"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción e efecto de racionalizar.

    2. Xustificación lóxica e inconsciente dunha conduta da que se ignoran os verdadeiros motivos e que se considera un mecanismo de defensa.

    3. Aplicación de técnicas e procedementos de control e organización do proceso de traballo co obxectivo de incrementar a produtividade e diminuír os custos. Ten como obxectivo principal reducir a diferenza entre o traballo teórico necesario e o práctico realizado mediante a eficacia técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás fórmulas e ao sistema de unidades, empregados en electricidade, en que só aparece o factor 4ð en casos de simetría esférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo sexa racional.

    2. Organizar a produción ou o traballo de xeito que aumente o rendemento ou diminúa o custo co mínimo esforzo.

    3. Multiplicar o numerador e o denominador por un mesmo número, dado un cociente de números reais, de xeito que o denominador pase a ser natural, como no exemplo seguinte:


      FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de racionar.

    2. Control da demanda de determinados artigos, xeralmente destinados a cubrir necesidades básicas de consumo persoal, debido a circunstancias excepcionais ou a unha escaseza continuada da oferta. En España introduciuse ao termo da Guerra Civil o 14 de maio de 1939, co establecemento da cartilla de racionamento, e suprimiuse o 1 de xuño de 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repartir algo en racións.

      1. Someter os artigos de primeira necesidade, en caso de escaseza, a unha distribución establecida pola autoridade.

      2. Limitar o consumo de algo para evitar efectos daniños.

    2. Dar as racións que corresponden a un grupo ou a unha comunidade, especialmente á tropa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cóengo beneficiado, e algunhas veces laico, con dereito a unha parte de alimentos ou de vestiario dos bens comúns dunha comunidade.

      2. Sacerdote ou beneficiado que, pola acta de fundación do mosteiro, catedral ou colexiata, consta que ten dereito ás porcións ou reparticións comúns.

    1. Persoa que distribúe as racións nunha comunidade ou nunha tropa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, enxeñeiro e economista. Publicou diversos ensaios como Del paro al ocio (1984), La Mediterrània i els bàrbars del Nord (1985), Art i ciència (1987), Oriente y Occidente. Filosofía material y dilemas occidentales (1994) e Memorias de Califòrnia (1988); as novelas Cercamón (1982, Premi Prudenci Bertrana 1981), Raimon o el seny fantàstic (1985) e La forja de l’exili (1985); a escolma de relatos Els àngels quàntics (1986) e La sonrisa de la Gioconda (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de radiar.

      1. Emisión e propagación de enerxía sen necesidade dun soporte material. Para representar a traxectoria dunha radiación na súa propagación polo espazo, ideouse o raio. Segundo a súa orixe, fálase de radiación térmica (ou calorífica) cando é emitida por un corpo en virtude da súa temperatura, de radiación electromagnética se foi creada por cargas eléctricas en movemento respecto ao observador, e de radiación do corpo negro no estudo da absorción e a emisión de enerxía radiante do corpo negro. Calquera que sexa a súa orixe, é a onda electromagnética a que representa fisicamente unha radiación no estudo do seu comportamento durante a súa propagación. Por iso, unha radiación caracterízase pola súa frecuencia (ou lonxitude de onda), intensidade e polarización. As diferentes leis ou teorías sobre a radiación foron propostas por Boltzmann, Kirchhoff, Planck, Rayleigh, Stefan e Wien.

      2. Partícula elemental emitida polos núcleos radioactivos.

      3. radiación atmosférica /

        Enerxía emitida en forma de radiación electromagnética pola atmosfera como consecuencia do seu quecemento, e que varía dun lugar a outro. A atmosfera é practicamente transparente ás radiacións de pequena lonxitude de onda; pola contra, as de gran lonxitude de onda son absorbidas en gran medida polo dióxido de carbono, o ozono e o vapor de auga.

      4. radiación contraria /

        Porción da radiación atmosférica que é devolta á Terra, cuxo principal responsable é o vapor de auga.

      5. radiación cósmica de fondo

        Radiación electromagnética que provén de todas as direccións do espazo, resultado da superposición no espazo das emisións individualmente débiles de fontes que emiten principalmente nas bandas de radio e de raios X. Un dos compoñentes da radiación cósmica de fondo é a radiación cosmolóxica de fondo.

      6. radiación cosmolóxica de fondo/universal

        Radiación electromagnética proveniente de todas as direccións do espazo, que presenta a mesma intensidade en calquera delas, e cuxa distribución de enerxías é semellante á que emite un corpo negro á temperatura de 3K. Considérase que é a emisión residual do Big Bang que, segundo o modelo cosmolóxico estándar, deu lugar ao actual Universo. Foi descuberta por A. A. Penzias e R. W. Wilson en 1964; posteriormente, R. Dicke e os seus colaboradores propuxeron que podería tratarse da radiación residual proposta por G. Gamow no seu modelo cosmolóxico.

      7. radiación de freada

        bremsstrahlung.

      8. radiación de Hawking

        Efecto previsto teoricamente por S. Hawking baseándose na relatividade xeral e na mecánica cuántica, polo que un burato negro pode emitir certo tipo de radiación, debido ao seu aumento de entropía.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de radicar.

    2. Feito de estar algo arraigado, como un costume ou unha práctica.

    3. Operación aritmética que consiste na extracción de raíces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de radicalizar ou radicalizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de radiodifusión do Estado español creado o 19 de marzo de 1937. Tivo os primeiros estudios en Salamanca, ata que foron trasladados a Burgos. Por orde ministerial, entre 1940 e outubro de 1977 foi a única que ofrecía noticias, polo que o resto das emisoras tiñan que conectar con ela. Tras a absorción doutras emisoras do franquismo comezou a diversificar a súa oferta coa Segunda Programación de RNE (1957), logo Radio Clásica, Radio Exterior (1977) e Radio 3 (1979). A oferta completouse con Radio 4, para Catalunya, e Radio 5, dedicada só á información. En 1964 comezou un período aperturista e de abandono da rixidez, sobre todo nos informativos. De ser propiedade estatal, pasou a sociedade anónima estatal (1980) e abriu correspondencias nas principais cidades do mundo. Constituíu a Orquesta Sinfónica de RNE (1947) e o Coro (1950), e a partir de 1972 os seus estudios establecéronse en Prado del Rey (Madrid).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que, por afección e non profesionalmente, se dedica á comunicación a distancia por medio das ondas electromagnéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Telecomunicación feita a través de ondas radioeléctricas mediante a radiotécnica. Forman parte dela a radiotelegrafía, a radiotelefonía, a radiodifusión ou a televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Detección de radiacións. As radiacións corpusculares cargadas detéctanse polos seus efectos ionizantes, e as ondas electromagnéticas polos seus efectos sobre circuítos eléctricos oscilantes en resonancia coa frecuencia de onda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema que permite localizar un obxecto ou un obstáculo calquera e determinar a súa posición mediante ondas radioeléctricas. Un dos procedementos máis empregados é o radar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Navegación aérea ou marítima baseada na utilización de dispositivos radioeléctricos, emisores ou receptores, instalados en terra ou a bordo da aeronave ou da embarcación, como os radares, os radiofaros ou as radiobalizas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pasteurización dos alimentos con radiacións ionizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que consiste na posta en marcha dos diversos métodos e dispositivos que permiten protexer as persoas e o medio natural das radiacións nocivas para as células vivas. OBS: Tamén se denomina protección radiolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Telecomunicación que se realiza mediante o emprego da radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión dos nobres polacos, dirixida polo príncipe K. S. Radziwiéé, gobernador de Lituania, que se formou na cidade de Radom en 1767. O seu obxectivo era manter os seus privilexios fronte aos dos non católicos.

    VER O DETALLE DO TERMO