"Als" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 150.

  • PERSOEIRO

    Canonista. Patriarca de Antioquía (1189-1195) e bispo electo no 1193, cargo que non chegou a ocupar. Consérvanse os seus catorce volumes de comentarios ao Syntagma, tamén chamados Exegesis canonum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘botar, vomitar, guindar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona na conca do Llobregat (3.304 h [1996]). Os principais cultivos son os cereais e mais a vide, que abastece unha importante produción vinícola. Hai gando ovino, caprino e porcino. Tamén conta con xacementos de sales potásicos. É importante a industria téxtil, con fábricas de fíos de algodón e a fabricación de produtos químicos e as industrias derivadas da madeira. Entre o patrimonio monumental destacan o castelo (s XIV) e a igrexa románica da Mare de Déu del Castell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de México que nace no val de Puebla da unión dos ríos San Martín e Zahuapán, e que recibe, ata a confluencia do Cocula, o nome de Atoyac ou Poblano. Desemboca no Océano Pacífico formando un pequeno delta logo dun percorrido de 880 km e de drenar unha conca de 113.200 km2 de superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga poboación situada entre Astúrica (Astorga) e Luco Astorum (Oviedo). O seu nome aparece na listaxe que comprende lugares como Astúrica ou Bergidum e inclúe distintas vías do Itinerario de Antonino pola Gallaecia recollida no Anónimo de Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de silvas. SIN: silveira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuba ou barrica onde se poñen as uvas a fermentar para logo ser esmagadas cos pés. SIN: 1balsa.

    2. Lugar apropiado para deixar a louza a escoar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun alcume de profesión. A forma balseiro (procedente do prerromano balsa) é parella de barqueiro, sendo a primeira unha voz que designaba o oficio dunha persoa que se dedicaba a pasar a xente en balsa nun río. Como apelido documéntase no s XVI aínda que como prenome xa se atesta no s XI.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. O que conduce unha balsa.

    2. Nome que reciben os cidadáns cubanos que abandonan a illa caribeña en embarcacións rudimentarias. En moitas ocasións, as súas viaxes rematan en naufraxio por mor da propia precariedade dos botes. A situación de penuria provocada, logo da desaparición da Unión Soviética, polo mantemento do bloqueo comercial decretado polo goberno dos EE UU en 1962, desencadeou no verán de 1994 un éxodo masivo de cubanos que tentaban acadar o litoral do estado de Florida (EE UU) empregando todo tipo de navíos e mesmo balsas construídas con calquera material que puidese flotar. Este episodio orixinou tensións entre os gobernos de Cuba e dos EE UU, que ofrecían asilo político a todos os cubanos que fuxiran da illa. A crise resolveuse parcialmente coa sinatura dun acordo sobre emigración entre ambos os países o 2 de maio de 1995. Con posterioridade a esta data, as viaxes de balseiros cubanos seguíronse a producir nas mesmas precarias circunstancias, malia que xa non como o fenómeno masivo que fora daquela. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político portugués. Creou en 1973 o semanario Expresso, do que foi director ata 1980. Foi un dos fundadores do Partido Popular Democrático, chamado posteriormente Partido Social-Demócrata. Xefe de goberno (1981-1983) trala morte de Sá Carneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe asturiana procedente do lugar de Balsera (Oviedo). Esta caste leva como armas: en campo de ouro, un castelo de goles no flanco sinistro, asentado nun val de sinople, ao pé dun cordal branco elevado; diante do castelo e cara ao flanco destro, un piñeiro de sinople cun lebreiro atado ao seu tronco e unha lanza de sable apoiada na mesma árbore, pasando por riba do corpo do animal. Para a rama galega deste apelido recóllese a variante: en campo de ouro, un castelo de pedra ao pé dun monte de prata e, diante del, un piñeiro ao natural arrincado ao que está atado un lebreiro pola metade do seu corpo cunha cadea de ferro, empinado ao tronco, e unha lanza de sable apoiada tamén ao tronco, polo lado destro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lazo grande usado para levantar obxectos pesados ou subir mariñeiros aos paos do barco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Viveiro. As súas armas levan, en campo de azul, un balso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica, licenciada en Literatura Americana Contemporánea. Descuberta por un fotógrafo, fíxose co papel protagonista de Flashdance (A danza do lóstrego, 1983). Tamén participou nos filmes: The Bride (A prometida, 1985), Mrs. Parker and the Vicious Circle (A señora Parker e o círculo vicioso, 1994), Devil in a Blue Dress (O demo vestido de azul, 1995), Four Rooms (Catro habitacións, 1995) e Let It Be Me (Deixa que sexa eu, 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, irmán de Joaquim Bonet i Vinyals. Foi profesor e director da Escola de Nàutica de Barcelona. Publicou, en colaboración con Ezequiel Calvet, as Tablas de Logaritmos Españoles. Publicou tamén, con Joan Dey, unhas Tablas de declinaciones del Sol y ecuaciones del tiempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plataforma levantada para a execución dun condenado.

    2. Taboado preparado para un acto solemne.

    3. Galería de madeira situada na parte superior do muro, cuberta a xeito de parapeto para a defensa vertical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao SO da provincia, no límite con Toledo (2.217 h [1996]). A agricultura (hortalizas e vides) é a base da súa economía. Foi un importante centro vidri­eiro nos ss XVI e XVII. Hai restos do pazo renacentista de Villena (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Iniciou en 1762 a carreira militar. Un ano máis tarde participou na invasión de Portugal e logrou o favor do conde de Aranda. Foi un exemplo literario da transición entre o neoclasicismo (Sancho García, 1771; Ocios de mi juventud, 1773) e o prerromanticismo (Noches lúgubres, 1790), e expresou a súa mentalidade europeizante na obra satírica Los eruditos a la violeta (1772). Amosouse tamén crítico en Cartas marruecas, a súa obra máis importante, publicada por entregas no Correo de Madrid entre o 14 de febreiro e o 25 de xullo de 1789, e cunha segunda edición en 1723, baseada en Les lettres persanes (As cartas persas) de Montesquieu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea do xénero Senecio, de ata 150 cm de altura, pilosa, de follas alternas, cos capítulos en conxuntos terminais, con brácteas do invólucro nunha soa ringleira. As flores, amarelas, van situadas sobre un receptáculo plano e os froitos localízanse en aquenios cilíndricos con costelas e vilano de pelos sinxelos. En Galicia son comúns as especies: S. aquaticus, propia de lugares húmidos, de follas basais indivisas e caulinares cun lóbulo terminal grande e ovado, e con capítulos de ata 30 mm de diámetro; S. jacobaea, propia de espacios abertos, de follas basais en roseta e pinnatífidas e capítulos de ata 25 mm de diámetro; S. lividus, propia de lugares areosos e capítulos de ata 10 mm de diámetro; S. mikanoides, orixinaria de Sudáfrica, de follas pinnatinervias, gabeadora e con capítulos de ata 7 mm de diámetro; S. nemorensis, propia de bosques e prados húmidos, con capítulos de ata 35 mm de diámetro; S. sylvaticus, propia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado nun val entre as serras de Enguera e Montes, á beira do río Canyoles e atravesado polo río Santos (12.886 h [1996]). Na agricultura os principais cultivos son os cítricos, as oliveiras, a viña, os ervellos de Ceratonia e as amendoeiras, mentres que na industria destacan a fabricación de curtidos e de derivados agrícolas. Nos últimos anos adquiriu grande importancia o sector da construción e o da fabricación de cartón e de mobles. O clima presenta unha dobre variante, pois é temperado na parte máis baixa do municipio, e pasa a ser un pouco máis extremo nas zonas altas. Os seus edificios máis destacados son o mosteiro de Santa Clara, coa capela neogótica e a ermida do Crist del Calvari, de principios do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO