"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óso máis longo e interno do antebrazo, articulado co úmero pola parte superior, co radio pola exterior e coa cartilaxe articular pola inferior. Nel distínguense unha diáfise e dúas epífises: a proximal, que comprende o olécrano, a apófise coronoide e as cavidades sigmoides maior ou troclear e menor ou radial; e a distal, denominada cabeza do cúbito, que presenta unha eminencia, a apófise estiloide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lámina de vidro coa que se cobren as preparacións microscópicas para observalas e conservalas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cobertura de malla metálica tupida e de forma semiesférica que se coloca sobre un prato para protexer o seu contido.
-
PERSOEIRO
Poeta, tradutor e crítico literario. Doutor en Filoloxía Clásica, profesor de investigación do CSIC, dirixiu a Biblioteca Nacional (1996-1999) e foi secretario de Estado de Cultura desde 1999. Colaborador en diversas revistas especializadas (Etcétera, Álbum de lecturas e Señales de humo), publicou, entre outras obras, os poemarios Los retratos (1971), Elsinore (1972), Scholia (1978), Necrofilia (1983), La caja de plata (1985, Premio de la Crítica 1986), El otro sueño (1987), El hacha y la casa (1993), Por fuentes y fronteras (1996) e a antoloxía Los mundos y los días: poesía 1972-1998 (1999); e as traducións Himnos, epigramas y fragmentos, de Calímaco (1980), Antología de la poesía latina (1981), Historia de los reyes de Britania, de Geoffrey de Monmouth (1984), Cantar de Valtario (1987, Premio Nacional de Tradución 1989) e El caballero de la...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista literaria que apareceu en Santiago de Compostela o 23 de marzo de 1922. Contaba coa colaboración de Rafael Dieste, entre outros escritores e intelectuais.
-
PERSOEIRO
Profesor, avogado e político. Estudiou segundo ensino en Monforte de Lemos, dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e doutorouse en Madrid en 1846. Foi catedrático de Dereito Internacional Privado. Deputado a Cortes polo distrito de Vigo (1853), en 1857 foi nomeado fiscal da Audiencia Territorial da Coruña. Despois desempeñou a función de fiscal de Imprenta en Madrid. En 1863 foi reelixido deputado polo distrito do Carballiño. No Congreso de los Diputados presentou a súa proposición de lei sobre a abolición dos foros. Interveu no Congreso Agrícola Rexional convocado en 1864 pola Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago para estudar a cuestión foral. Continuou co seu escano entre os anos 1864 e 1865. Participou na Revolución de 1868 no bando liberal. Co triunfo da Revolución, desempeñou os cargos de asesor do ministerio de Facenda e subsecretario de Gracia e Xustiza, posto do que dimitiu ao pouco tempo. Senador por Vigo e A Coruña a partir de 1870, defendeu os intereses...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Técnico de imaxe. Os seus primeiros traballos cinematográficos en Super8 mm son de 1976. Durante un tempo colaborou, como axudante de cámara e operador, con C. A. López Piñeiro no Equipo Imaxe. Desenvolveu esta actividade frecuentemente en obras de cine e en traballos para a Televisión de Galicia, tanto en exteriores (cámara ENG) como en estudo (cámara EFP), con temáticas variadas e en documentais. Participou nos primeiros pasos de produtoras de vídeo, como Espello Vídeo Cine en 1982, na Coruña. En 1988 traballou para Televisión Española e para TVE-Balears como responsable de programas de ficción e de entretemento, e como xefe de emisións nesta última (1994-1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor e director cinematográfico. Fundou, cara ao 1905, a produtora Hijos de Blas Cuesta. Rodou películas, como El tribunal de las Aguas (1905) e El ciego de la aldea (1907). Creou un arquivo de documentais sobre as principais figuras taurinas do seu tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Maxistratura dobre, de rango inferior ao do cónsul, e dotada, durante a época republicana, da potestas. Orixinariamente eran elixidos polo cónsul como os seus axudantes e durante o s V a C o seu número aumentou ata catro; distinguíanse unha parella de cuestores urbanos, que se ocupaban da xestión do tesouro, e outra de cuestores militares, que desenvolvían unha función económica similar entre as tropas en campaña, pero que tiñan a facultade de dirixir os exércitos. Durante o s III a C creáronse catro novos cuestores para as tropas da Mariña, e na ditadura de Sila o seu número aumentou ata vinte; dende ese momento pasaron a ocuparse da supervisión dos gastos dos gobernadores nas provincias senatoriais. Durante o Imperio perderon a maior parte das súas atribucións en favor dos funcionarios nomeados directamente polo emperador e encargáronse da organización dos xogos.
-
Relixioso, eclesiástico ou laico, que recadaba esmolas para unha obra piadosa ou de beneficencia.
-
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro de minas e político. Xefe do distrito mineiro da Coruña-Lugo, foi concelleiro da Coruña e alcalde accidental. Foi colaborador de La Voz de Galicia, fundador e director do Boletín de la cámara minera e director da revista Galicia comercial e industrial. Publicou, entre outros libros, La minería en Galicia: Lugo y La Coruña (1910), con Antonio María de Irimo, La minería en Galicia: historia, situación actual y solución para su desarrollo (1919), Impresiones sobre la minería en Galicia (1922). Recibiu a cruz de Afonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Residiu en París onde entrou en contacto, entre outros, con Julio González, Henri Laurens e Lipchitz. Viaxou a España e relacionouse con Torres García. Foi membro do grupo estridentista que expoñía no Café de Nadie (1920) e do Cercle et Carré (1930). Nos anos trinta regresou a México. Entre as súas exposicións destacan a mostra do Grupo de Arte Construtivo de Madrid (1933) e a mostra inaugural Estudio 1037 (Montevideo, 1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño e político liberal. Garda mariña desde 1809, foi destinado ao arsenal da Carraca (Cádiz) durante un ano e despois embarcouse como alférez de fragata. En 1815 asumiu o mando da balandra General Castaños, coa que participou no bloqueo de Cartagena de Indias. Cinco anos máis tarde abandonou a Armada e foi nomeado comandante segundo do Estado maior do exército. En 1821 volveu á Armada como tenente de navío e marchou para La Habana, de onde volveu a finais de 1822 para defender os principios liberais. Polas súas ideas liberais e a súa pertenza a unha loxa masónica, foi condenado pola Audiencia de Sevilla e tivo que exiliarse a Francia e Inglaterra ata a amnistía decretada por Espartero en 1832. En 1835 foi nomeado secretario do rei e xefe de mesa da secretaría de Estado e do despacho de Mariña. En 1837 foi elixido deputado para as Cortes constituíntes. Con posterioridade volvería ser elixido deputado por Cádiz en varias ocasións ata que en 1843 foi nomeado ministro da Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Canteiro. A súa presenza en Pontevedra está documentada dende 1487, onde traballou na igrexa de Santa María a Maior (1517). En Santiago de Compostela participou nas obras do pavimento do Hospital Real (1510).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e sociólogo. Profesor, conferenciante e colaborador de prensa, é autor de numerosas publicacións científicas e políticas, e director de investigacións sociolóxicas. Foi coautor, xunto con Margarita Ayestarán, de Galleguidad y conflito lingüístico gallego (Las familias de la provincia de Pontevedra en 1974) e La comarca de la Ría de Arosa. Sus familias en 1974 (Avance de los resultados de una investigación sociológica).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Ocaña, Toledo? - San Pedro de Rocas 26.4.1649) Monxe beneditino. De nome Rodrigo Gutiérrez, foi prior e arquiveiro de San Pedro de Celanova. Escribiu Celanova Ilustrada, ou Anales de San Rosendo, e Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cezar’Antonovič K’ui.
-
GALICIA
Poeta e xornalista. Colaborou asiduamente na prensa da cidade olívica, particularmente nas seccións de humor. Escribiu Berzas y otras legumbres (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de diversas materias orgánicas, como excrementos animais ou vexetais e algas en descomposición, que se empregan para fertilizar a terra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cágado.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no lugar de Tarrío, en Culleredo, polo que recibiu tamén o nome de Santo Estevo de Tarrío. Conserva a fábrica medieval gótica pero con certa tradición románica. Segundo unha inscrición do tímpano da porta de acceso, contruíuse no s XII. Ten planta rectangular dunha soa nave con cuberta de madeira e unha ábsida rectangular que se cobre cunha bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón. Tanto o arco faixón coma o triunfal descansan en columnas entregadas con bases áticas e capiteis robustos de decoración estilizada. No interior da nave e da ábsida consérvanse restos de pinturas murais do s XVI que representan o martirio de santo Estevo e escenas do ciclo da Paixón. No exterior destaca a portada occidental cunha porta abucinada rematada en dúas arquivoltas de medio punto que descansan en columnas acobadadas. As bases presentan un perfil de características áticas e adórnanse con flores de lis. Os capiteis teñen proporcións e decoración góticas, con monstros...
VER O DETALLE DO TERMO