esforzouse en explicitar a orixe dos relevos alpinos no marco xeral desta teoría. Así estudiou a tectónica dos Alpes (Les nappes de recouvrement des Alpes occidentales, 1911; Sur l’arc des Alpes occidentales, 1916) e interpretouna como un efecto da comprensión dun xeosinclinal mediterráneo entre o zócolo de Eurasia e o zócolo africano que deriva cara ao noroeste. Con A Tectonique de l´Asie (1922) esbozou unha interpretación paralela dos grandes relevos alpinos asiáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Na súa obra Essai sur une manière de reprèsenter les quantités imaginaires (1806), estableceu os diagramas que fan corresponder a cada número complexo un vector do plano, coñecidos por diagramas de Argand.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plano onde se estableceu un sistema de coordenadas cartesianas e no que se representa cada número complexo a + bi por medio do punto de coordenadas (a, b). Nesta representación todos os puntos que teñen unha ou dúas coordenadas infinitas son considerados como un mesmo punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, drenado polo Jarama (26.113 h [1991]). Está situado na Alcarria, ao NL da capital. Conta con importantes destilerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Argola de ferro situada no extremo superior da cana da áncora e pola que se amarra a cadea, o cabo ou o cable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘bacallao’ e ‘peixe’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bacallao’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Tartessos, coñecido só polas referencias de autores gregos. Filohelénico, prestou axuda aos focenses para financiar a fortificación de Focea (cidade grega de Asia Menor) contra a ameaza persa. O seu reinado (quizais do 630 ao 550 a C) correspóndese coa época de esplendor de Tartessos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello do Bierzo. Ten unha poboación de 962 h (1996). Está adscrito ao partido xudicial de Ponferrada e á provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. Estudiou o movemento das estrelas e, baseándose en William Herschel, o do sistema solar cara ao ápex. Publicou Uranometría Nova (1843), descrición das estrelas visibles sen telescopio no hemisferio norte, e a súa obra principal Bonner Durchmusterung (1859-1863), atlas e catálogo celeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘coitelada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘coitelo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Estudou piano, harmonía, contrapunto e fuga e composición no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. No 1971 entrou no mundo radiofónico, e dirixiu posteriormente Radio 3 e Radio 1, de RNE. Dende 1976 presentou o programa Clásicos Populares (Radio 1) do cal foi creador e director. Conferenciante e articulista, publicou en 1997 Clásicos Populares. La música clásica a través de sus genios. Recibiu o I Premio Internacional de Radio Jean Antoine Triomphe Varieté de Montecarlo e a Antena de Oro e o Tambor de Oro (Donostia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Afganistán. Nace nos contrafortes meridionais do Hindukush, atravesa o oasis de Kandahar, e desemboca no río Helmand.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras que traballou a partir do 1564 no Mosteiro de Caión (Laracha).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e astrólogo italiano. Confeccionou táboas de efemérides (1630 -1700), baseadas nas de Tycho Brahe. Na obra Astronomicorum libri tres (1629), propuxo un sistema xeocéntrico parecido ao de M. Capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica de Chantada construída no primeiro cuarto do s XIII. Consérvanse partes da portada occidental, dos muros laterais da nave e da ábsida, así como algunhas pezas gardadas na casa rectoral. O máis interesante é o remate da portada, cun arco de medio punto moi peraltado, tendente ao peche en ferradura; así mesmo, salienta na ábsida unha fiestra sostida por columnas con capiteis adornados con cabezas humanas e paxaros de longo pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO