"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar voces moi altas producindo alboroto e escándalo.
-
-
Dise das persoas, animais ou obxectos que transmiten algún tipo de ledicia ou harmonía, que resultan agradables.
-
Que causa moito barullo e alboroto.
-
Soldado de cabalería que tomaba parte nas algaras.
-
-
-
Ruído esaxerado que se produce por voces e berros de moita xente.
-
Rifa de escasa importancia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
algareiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de instrución fundada na Habana en 1903 por aresáns emigrados a Cuba, México e EE UU. O seu obxectivo era implantar na vila de Ares e no seu termo municipal as escolas necesarias para o desenvolvemento educativo e cultural dos aresáns. A primeira dotación económica chegou en xullo de 1904.
-
PERSOEIRO
Catedrático de Historia Económica na Universidade da Coruña e investigador no Institute of Latin American Historical Research da Universidade de Londres. Ten investigado sobre a historia de Galicia, a industrialización e consumo do tabaco e a economía das Antillas e Filipinas baixo o Imperio Español. Entre as súas obras destacan Industrialización y conflitos sociales en la Galicia del Antigo Régimen, 1750-1830 (1976), Comercio colonial y crisis del Antigo Régimen en Galicia, 1778-1818 (1986), Os intercambios entre Galicia e América Latina. Economía e Historia (1993), La modernización de la industria del tabaco en España, 1800-1935 (1993) e As tecedeiras do fume. Historia da fábrica de tabacos da Coruña (1998). Colaborou en diversos medios como a revista do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses ou Grial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor da música da popular “Cántiga”, sobre texto do primeiro poema escrito de Curros Enríquez en 1869, cando compartían ambos unha pensión madrileña na época en que Curros estudiaba Dereito na Universidade Central de Madrid. Alonso Salgado non coñecía a grafía musical, pero interpretou a melodía coa guitarra. Foi Chané quen posteriormente fixo a transcrición ao pentagrama, circunstancia que xerou confusión na posteridade, chegando a atribuír a Chané a autoría da famosa peza. Cesáreo Alonso deuna a coñecer en Trives, a súa terra natal, e máis tarde, entre os estudiantes de Compostela. Aquela popular cántiga pasou con todos os honores á posteridade, sendo poucas as xuntanzas festivas nas que non sexa interpretada co título de Unha noite na eira do trigo. Dáse o fenómeno de que chegou a eclipsar a homónima de Xoán Montes, unha das seis fermosas baladas do compositor lugués.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Publicou en Santiago Pronósticos y observaciones astrológicas perpetuas de Thomas José Moult, astrólogo y filósofo, traducidas del francés al español por Francisco Alonso y Álvarez. Que tendrán su principio en el año 1773 y seguirán hasta el de 2376, y después siguiendo los números solares (como se explicarán) hasta el fin de los siglos (1768). O volume reeditouse na Coruña en 1812.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado do Estado. Afeccionado aos estudios históricos e filosóficos, publicou na revista Nós os traballos titulados “O monopolio do comercio do diñeiro” e “Un punto de vista do nacionalismo”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Máis coñecido na súa patria adoptiva, Uruguai, polo pseudónimo El Viejo Pancho. Aos catro anos trasladouse coa súa familia a Navia, Asturias, por mor da profesión de mestre do seu pai, e alí cursou os estudios primarios. Aos quince anos regresou a Ribadeo para facer estudios mercantís e aos dezaoito decidiu emigrar a América. Logo dunha breve estadía en Montevideo viaxou á Arxentina, onde permaneceu dous anos e comezou a escribir os seus primeiros versos. No 1877 trasladouse a Tala, en Uruguai, e continuou a súa tarefa creadora na prensa local e na elaboración de obras teatrais para o Grupo de Afeccionados de Tala. Xa casado, marchou ao Brasil onde permaneceu catro anos ata que en 1887 volveu a Tala, onde retomou os estudios para se facer procurador, profesión que exerceu o resto da súa vida. En 1902 asumiu a nacionalidade uruguaia e en 1908 ocupou un posto na Cámara de Representantes, polo Partido Nacional. Nos últimos anos viviu algún tempo en Montevideo. A súa obra...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Montañas situadas na cara visible da lúa ao SO do mar das Choivas.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Criouse en Soutolongo (Lalín) e fixou a súa residencia en Lugo, cidade na que desenvolve o seu labor profesional en tres actividades: como profesor de linguas clásicas, editor e músico. Na área docente, destaca así mesmo a súa faceta de preparador de numerosos mecanógrafos na Academia Alvarellos (fundada por el en Lugo en 1961) trala publicación dun sistema de aprendizaxe, da súa autoría, que o Ministerio de Educación y Ciencia recoñeceu oficialmente en 1968. O seu labor de editor (Alvarellos Editora Técnica, Lugo, 1977) coñécese especialmente polas reedicións que, en facsímile, publica de obras do século XVIII (Obras Completas do Cura de Fruime, Obras Póstumas de Sarmiento, España Sagrada, Arquitectura de Vitrubio, etc) ademais de obras de fición, históricas ou ensaios, todos eles de temática galega, que saen do prelo da súa editorial. E. Alvarellos é autor de varios libros: a novela Botei Corenta Anos (1977), o poemario satírico-picaresco Cen Anacos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
No mes de maio de 1977 principia a súa actividade, en Lugo, Alvarellos Editora Técnica. A nacente editorial abre as súas portas coa novela Botei corenta anos, da que é autor Enrique Alvarellos Iglesias, fundador e director da propia empresa. Dous firmes obxectivos centran a actividade desta editorial: dar a coñecer a escritores novos da nosa narrativa, e, por outra banda, recuperar, por medio de edicións facsímiles, obras dos séculos XVIII e XIX, hoxe moitas delas esquecidas e que configuran parte da historia da nosa Terra. Durante os primeiros anos de funcionamento da editorial, o esforzo concentrouse na nova narrativa galega daqueles días: Xabier Alcalá, Manuel María ou Xabier Rodríguez Barrio foron algúns dos autores editados, xunto con outras obras de ensaio como El Mariscal Pardo de Cela, de Eduardo Pardo; Lugo en sus Orígenes, de Narciso Peinado; ou Onomástica Persoal do Noroeste Hispano, de Eligio Rivas. No eido das publicacións facsímiles, destacan...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Álvarez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Álvares Cabral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Antonio Álvares de Azevedo.
-
PERSOEIRO
Poeta portugués, autor de Lusitánia Transformada (1607), novela pastoral en prosa e en verso feita segundo os modelos renacentistas de Sannazzaro e Montemor. A obra foi atribuída en tempos a Camões, de quen son evidentes as influencias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Viaxeiro e escritor portugués. Formou parte da primeira embaixada portuguesa que arribou a Axum e ao País de Shoa, propiedade do negus David de Etiopía (1515-1527). Publicou a Verdadeira informação das terras do Preste João das Índias (1540), relato que acadou sona na súa época.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe patronímica moi frecuente en toda a península. Procede do nome persoal de orixe xermánica Álvaro + o sufixo patronímico -ez/es (‘fillo de Álvaro’); de aí que fose moi frecuente tamén a forma Alvares. Álvaro está formado polos elementos alls ‘todo, moi’ e war(j) ‘coidado, precaución, prudencia’; é dicir ‘o que se defende de todo’. Xa aparece documentado no s XII: “Uermudus Aluarici” (doc ano 1037, Tumbos del Monasterio de Sobrado de los Monjes de P. Loscertales de García de Valdeavellano I, p 159), “Veremudus Alvares” (doc ano 1180, “Tumbo de Lorenzana” de A. Rodríguez González e J. A. Rey Caíña en Estudios Mindonienses 8, p 68).
-
Apelido derivado do patronímico Alvar ou Alvaro. Estendeuse por toda España e América sobre todo en Colombia e Venezuela. A casa máis antiga é a dos Álvarez asturianos. En Galicia hai casas espalladas por moitos lugares coma Ribas de Sil, Fonsagrada, Foz, Becerreá, Arzúa, Ponteareas, Tui, Valdeorras, Manzaneda, Celanova, Ribadavia, A Pobra de Trives ou Xinzo de Limia, entre outros. Moitos cabaleiros desta liñaxe ingresaron nas Ordes de Santiago, Calatrava, Alcántara, Montesa, Carlos III, e San Xoán de Xerusalén. As súas armas levan, escudo axadrezado de vinte pezas, dez de prata e dez de azur. Outras traen, escudo axadrezado de quince pezas, oito de prata e sete de azur. Outra variante representa, escudo partido: a primeira partición, en campo de ouro, cun castelo de pedra sobre rochas da súa cor natural e un arcabuz de sable asomando pola torre de homenaxe; a segunda partición, en campo de prata, cunha banda de goles, cargada de tres flores de lis de ouro e acompañada de tres...
-