"Aram" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 169.

  • PRAIAS

    Praia do fondo da enseada da Pobra do Caramiñal, na beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia e concello da Pobra do Caramiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concello da comarca do Barbanza integrado dende 1841 no da Pobra do Caramiñal. Xurisdición señorial do marqués de Parga durante o Antigo Réxime, xurdiu como municipio en 1813, ao establecerse os primeiros axuntamentos constitucionais. Abranguía entón a parroquia de Xobre e a vila do Caramiñal. A vixencia deste primeiro concello rematou en 1814, data da derrogación por parte do Rei Fernando VII da Constitución de Cádiz. En 1821, tralo golpe do tenente coronel Riego, restableceuse o concello e, en xullo de 1822, uniuse co da Pobra do Deán. En 1823 derrogouse de novo a Constitución e suprimiuse con ela o municipalismo, ata que en 1835 foi definitivamente restaurado, e, en xuño de 1836, se constituíu o concello do Caramiñal, formado polas parroquias do Caramiñal, Lesón e Xobre. O 10 de xuño de 1841 acordouse a fusión dos concellos do Caramiñal e da Pobra do Deán, que deron lugar ao da Pobra do Caramiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Pobra do caramiñal, a. baixo a advocación de Santa maría a antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cantar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, astrónomo e teólogo. Estudiou nas universidades de Alcalá e Salamanca e doutorouse en Teoloxía en Louvain. Foi monxe cisterciense, abade do mosteiro beneditino de Montserrat de Emaús (Praga) e bispo de Campania, de Otranto e de Vigevano. Realizou numerosas observacións meteorolóxicas e físicas, e intentou aplicar á astronomía unha formulación mecánica. Como arquitecto destaca o deseño da fachada da catedral de Vigevano e o tratado Arquitectura civil recta y oblicua (1667-1668). A súa obra máis destacada é Mathesis vetus novis operationum compendiis (Método antigo para os novos compendios de operacións, 1670) na que expón o fundamento xeral dos sistemas de numeración de base n, que propón como vantaxosos fronte ao uso dos decimais e inventa un sistema de logaritmos perfectos, precursor dos cologaritmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polígono industrial informal situado na parroquia de Santo André de Comesaña, ao S do núcleo urbano de Vigo. Está próximo ao río Lagares e aos terreos da Zona Franca, en Balaídos, onde se instalou no 1959 a factoría de automóbiles Citroën. Co tempo fóronse establecendo neste polígono industrias auxiliares atraídas pola proximidade da multinacional francesa, o seu principal cliente, e polos accesibles prezos do solo. Como resultado xerouse unha intensa aglomeración industrial. A espontaneidade no desenvolvemento e a falta de infraestruturas de servicios ocasionaron problemas na concentración que derivaron, sobre todo a partir de 1990, na marcha de moitas empresas cara a polígonos formais como o da propia Zona Franca nas Gándaras de Budiño (O Porriño).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Buque mercante de forma alongada usado en Turquía. Ten a proa moi elevada e arbora tres paos, nos que se despregan velas latinas e unha gabia no maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor cinematográfico. Coñecido como Fernando Rey, traballou no cine, na televisión, no teatro e na radio. Os seus filmes evolucionaron dende as realizacións históricas da posguerra ata o surrealismo. Da súa numerosa produción cinematográfica cómpre citar: Agustina de Aragón (1950), Cómicos (1954), Viridiana (1961), Tristana (1969), French Connection (Conexión francesa, 1971), Le charme discret de la bourgeoisie (O discreto encanto da burguesía, 1972), Ese obscuro objeto del deseo (1977), Bearn (1983), El aire de un crimen (1988), coa que conseguiu o premio de mellor actor no festival cinematográfico de San Sebastián, e Madregilda (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anta situada na parroquia de Cures (Boiro) que se atopa nunha das áreas de maior densidade de megalitos. Aprécianse restos do que foi a mámoa e ten planta poligonal. Formada por sete chantas, e a tampa, só conserva unha laxe do corredor e unha das chantas. Aínda que non se teñen noticias de achados no seu interior, unha das laxes está gravada con dúas figuras, unha antropomorfa e outra circular. As análises polínicas amosaron a existencia dunha paisaxe con abundancia de gramíneas e pequenas masas arbóreas (Quercus). Pola forma e magnitude desta mámoa pertence ao Megalitismo de apoxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. charamuza.

    2. Folla do piñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. charamuza.

    2. Neve miúda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en abril de 1923 en Marrocos e fundada por Rafael Dieste, Xesús Romero Suárez e Xosé María Brea Segade. Nela publicáronse numerosos poemas e textos literarios de cada un dos fundadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar chispas un corpo en combustión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porción dunha materia combustible lixeira, xa convertida en cinza ou carbonizada, que se desprende dun corpo en combustión e que pode ser levada polo vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente anarco-sindicalista. Organizou un grupo anarquista de traballadoras do sector téxtil en Sabadell (1884). Foi detida en varias ocasións e desterrada despois do proceso de Montjuïc (1896). Á súa volta, participou activamente como propagandista da campaña de reivindicacións sociais en Barcelona e en Zaragoza contribuíu a organizar o movemento anarcosindicalista aragonés. Fundou a revista El Produtor en 1901.

    VER O DETALLE DO TERMO