"Afonso" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 97.

  • Afonso Rodrígues .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador, primeiro fillo ilexítimo de don Dinís de Portugal con Aldonça Rodrigues de Telha. No ano 1289 aparece mencionado o seu nome nunha doazón feita polo Rei ao medio irmán do trobador, o tamén ilexítimo e trobador Pedro de Portugal, Conde de Barcelos. Na Corte de seu pai, ademais de coñecer os rudimentos do trobar gozou dunha posición política vantaxosa. Entre 1291 e 1304 recibiu do monarca diversas posesións na Beira, Paiva, Vouga e Salamanca; dende 1307 participou activamente na vida da Corte ao obter ese mesmo ano o título de Senhor de Albuquerque. Polo seu matrimonio con Teresa Martins, e como consecuencia do fallo rexio de 1312 que poñía fin á contenda que mantiña co outro herdeiro, o conde Martin Gil de Riba de Vizela, o infante recibiu unha importante herdanza do seu sogro, Xoán Afonso de Albuquerque, incorporando ao seu patrimonio distintas propiedades no Entre Douro e Minho, Estremadura e Alto Alentejo. Paralelamente, medraba a súa proxección política na corte, detentando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego, mencionado nos Livros de Linhagens por mor do casamento de seus pais, Soeiro Ares e Maria Afonso, filla ilexítima de Afonso IX de León. Participou, xunto co seu irmán Pero Soarez, na conquista de Sevilla, sendo ambos os dous beneficiados no Repartimiento de Sevilla de 1248. Estes datos fan supoñer que desenvolvería a súa actividade poética no segundo cuarto do s XIII. Non obstante , a súa mención en 1262 no testamento da súa muller Teresa Anes de Deza, no que pide ser enterrada no mosteiro de Santa María de Aciveiro (Forcarei), demostran que aínda estaría activo neste ano. A produción deste trobador consta unicamente do escarnio persoal “Poren Tareija Lópiz non quer Pero Marinho”, conservado no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. A alusión a Tareija Lópiz e a Pero Marinho, personaxes que mantiveron relacións cos Sarraças no século XIII, seguen corroborando o período de actividade que se ten establecido....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1416-1458). Fillo de Fernando, quen deixou trazada a política xeral dos reinos proseguida polos seus fillos, e Leonor de Alburquerque. Mostrou unha sensibilidade ao catalán moi axiña, aínda que no Parlamento de Barcelona (1416) fixera a proposición real en castelán, nas Cortes de Sant Cugat (1419) leu a proposición en catalán. En Sardeña afianzou o dominio catalán (1420) grazas a un acordo co vizconde Guillerme III de Narbona e na illa de Córsega puxo cerco a Bonifacio para facer efectivo o título de Rei de Córsega; así mesmo, entrou na cidade de Nápoles logo de vencer por terra a Luís de Anjou e por mar aos xenoveses. Afonso volveu a Catalunya e permaneceu nove anos nos seus reinos ibéricos. A súa política exterior estivo marcada pola oscilación de intereses entre a expansión mediterránea e a peninsular, con predominio definitivo da primeira. As guerras dos Trastámara de Aragón contra os de Castela, que custaron a vida do infante Enrique (1445), procuraron o dominio de Toledo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1438-1481). Fillo de Duarte e de Leonor de Aragón. Librou contra Pedro, conde de Coimbra, a Batalla de Alfarrobeira (1449) onde morreu o conde. Continuou (1458-1471) en África a obra de expansión de Enrique o Navegante. Loitou a favor de Xoana pola sucesión de Castela, que acabou co Tratado de Alcaçovas. En Coimbra fundou a primeira biblioteca humanística portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Galicia e León (999-1028). Neto por parte de nai de García I de Castela e fillo de Vermudo II (Vermudo), herdou o seu trono no 999 con só cinco anos de idade. Durante a súa minoría foi criado pola súa nai, dona Elvira, e o conde galego Menendo González, ao que se opuxo o conde de Castela Sancho García, desexoso da tutela do neno rei, que de facto, implicaba detentar a rexencia; os enfrontamentos polo poder entrambos condes, sumados aos ataques de Abd al-Malik Yusuf al-Muzaffar, conformaron un período inestable que remataría coa decisión da súa nai de proclamar a maioría de idade do rei á morte de Menendo González, no inverno do 1007 ao 1008, e coa morte de Abd al-Malik no mesmo 1008. Durante o período de rexencia e os primeiros tempos do reinado de Afonso V, os anos do cambio de milenio, Galicia viviu un período de inseguridade no que aos conflitos entre os reinos cristiáns da Península Ibérica se sumaron as razzias de Almanzor que tomou Compostela pola forza, e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de León (1065-1109), de Galicia (1071-1109) e de Castela (1072-1109). Herdou o Reino de León e orientou a súa política exterior á reunificación do reino do seu pai Fernando I o Grande, que dividira o seu reino entre os seus fillos do seguinte xeito: Castela para Sancho, León para Afonso e Galicia para García. Iniciou este proceso de reunificación anexionando o Reino de Galicia. Para acadar este obxectivo atacou ao rei mouro de Badajoz, vasalo de García; logo acudiu a Galicia, en apoio do seu irmán, que estaba enfrontado con Nuno Menéndez -conde galego sublevado-, conseguindo que García lle rendese vasalaxe; así mesmo, alíase co seu irmán Sancho, que tamén pretendía o Reino de Galicia, a cambio dunha parte do territorio conquistado. Malia as alianzas entre Afonso e Sancho, co gallo de conquistar Galicia, estes dous irmáns enfrontáronse na Batalla de Volpejar, onde Afonso caeu prisioneiro e se fixo con todo o reino paterno; sen embargo, Afonso acadou o Reino de Castela logo do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Galicia (1111-1157) e de León e Castela (1126-1157). Fillo da Raíña Urraca e de Ramón de Borgoña. Ao morrer seu pai quedou ao coidado de Pedro Froilaz, conde de Traba, e da súa muller. O conde de Traba, en defensa dos dereitos proclamados por Afonso VI, proclamou Rei a Afonso Reimúndez con todos os seus dereitos e como tal foi recoñecido pola maioría dos nobres galegos. Este feito provocou as primeiras loitas polo poder entre os partidarios de Urraca e os de Afonso Reimúndez que se resolveron favorablemente para Afonso, quen foi solemnemente coroado Rei de Galicia no ano 1111 na catedral de Santiago de Compostela, logo de asinar un tratado na beira do Tambre polo que se xuraron alianza e dividiron os seus estados para gobernar con total independencia. Á morte de Urraca subiu ao trono de León. Dende ese momento iniciou unha política territorial expansionista que iniciou coa toma de Burgos (1127), que motivou un enfrontamento con Afonso I de Aragón. Froito desta pugna concertou os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela (1158-1214). Fillo de Sancho III e de Branca de Navarra. Concertou o Tratado de Cazola (1179) con Afonso II de Aragón, que delimitaba as zonas da conquista; quen interveu nas loitas de Afonso VIII contra Sancho VI de Navarra e na conquista de Cuenca (1177). Despois distanciouse de Afonso II, xa este asinara o Pacto de Huesca (1191) contra Castela. Pedro I restableceu as relacións e loitou con Afonso VIII contra Navarra e León. Os almohades derrotaron o Rei de Castela na Batalla de Alarcos (1195); sen embargo, nas Navas de Tolosa (1212) foron vencidos polos reis de Aragón, Castela e Navarra. Afonso VIII incorporou Araba e Gipuskoa a Castela (1200) e conseguiu a posesión case total da Gascuña. Dende a perspectiva cultural, é importante o apoio que prestou ao movemento monástico, así como a fundación de escolas catedralicias e do Estudio General de Palencia. Entre os trobadores occitanos que pasaron pola súa corte ou fan referencia a este monarca atópanse algúns tan destacados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Galicia e León (1188-1230). Fillo de Fernando II e Urraca de Portugal. A Curia Rexia, reunida en León no ano 1088, recóñeceo como Rei fronte a Sancho, proposto por Urraca, e coróao solemnemente   como Afonso VIII de Galicia e León. Para falar deste Rei cómpre principiar facendo unha observación historiográfica que permita resolver confusións e evitar erros. A presenza de dous Afonso VIII nas liñas sucesorias dos reinos independentes de Galicia, León e Asturias -con numerosos reis comúns- e de Castela motivou que o Afonso VIII de Galicia e León fose chamado pola historiografía española, cando decidiron inventar a listaxe dos reis de España, Afonso IX. Deste xeito, dábase unha imaxe de unidade histórica á Coroa de Castela dende a época de don Paio que non obedece máis que a un intento de mistificación da sucesión monárquica dos reis de Galicia. A Curia Rexia que coroa Rei a Afonso, á que asisten por vez primeira burgueses representantes das cidades, é ben significativa da política...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela e de León (1252-1284). Fillo de Fernando III e de Beatriz, filla de Filipe, duque de Suabia. Reinando aínda Fernando III participou en diversas empresas guerreiras e diplomáticas que deron como resultado a conquista do Reino de Murcia e o Tratado de Almizra (1244). Durante o seu reinado soubo combinar o exercicio do poder co cultivo dos saberes. Foi un político ambicioso e un hábil militar. A súa política exterior estivo caracterizada por continuos enfrontamentos e polo desexo de engrandecer os límites territoriais do Reino. A súa relación co Reino de Murcia foi motivo de tensións cos reis de Aragón, principalmente con Xaime I. Continuou a guerra con Portugal co obxecto de apropiarse do Algarve (1253), sen embargo, rematou renunciado a ese territorio. Obtivo a vasalaxe de Teobaldo II de Navarra (1254). Renunciou ao ducado de Gascuña e cedeuno (1254) á súa irmá Leonor, muller de Eduardo, herdeiro de Enrique III de Inglaterra. Proseguiu a conquista de Andalucía (conquistou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela e León (1312-1350). Fillo de Fernando IV e de Constanza de Portugal. Nas pugnas pola súa titoría fixo un papel moderador a avoa do Rei, María de Molina, que confinou a Afonso en Valladolid. Declarado maior de idade en 1325, iniciou unha política de man dura contra os nobres sediciosos. Baixo o seu Reinado, levantáronse en Galicia novas casas que acadaron gran poder: os Castro, os Sarmiento, os Osorio, os Andrade, os Deza, etc. Os nomeamentos que outorgou en Galicia e no resto do seu Reino provocaron numerosas revoltas. Confirmou o Arcebispo de Santiago como capelán maior do Real Pazo e chanceler do Reino de León, así como aos seus sucesores. Non lle concedeu, sen embargo, o señorío da   cidade e a súa terra. Afonso de la Cerda rendeulle homenaxe (1331) e puxo fin ao preito dinástico. Proseguiu a conquista; o Rei de Granada solicitou o auxilio do Sultán de Marrocos, que se apoderou de Gibraltar. Cercada Tarifa, unha escuadra marroquí derrotou á castelá (1340). Afonso obtivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de España (1874-1885). Fillo de Isabel II e do Rei consorte Francisco de Asís, tivo que desterrarse aos 11 anos tralo triunfo da Revolución de Setembro (1868) que destronou a súa nai. No desterro foi educado nos máis variados ambientes da Europa da súa época, pasando dende o tradicionalismo austríaco ata o parlamentarismo británico. Casou coa súa curmá María das Mercedes de Orleáns, falecida pouco despois; coa súa segunda dona, María Cristina de Habsburgo-Lorena, sobriña do Emperador Francisco Xosé, tivo dúas fillas e un fillo póstumo, Afonso de Borbón e Habsburgo-Lorena. Trala renuncia de Isabel II (1870) recibe os dereitos á Coroa española. Este feito constitúe un intento organizado polos monárquicos españois, agrupados en torno o Partido Afonsino de Cánovas, que contaba con elementos moderados e unionistas opostos á opción de Amadeo de Savoia, para   conservar os dereitos da dinastía Borbón sobre o Reino de España. O Golpe de Estado do Xeneral Pavía, ao disolver as Cortes en xaneiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de España (1886-1931). Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena. Casou coa princesa británica Enna de Battengerg, que adoptou o nome de Victoria Euxenia, o 31 de maio de 1906; no mesmo día foron obxecto dun atentado anarquista perpetrado por Mateo Morral. Durante a Rexencia (1885-1902) da súa nai tivo lugar a derrota diante dos EE UU, que significou a perda das colonias insulares de Cuba, Porto Rico e Filipinas. Así mesmo, ese feito provocou unha reacción nacionalista española que ten a Xeración do 98 como máximo expoñente. Dende o momento en que se fixo cargo do poder, amosou un talante oposto ás limitacións constitucionais e unha fonda compenetración co estamento militar. A política interior de Alfonso XIII estivo marcada polos numerosos conflitos que xurdiron ao longo do seu reinado. Durante os primeiros anos do seu reinado formou goberno con Silvela, Maura e Canalejas, que cun espírito rexeneracionista procuraban renovar o sistema de quendas herdado do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués ao servizo dos reis Manuel I e Xoán II. Dirixiu un prestixioso taller en Lisboa, dende onde exerceu unha fonda influencia na pintura portuguesa do seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gobernador das Indias portuguesas (1508-1515). Fundador do imperio colonial portugués, no 1506 explorou a costa de Madagascar, monopolizou o comercio das especias procedentes das Molucas desviándoo do Mediterráneo coa ocupación de Adén, Socotra e Ormuz; no 1510 someteu Calcuta, Goa, Malabar, Sri Lanka e Malaca, dende onde mandou expedicións cara a Xava, ás Molucas (1511) e aos mares da China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Adiantado Maior do Reino de Galicia na época do Rei Sancho IV de Castela. Apoiou o infante don Xoán, irmán do Rei, na procura da Coroa de Galicia e conseguiu liberalo cando estaba preso ao aliarse co Rei de Portugal don Denís e cos señores galegos fronte a don Sancho. O Rei perdooulle o seu acto de rebeldía, pero nun posterior alzamento a prol do infante fixo que acabara en prisión. Salvou a vida mercede á mediación da raíña María de Molina, parente súa e rexente trala morte de Sancho, e ao apoio da nobreza galega e leonesa. Despois de prestar xuramento de fidelidade a Fernando IV e non cumprilo, marchou a Portugal e entrou ao servizo do Rei don Denís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista galego vencellado á prensa madrileña e identificado co movemento anticaciquil de Acción Gallega. Participou na tertulia da cafetería Excelsior, na que naceu o devandito movemento. Foi redactor de El Debate, xornal católico independente, xunto con Luís Antón del Olmet, Rafael Carvajal e Basilio Álvarez. Estreitamente relacionado coa Liga Agraria Redencionista Gallega, protagoniza varios mitins. Foi xefe de redacción do xornal Acción Gallega, formando parte da Xunta Central do movemento rexionalista sita en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Exerceu ao longo do século XVIII como docente de Humanidades no lugar de Fefiñáns, preto de Cambados. Escribiu varias obras gramaticais como Método para la formación de los tiempos, así de las cuatro conjugaciones regulares como de todos los verbos deponentes, con la explicación de oraciones, la razón de ellas e sus principios, y otras importantes curiosidades a la clase mínimos y menores (1735).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor portugués do que se conserva só unha única composición fragmentaria, transmitida polo Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, coñecida como a “serrana de Sintra”. A rúbrica que a precede (“Pregunta que ffez Alvaro Afomso, cantor do senhor Inffante, a h~uu escollar”) permite identificar o autor co Álvaro Afonso, Mestre da Capela Real portuguesa, reformada e prestixiada polo Infante Don Pedro de Portugal, rexente entre 1440 e 1447, durante a minoría de idade de Don Afonso V. Nesa época, ou un pouco antes, foi composta a peza de Álvaro Afonso e, polo tanto, aínda que se conserve nun cancioneiro trobadoresco galego-portugués, debe ser excluída desa tradición literaria. Reforzan esa decisión, ademais do criterio cronolóxico, o xénero compositivo (unha pregunta), a métrica (unha oitava en versos de arte maior, máis dous versos iniciais doutra estrofa), a lingua (con solucións lingüísticas correspondentes ao século XV), e o estilo poético (típico da lírica de cancioneiro do catrocentos). A peza...

    VER O DETALLE DO TERMO