"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Pintor de orixe galega. Foi discípulo de Pedro de las Cuevas; a súa temática foi, predominantemente, relixiosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. A súa actividade céntrase nas parroquias galegas da diócese de Astorga. A súa obra máis coñecida en Galicia, que realizou xunto ao seu irmán Pedro, foron os traballos realizados na igrexa de Santo Estevo da Rúa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Arias Domínguez.
-
PERSOEIRO
Pintor e dourador. En 1760 dourou, xunto con Xoán Antonio Mosquera, o retablo da Visitación da capela da confraría do Rosario, na igrexa de San Domingos da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Compostela (1238-1266). Activo participante na vida pública compostelá, contou con grandes recursos económicos e cun amplo poderío político -que o relacionou coa monarquía-, e militar. Baixo o seu padroado acometéronse importantes remodelacións na obra románica da Catedral de Santiago de Compostela: construción do claustro antigo (1240-1250), onde participaron artistas formados no obradoiro dos discípulos do mestre Mateo; remodelación da Corticela (1250), quizais obrigada polo proxecto de dotar á catedral dunha nova cabeceira, que deixaría un paso impracticable pola porta sur desa capela. Así mesmo, debido aos conflitos cos burgueses e co concello de Santiago de Compostela, decidiu dotar ao bispado da residencia axeitada; de feito, remodelou o Pazo Arcebispal, iniciado baixo o auspicio do arcebispo Xelmírez, variando o proxecto orixinal. Ademais dos cuartos e da cámara do bispo, a nova planta encargada a Pedro Bonet (1260) incluíu tres elementos novos esenciais: unha capela...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo da orde dos dominicos. Foi profesor de Ciencias Naturais (1886-1898) e de Teoloxía no convento dominico de San Estebán de Salamanca, e despois en Roma. Interesado primeiramente pola apoloxética (El diluvio universal, demostrado por la geología (1891) e La evolución y la filosofía cristiana), rematou por se dedicar á especulación mística.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río do Brasil, afluente do Madeira pola marxe dereita (900 km). Nace na Serra do Norte e recibe o río Roosevelt pola esquerda.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador cinematográfico. Moi novo, este pontevedrés emigrou a Uruguai. Alí fixo estudos técnicos e desempeñou varios oficios. En 1950, segundo se publica nun libro sobre a historiografía cinematográfica do noso país, coñeceu un director uruguaio, D. Sposito, o que vai determinar parte da súa actividade posterior.
VER O DETALLE DO TERMO
O cine de tema galego para os países americanos de fala española pasou por varias etapas, sendo a de carácter documental a que máis prevaleceu. Arís vai facer nos anos cincuenta, en América, algo semellante ao que fixera José Gil (1870-1937) en Galicia. En primeiro lugar realizará unha recompilación de imaxes da xeografía galega en Montevideo, en que aparecen traballos dos nosos emigrantes nesa cidade, Caminos de España en el Uruguay. Como cineasta autodidacta seguiron Un viaje por Galicia... -
PERSOEIRO
Sacerdote e político haitiano. Criticou a ditadura represiva de Jean-Claude Devalier e intentou protexer os dereitos humanos do pobo haitiano. Apoiado pola coalición de esquerdas Fronte Nacional venceu nas eleccións municipais de 1990, asumindo a presidencia en febreiro de 1991. Derrocado por un golpe de estado liderado polo xeneral Raúl Cedrás en setembro dese mesmo ano e exiliado, seguía sendo recoñecido internacionalmente como lexítimo representante da nación. Regresou ao seu país en outubro de 1994, trala mediación da ONU, sendo substituído na presidencia polo membro do seu partido André Préval, en decembro de 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo grego. É un dos máis célebres poetas dramáticos clásicos xunto con Esquilo, Sófocles, Eurípides e Menandro. Dunha gran cultura literaria e artística, desprezou fortemente a ignorancia. Na súa obra teatral defendeu os mitos relixiosos dirixindo a súa sátira contra os renovadores do pensamento como Sócrates. Destacou pola visión crítica da realidade, pola defensa da utopía e polo espírito pacifista. A súa madureza creativa chegou durante a Guerra do Peloponeso (431-404), fronte á que adoptou unha posición inequívoca, denunciando a tolemia e a sinrazón do enfrontamento. Nas súas obras, As nubes (423) e As ras (405), quixo desacreditar a Guerra do Peloponeso e acadar unha paz con Esparta, igual que fixeran outros anovadores da tradición teatral como Eurípides. Logo da derrota de Atenas fronte a Esparta e co ascenso do partido aristocrático ao poder na cidade ática, do que Aristófanes era membro, comezou o segundo gran período da súa produción, marcado pola perda...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático e filólogo grego. Foi director da Biblioteca de Alexandría e mestre de Aristarco de Samotracia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dise do verso acataléctico de tres pés que comeza cun dáctilo, utilizado a miúdo nas obras de Aristófanes.
-
Verso aristofánico.
-
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e poeta neoclásico. Algunhas das súas composicións anticipan a sensibilidade romántica. Entre os seus poemas destacan La diosa del bosque e Las ruinas de Roma (1808).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico soviético. Destacan os seus traballos sobre física fundamental, especialmente de electromagnetismo e magnetodinámica, así como de óptica e espectroscopia. No 1913 descubriu a absorción selectiva das radiacións electromagnéticas nos corpos ferromagnéticos, que abriu novos camiños na investigación das propiedades magnéticas da materia.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río dos EE UU, afluente do Mississippi pola marxe dereita. Ten unha lonxitude de 2.300 km. Nace nas montañas Rochosas no estado de Colorado, percorre parte das Grandes Chairas, pasa por Pueblo, Hutchinson e Wichita, Tulsa, Fort Smith e Little Rock, e desemboca no río Mississippi, ao N de Greenville. Os principais afluentes son o Cimarron, o Canadian e o Neosho. O caudal é moi variable.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado dos EE UU, na rexión Central Sur-Occidental (137.755 km2; 2.509.793 h [1996]). O solo está formado por rochas sedimentarias, con ondulacións do terreo ao O e ao N, mentres que ao L está cuberto polos sedimentos do Missouri. Ao S forma parte da chaira litoral. O relevo é baixo, e comprende ao N parte do altiplano de Ozark, accidentada polos montes de Boston, máis ao centro, que separan o val sinclinal de Arkansas dos montes de Owachita, ao S. A rede hidrográfica está formada polo Missouri e polos seus afluentes da marxe dereita. O clima é suave, con invernos moi curtos. Estado esencialmente agrícola, presenta problemas ecolóxicos derivados da enorme incidencia da erosión. A explotación forestal ten unha grande importancia, con industrias derivadas: mobles, pasta de madeira e papel. A capital é Little Rock. Os territorios do actual estado de Arkansas foron explorados primeiramente por Hernando de Soto (1541-1542), e despois polos franceses Marquette e Joliet (1673), e La...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ajmag de Mongolia (55.000 km2; 105.000 h [estim 1997]). A capital é Cecerleg (14.700 h [1979]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ da Federación Rusa (587.400 km2; 1.506.000 h [estim 1997]). A capital é Arkhangel’sk.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ de Arkhangel’sk, Rusia, á beira do Mar Branco (374.000 h [1995]). Industria da madeira (aserradoiros, pasta de madeira, papel e outros derivados). A mediados do s XVI os ingleses establecéronse na zona, en Kholmogory, e en 1584 trasladáronse á ribeira dereita do río, onde fundaron Novo Kholmogory. Este asentamento foi cambiado polo actual a causa do mosteiro que alí se lle dedicara a san Miguel Arcanxo (1613). Ata a fundación de San Petersburgo, en 1703, foi o único porto de mar de Rusia, sede do almirantado establecido polo Tsar Pedro o Grande no 1693.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico, actor, fotógrafo e compositor norteamericano. Dirixiu os filmes Little murders (Pequenos asasinatos, 1970) e Fire sale (Os incendiarios están chegando, 1977). No eido da realización non obtivo tantos éxitos como no da interpretación. Editou tamén libros para rapaces.
VER O DETALLE DO TERMO