"Ancos" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 51.

  • Sombreiro de palla do traxe tradicional feminino de faena que se emprega para protexerse do sol e da chuvia durante o traballo. Documentado xa no s XVI, toma o nome do seu lugar de orixe, a parroquia de San Cosme de Outeiro (Outes), na comarca de Noia, aínda que o seu uso se estende polas comarcas limítrofes (Muros, A Barcala, Santiago de Compostela). Está feito de palla de centeo trenzada de á ancha, copa baixa e pequena e unha tira de tea negra que rodea a parte cilíndrica. Na parte traseira caen sobre a á dúas tiras da mesma tea que rematan en dúas puntas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, marqués de Casa Pardiñas, sobriño de Ramón Pardiñas Villardefrancos. En 1856 rematou os estudos de leis en Santiago de Compostela, onde foi alcalde. Foi deputado en Cortes pola sección de Pontevedra (1865-1866) e polo distrito de Corcubión (1871-1873, 1876-1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ferrol baixo a advocación de santa Cecilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación formada polo Banco Central Europeo e os bancos centrais nacionais dos Estados membros da Unión Europea que adoptaron o euro como moeda. O Tratado da Unión Europea atribuíulle as funcións de deseño e execución da política monetaria destes países así como a de manter a estabilidade dos prezos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilamarín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, cinco crecentes de prata, colocados en aspa, o do centro cargado dunha estrela de ouro. Outro trae, en campo de prata, unha aguia de sable, brochante sobre ela, en abismo, un escudiño de goles, con cinco crecentes colocados en aspa, o do centro cargado dunha estrela de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Tamallancos (Vilamarín). Ten planta en forma de L. O patio delimitado polas coxías da vivenda está pechado por dependencias auxiliares, polo que o conxunto presenta un trazado irregular. Na fachada principal atópase a porta cun arco de medio punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Narón baixo a advocación de san Mateo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Especializouse no estudo da arquitectura e da cidade nos seus aspectos histórico-artísticos desde o s XVI ata o s XX, fundamentalmente no s XVIII. Foi asesor histórico-artístico do Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Barrio da Madalena de Ferrol e da reconstrución virtual do Arsenal de Ferrol, e director de diversos proxectos de investigación. Das súas obras destacan Arquitectura y urbanismo en el Ferrol del siglo XVIII (1984) e La arquitectura de la Ilustración. Clasicismo y Neoclasicismo (1995); ademais coordinou Fontes escritas para a Historia da Arquitectura e do Urbanismo en Galicia (séculos XI-XX) (2000) e dirixiu Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo. Galicia en los siglos XVI y XVII (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Artes (Carballo). A súa planta aproxímase ao formato rectangular. Xurdiu ao redor dunha torre ameada de catro plantas. Conserva diversas construcións adxectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como Marisa Villardefrancos, colaborou en distintos xornais madrileños (El Magisterio Español e Escuela Española), publicou libros de lectura escolar ( Lluvia de estrellas, 1948), comedias, contos e poesías infantís (Diario de una muñeca, 1944, ou Te veré un día, 1950), pezas teatrais infantís, e guións para Radio Madrid ou para cine.

    VER O DETALLE DO TERMO