"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Remolque que é soportado pola súa parte dianteira, desprovista de rodas, por un camión tractor, ao que vai enganchado e articulado.
-
PERSOEIRO
Rei de Asiria (704-681 a C), fillo de Sargón II de Asiria. Trasladou a capital de Khorsābād a Nínive. A raíz dunha revolta de Luli, rei de Sidón, e de Ecequías, rei de Xudá, tomou Sidón e outras cidades de Siria-Palestina. No altiplano iraniano, someteu os medas. Axudado por Elam, fixo catro campañas contra Babilonia ata que en 689 a C invadiu e arrasou a cidade cunha inundación artificial. Foi asasinado por dous dos seus fillos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cequeira.
-
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e litógrafo. Estudou en Roma (1788-1795). Foi pintor da corte portuguesa (1802), pero a causa das súas ideas liberais en 1823 marchou a París e máis tarde a Roma. Destacan Retrato dos seus fillos e Junot, emisario de Napoleón, ante Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lugar onde se poñen a secar distintas cousas, en especial leña, pezas de barro e froitos.
-
Terreo cultivado que recibe só a auga da chuvia.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Valdoviño baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Foi conciliador, mediador e árbitro para a aplicación de procedementos extraxudiciais na resolución de conflitos laborais do Consello Galego de Relacións Laborais. Escribiu A “Autopista del Atlántico”: transporte e desenrolo galego (1977), El desarrollo económico de Galicia (1986), La Adhesión de España a la CEE: un análisis sectorial-regional (1987) e El comercio exterior de Galicia, 1980-1997 (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo. Investigou os procesos de cambio estrutural nas sociedades occidentais, e particularmente na galega. Escribiu O Muro fendido: cambio social e comportamiento político en Galicia (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Polo menos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
secura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de persoas que acompañan e seguen a alguén para facerlle honor nunha cerimonia ou marcha solemne. Composto entre os romanos pola comitiva dos clientes e, entre os xermánicos, pola comitiva dos xendarmes, constituíu un precedente do réxime feudal.
-
-
Árbore perennifolia, robusta, verde, de ata 100 m de altura, coa copa piramidal, pólas abundantes e caídas, e tronco groso e columnar. As follas son aciculares, lineares, planas e de cor verde escura pola face e dúas bandas brancas polo envés, flores masculinas amarelas nos extremos das pólas, as femininas ovais e de cor verde, os conos son ovoides e con escamas leñosas. Florece entre xaneiro e marzo e madura no outono do mesmo ano. É orixinaria da costa pacífica de EE UU, desde California a Oregón. En Galicia atópase como planta ornamental en parques e alamedas. É unha das árbores máis altas do mundo e tamén das máis lonxevas, superando os 1.000 anos. OBS: Tamén se denomina sequoia vermella.
-
Árbore perennifolia, de ata 90 m de altura, coa cortiza grosa e agretada, follas pequenas, punzantes, dispostas en espiral e de cor verde escura, conos masculinos solitarios e terminais e os femininos ovoides. Florece ao final do inverno ou principios da primavera. É orixinaria de Sierra Nevada (California). En Galicia atópase como planta ornamental nalgúns parques.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das taxodiáceas, ao que pertencen algunhas sequoias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das taxodiáceas, ao que pertenceu algunhas sequoias.
-
PERSOEIRO
Creador do alfabeto cherokee. Dedicouse á elaboración e ensino do cherokee.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e compositora. Coñecida como Barbara, comezou interpretando cancións de L. Ferré, G. Brassens e J. Brel. Da súa discografía destacan Mon pote le gitan ou L’oeillet blanc (1957), Dis quand reviendras tu? (1963) e Barbara chante Barbara (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTAÑA
Aliñación montañosa do extremo oriental de Galicia, limítrofe coa comarca do Bierzo, que no seu sector galego se estende polas parroquias de Oulego, O Robledo da Lastra, Biobra e Covas, no concello de Rubiá. Conta cunha superficie de 1.723 ha e a súa maior altitude é o monte Tara, que acada os 1.112 m. Xeoloxicamente correspóndese cunha gran dolomía, o que a converte nun fenómeno excepcional en Galicia. A súa localización nunha área baixo un dominio climático con características mediterráneas, a fragmentación topográfica que produce o río Sil e a destacable litolóxica, outórganlle a este pequeno espazo unha enorme biodiversidade. En canto á flora pódese atopar sabinas, castiñeiros comúns, aciñeirais e varios endemismos (Petrocoptis grandiflora, Rhamnus legionensis), algún deles confinado nesta serra. En canto á fauna existe un gran número de especies de vertebrados terrestres, especialmente aves rapaces, como a aguia real e o falcón peregrino; de réptiles, como o lagarto das silvas; e de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral romano. Foi tribuno militar en Hispania (98 a C) e legado durante a Guerra Social (91-88 a C). Como Sulla se opuxo á súa elección para o tribunado e entrou no partido democrático de Mario. Nomeado gobernador da Hispania Citerior polas forzas democráticas (82 a C), foi proscrito por Sulla e tivo que fuxir a Mauritania (81 a C), onde desbaratou ao exército deste. Reclamado polos lusitanos, volveu a Hispania onde chegou a establecer, contra o poder de Italia, un verdadeiro estado romano apoiado na amizade dos pobos ibéricos. Foi asasinado nunha conspiración.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘un e medio’. Úsase especialmente en química para indicar que nun composto determinado os elementos constituíntes están en proporción relativa de 3 a 2.