"AGAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 62.
-
REXIÓNS
Rexión de Chile (132.034 km2;158.907 h [estim 2001]). A capital é Punta Arenas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito de América do Sur, descuberto por Fernão de Magalhães en 1520, que separa o continente sudamericano de Tierra del Fuego e comunica o Océano Atlántico co Océano Pacífico. O único porto é Punta Arenas (Chile).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen estraga unha cousa ou provoca confusión.
-
RIOS
Río que nace na parroquia de Magalofes e desemboca na de Perlío (Fene), pola ribeira esquerda da ría de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi membro fundador da sección filolóxica do Institut de Estudis Catalans. Despois duns anos de dúbida entre as súas aspiracións románticas e a súa vida burguesa, decidiu encamiñarse cara a un rexeitamento consciente da retórica romanticista e unha volta á expresión sinxela da realidade cotiá. Converteuse nun axitador que promoveu unha ideoloxía dinámica, cosmopolita e moderna. Despois desta etapa, entrou nunha época modernista que marcou o seu estilo. Das súas obras destacan Poesies (1895), Visions i Cants (1900), Les disperses (1904), Enllà (1906) e Seqüències (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Paticipou activamente no Front Obrer de Catalunya desde a súa creación (1961) e tomou parte na fundación de Convergència Socialista de Catalunya (1974), despois integrada no PSC-PSOE (1976). Alcalde de Barcelona (1982-1997), durante o seu mandato a cidade foi sede dos xogos olímpicos de 1992. En 1997 renunciou á alcaldía e foi elixido presidente do Comité das Rexións da UE (1996). Acadou a presidencia da Generalitat de Catalunya en 2003.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista. Foi conselleiro de Radio Televisión de Galicia, e membro do Consello da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (1992-2000). Foi concelleiro de Vigo (1983-1987) e vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1983-1987). Deputado nas Cortes (1986-1989) e senador (1996-2000) polo PP.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Nicaragua (8.523 km2; 383.776 h [1995]). A capital é Matagalpa (59.397 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de todas as galaxias que constitúen o Universo.
-
DISTRITOS
Distrito de Sri Lanka (5.639 km2; 396.173 h [2001]). A súa capital é Monaragala (6.020 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de India, o máis nororiental do país, situado na fronteira con Myanmar (16.579 km2; 1.988.636 h [2001]). A capital é Kohīma (53.122 h [1991]). É unha rexión montañosa, cun clima caloroso e húmido, que está atravesada por serras do NL a SO e bañada por afluentes do Brahmaputra e o Irauadi. Está habitada polos nagas.
-
ILLAS
Illa de Guinea Ecuatorial que pertence á provincia de Bioko (17 km2; 3.000 h [1983]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MACIZO
Macizo montañoso situado no S de Sri Lanka. Con 2.524 m, é o pico máis alto do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo tagalo, aos seus individuos ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo tagalo.
-
Pobo de raza indomelánida que vive en Filipinas, sobre todo na illa de Luzón. Considerado un dos aborixes, é un pobo agricultor. Cun número duns 19.550.000 individuos, constitúen a clase media de Filipinas: comerciantes, financeiros e industriais, entre outros.
-
Lingua malaio-polinesia do phylum áustrico que se fala en Filipinas. Antigamente utilizaba a escritura silábica, pero a partir do s XVI utilizou os caracteres latinos. Posúe unha abundante literatura, popular e culta. Foi declarada oficial en 1946.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abertura feita na parede ou na parte superior do teito pola que pasa a luz, o aire ou se accede ao tellado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
aga moi grande.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insecto coleóptero con importantes diferenzas entre o macho e a femia. Son de cor entre acastañada e negra, as femias miden ata 20 mm e os machos son moito máis pequenos. Ambos os dous teñen oculta a cabeza baixo a parte anterior do tórax e un par de antenas articuladas. Os machos posúen dous pares de ás, as primeiras modificadas como élitros e que cobren o segundo par, que son membranosas e serven para voar. As femias non poden voar porque carecen de ás; teñen o corpo alongado e mol, similar ao das larvas, e os últimos segmentos do abdome son luminosos, cunha luz verdosa que serve para atraer aos machos. Os machos e as larvas poden emitir unha luminosidade moito máis leve ca a da femia. Os adultos apenas se alimentan e son as larvas as principais depredadoras de caracois e lesmas. Son de costumes nocturnos e viven en zonas de campo aberto, de tal xeito que as femias poidan atraer ao macho. Durante o día escóndense baixo terra e non se poden atopar en zonas adicadas á agricultura. A bioluminiscencia...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de xaneiro de 1975, que cesou en maio de 1978 (nº46). Subtitulada “Publicación infantil e xuvenil”, foi a primeira revista galega dirixida aos máis pequenos no período da Transición. Tras o primeiro número, pasou a publicarse quincenalmente en Pontevedra, dirixida primeiro por Marta I. García de Leániz e logo por Xosé Fortes. De carácter progresista e galeguista, incluíu contos, xeografía galega, matemáticas, ciencias e concursos dirixidos aos nenos, así como banda deseñada. Foi unha das primeiras publicacións monolingües en galego nese momento e tivo colaboracións de mestres ligados ao Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega.