"Anat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 85.
-
PERSOEIRO
Poeta occitano. Fundador do semanario Lo Bouï-Abaisso de Marseille (1841-1842 e 1844-1846), escribiu Lo trovador nacionau o lo chantre tarasconenc (1831).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facer que alguén deixe de ser fanático.
-
Deixar alguén de ser fanático.
-
-
PERSOEIRO
Director de escena ruso. Comezou a súa andaina no teatro infantil como responsable dunha compañía estatal de teatro para a infancia e a mocidade entre 1954 e 1963. Continuador das tendencias innovadoras de Vsevolod Meyerhold, os seus espectáculos destacan pola potenciación da dimensión física da interpretación, explorando a dimensión expresiva do xesto, do movemento ou do son, e pola revisión permanente das posibilidades de escenificación de autores clásicos e contemporáneos de relevancia. Esta escolla estética foi a causa dunha difícil relación cos responsables culturais da Unión Soviética que nos anos sesenta e setenta apostaban pola dimensión ideolóxica dos espectáculos fronte ás tentacións esteticistas. Entre as súas propostas máis innovadoras cómpre salientar As tres irmás (1967), sobre o texto homónimo de Čekhov; Romeo e Xulieta (1970), na que parte da obra de William Shakespeare; ou o Tartufo (1981) e o Misántropo (1986), segundo os textos...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Foral de Navarra, na Merindad de Pamplona, 40 km ao NO da capital (2.372 h [1996]). A industria, na que destaca a fabricación de pequenos electrodomésticos, é o principal sector de actividade.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase á persoa ou organización exaltada e intolerante que defende con paixón e vehemencia unha doutrina ou a unha persoa.
-
Aplícase á persoa ou colectivo que sente fonda admiración por algo ou por alguén.
-
-
Denominación que recibían na antiga Roma os iluminados que frecuentaban os templos e caían nun delirio sagrado.
-
Sacerdotes dalgunhas relixións mistéricas da antiga Roma ou da deusa Belona.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou actitude de fanático.
-
-
Provocar que alguén se converta en fanático de algo ou alguén.
-
olverse fanático de algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
François-Anatole Thibault.
-
-
Aplícase á cor vermella escura e ás cousas que presentan esta cor.
-
Conxunto de minerais isomorfos, de fórmula xeral A 3 B 2 (SiO 4 ) 3 , que pertence ao subgrupo dos nesosilicatos (A pode ser calcio, aluminio, magnesio, ferro ou manganeso divalentes, e B aluminio, ferro ou cromo trivalentes). Comprende diferentes especies, como a almandina, andradita, espesartita, grosularia, piropo e uvarovita. Cristalizan no sistema cúbico e teñen normalmente unha cor vermella escura. Posúen unha dureza de 7-7,5 e unha densidade de 3,6-4,3. Utilízanse coma abrasivos e en xoiería.
-
-
-
Territorio sometido ao control dun imán.
-
Dignidade de imán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido isociánico.
-
PERSOEIRO
Xadrecista. Aos 18 anos gañou o título mundial xuvenil. Dous anos máis tarde comezou unha gran carreira internacional na que o primeiro galardón foi o título de Gran Mestre que conseguiu en Caracas. En 1975 acadou o título mundial por renuncia do estadounidense Robert Fischer. Defendeuno contra Korčnoj en Filipinas en 1978 e en Italia en 1981. Mantivo o título ata 1985, cando o perdeu fronte a Gary Kasparov. En 1993 gañou o campionato do mundo da Federación Internacional de Xadrez, logo de que Kasparov crease unha organización paralela, a Asociación Profesional de Xadrez.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cargo ou función do khan.
-
Territorio sometido á xurisdición do khan.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Kiev 1929 - Londres 1979) Escritor ucraíno. Publicou en ruso Prodolzenie legendy (Continuación dunha lenda, 1957) e o éxito chegoulle coa novela Babij Jar (1966), que máis tarde publicou novamente en Londres, sen as supresións da censura soviética.
-
PERSOEIRO
Político e dramaturgo ruso. Membro dos bolxeviques desde 1904, desempeñou o cargo de comisario do pobo para a Educación (1917-1929) e outorgoulles certa liberdade aos artistas escénicos, como Stanislavski, Meyerhold, Vakhtangov ou Tairov. Da súa produción destacan Fausto e a cidade (1919), Oliver Cromwell (1920) e Don Quixote liberado (1921), que foron duramente criticadas polo marxismo máis radical e o ensaio O teatro e a revolución (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero mariño, pertencente ao xenero Trichechus, da orde dos sirenios, de ata 3,60 m de lonxitude e 500 kg de peso. Presenta un corpo grande e fusiforme, cabeza pequena, en comparación co resto do corpo, e a boca co labio superior grande e partido, o que permite que o lado dereito se mova de maneira independente ao lado esquerdo, e facilita o movemento do alimento. Non ten pescozo e presenta a aleta caudal redondeada, que lle serve para impulsarse, e as extremidades anteriores flexibles e modificadas en aletas, que emprega como timón mentres nada. Son xeralmente animais solitarios que forman pequenos grupos durante a época de apareamento. Aliméntanse de plantas acuáticas, sendo os únicos mamíferos mariños herbívoros, e nadan con facilidade a profundidades entre 1 e 3 m en augas doces ou salgadas, cunha temperatura entre os 16-26°C. Ao igual que resto dos mamíferos posúen respiración pulmonar, polo que teñen que emerxer á superficie para tomar aire. Alcanzan a madurez sexual aos...
-
-
Calquera sal do ácido mangánico. Os manganatos obtéñense por fusión do MnO 2 con álcalis en presenza do aire, ou dun axente oxidante, segundo a reacción MnO 2 + 2KOH ⎯⎯→ >300ºC K 2 MnO 3 + H 2 O; 2K 2 MnO 3 + O2 →2K 2 MnO 4 .
-
Anión de fórmula MnO 4 2 que se pode considerar derivado formalmente do ácido mangánico por pérdida dos hidróxenos.
-
-
PERSOEIRO
Político. É doutor en dereito pola Universidade de Leningrado, na que impartiu clase entre 1990 e 1999. A partir tamén de 1990, e durante cinco anos, foi conselleiro do Presidente do Concello Municipal de Leningrado. Compaxinou estas actividades con diversos postos nas empresas forestais máis importantes de Rusia, entre elas Bratsk e na gasística Gazprom. En 1999 trasladouse o Kremlin como protexido de Vladimir Putin, que foi elixido presidente de Rusia no ano seguinte. Medvedev é nomeado xefe da Administración en 2003 e dous anos despois, viceprimeiro ministro responsable de programas sociais. No 2008 Putin retírase e Medvedev gaña con facilidade as eleccións presidenciais e nomea a Putin primeiro ministro do seu goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fumigante que se utiliza, mesturado co dicloropropeno, para a desinfección dos terreos de cultivo en horticultura intensiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico que pertence ao grupo dos bencimidazois e que actúa como funxicida de aplicación foliar de amplo espectro. Ten carácter preventivo e curativo e acción secundaria sobre os ovos dos ácaros.